ILLAS CÍES

PRAIAS

Praia de Rodas, Praia de Figueiras, Praia de Nosa Señora, Cala de Margaridas…

Sen dúbida o maior atractivo das Illas Cíes son as súas praias virxes de auga cristalina, area branca e ecosistema único en España. A limitación de acceso a Cíes permite que estas praias non se vexan ateigadas de xente en ningunha data do ano. Ademais, existen opcións para todos os gustos, desde praias quilométricas a praias máis recollidas, praias familiares ou praias nudistas. Todas elas rodeadas dunha paisaxe montañosa e arboledos, que converten a calquera das súas praias nun lugar idílico.

» Praia de Rodas

A mellor praia do mundo.

A Praia de Rodas é a praia máis visitada de Galicia e conta co distintivo de bandeira azul, trátase da praia máis grande e importante do arquipélago das Illas Cíes e as súas características e servizos convértena na praia ideal para pasar o día en familia.

O seu quilómetro de lonxitude une dúas das tres illas (Monteagudo e Faro) formando unha media lúa perfecta con pequenas dunas que aumenta a beleza do enclave.  A Cala de Viños ou Birlos, a de Areíña e a de Area Grande de Muxieiro son unha prolongación natural de Rodas que a fai, se cabe, máis espectacular. Desde Punta das Veiras, xusto na Cala de Viños ou Birlos, organízanse saídas para a práctica de kaiak.

Liberdade e intimidade.

Se buscas intimidade, a Praia de Figueiras será a túa preferida, tamén chamada “dos alemáns”, é sempre unha aposta segura para aquel que busque liberdade e algo de intimidade. Situada na Illa de Monteagudo (Norte), posúe bandeira azul e é o paraíso predilecto polo colectivo nudista de Galicia. Conta con areas branquísimas, auga moi cristalina e ofrece unha paisaxe de ilusión.

» Praia de Figueiras

» Praia de Nosa Señora

Ideal pra buceo ou esnórquel.

A Praia de  Nosa Señora é unha  paradisíaca cala de augas cor  turquesa situada na Illa do Faro, con vistas cara á Illa de San Martiño. É recollida e de augas tranquilas, ideal para a práctica de mergullo ou esnórquel. Simplemente cun tubo e unhas lentes pódense contemplar as marabillas que esconden as augas deste Parque Nacional.

Exclusividade e tranquilidade.

A Cala das Margaridas ofrece ao turista exclusividade pois é un verdadeiro anaquiño de paraíso, situado na Illa de Monteagudo. Poderás observala xa desde a nosa embarcación cando nos penetramos en augas do Parque Nacional.

» Cala das Margaridas

» Cala de Cantareira

Beleza singular.

A Cala de Cantareira é unha pequena cala de cantos rodados e de beleza singular situada na Illa de Monteagudo. Moi recomendable se o que se busca é exclusividade e gozar dunha paraxe diferente cunhas vistas incribles da Costa da Vela.

Só accesible en barco privado.

A Praia de San Martiño é un gran exemplo da maxestosidade e calidade das praias deste arquipélago. Con forma  aconchada, a praia conta con augas moi tranquilas e area de cor branca e gran fino. Atópase na Illa Sur. E é unha das praias máis fotografadas do arquipélago, pois a Illa Sur acompáñache ao longo do carreiro da ruta do Faro de Cíes.

» Praia de San Martiño

 

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...