FESTA DA ARRIBADA – BAIONA
O billete para o destino dos teus soños
AVISO IMPORTANTE
SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).
» Viaxe no tempo
Recreación histórica
Cada primeira fin de semana de marzo, a Vila de Baiona celebra, cunha gran festa medieval, declarada de Interese Turístico Internacional, que foi o primeiro porto de Europa en recibir a nova do descubrimento de América. Durante dous días, a localidade recrea como foi este acontecemento e como era a vida da xente do lugar no ano 1493. E desde Mar de Ons queremos levarte en barco ata a Arribada en Baiona, para que disfrutes da festa como hai mais de 500 anos.
Durante a celebración da Festa da Arribada, o Casco Antigo de Baiona e os seus veciños se transforman, retrocedendo ata o ano 1493, para celebrar o aniversario do desembarco de Martín Alonso Pinzón, (navegante e explorador español, que navegou xunto con Cristóbal Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo, en 1492, como capitán da Carabela Pinta), cando anuncia o descubrimento das Américas, o acontecemento máis singular da historia de Baiona e un dos máis importantes da historia de España.
Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a nova do descubrimento de América e dende este municipio partiron os mensaxeiros para dar a coñecer aos Reis Católicos o éxito da misión comandada por Cristóbal Colón.
Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento de América construíuse unha réplica da embarcación na que arribaron, que permanece amarrada, para os visitantes, nun dos peiraos da vila. Desta maneira, o visitante pode contemplar a Carabela Pinta, tal e como chegou a Baiona no ano 1493, e revivir a xesta do descubrimento, contemplando as figuras que representan a tripulación e os indíxenas americanos, ademais de reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos achados no novo mundo.
Mercadillo medieval
Durante os dous días de celebración, os visitantes atoparán un gran mercado medieval con produtos gastronómicos e artesanais típicos da época, animado cun tropel de bufóns, truáns, mendigos, trobadores e outras personaxes diversas que infunden a este evento o característico bulicio medieval que fai que cada ano sexa visitado por decenas de miles de persoas de todos os puntos da Península.
Representación teatral: Arribada da Carabela Pinta
O acto central de todos os festexos que se celebran durante os dous días de festa é a representación da obra “Arribada da Carabela Pinta”, que ten lugar na praia Ribeira, a última hora da tarde. Veciños da vila representan con gran rigor histórico como foi a chegada da Pinta á Baía de Baiona e como se coñeceu, por primeira vez, a existencia de América.
Este drama histórico pretende revivir ao espectador o glorioso momento do retorno da Carabela Pinta á Baiona, acontecido o 1 de Marzo de 1493, tras a maior fazaña mariñeira de todos os tempos, o descubrimento de América.
Amplia variedade de animacións
Durante os dous días que dura o festexo, as rúas do Casco Histórico acollen gran número de animacións entre as que destacan as olimpíadas medievais, o tiro con arco, o adestramento de cabaleiros ou esgrima.
Outro dos atractivos que máis destaca, e que cada ano atrae a máis xente, é o torneo medieval de cabaleiros que loitan polo corazón da princesa na praia de Ribeira. Pódese contemplar un torneo de xustas, tiro de venabres e derribo de estafermo, coa demostración de destreza de cabaleiros, escudeiros e alabardeiros.
Así mesmo, destacan as demostracións de cetrería con aves de presa como aguias e bufos, entroutos.
Actividades para os máis cativos
Museo da navegación
» Festa Medieval
» Gastronomía Medieval
Manxares do S.XV
A Festa da Arribada é sen dúbida unha gran festa gastronómica que ofrece unha ampla variedade de produtos caseiros e naturais de gran calidade e que cada ano atrae a numerosos visitantes.
Os produtos gastronómicos que se venden nesta feira medieval son naturais, artesanais e caseiros, quedando totalmente prohibida a venda e exposición de produtos que sufrisen algún tipo de proceso comercial moderno no seu contido, envase ou presentación, ou que, supostamente, non existisen na Idade Media.
Os postos de comida, instalados na praza de Santa Liberta ( Praza do Bo Xantar), son unha explosión de produtos tradicionais, entre os que non faltan as clásicas empanadas e as socorridas tortillas de pataca, croquetas e empanadillas. Tamén hai queixos, chourizos, lacón, xamón, polbo, marisco, froitos secos ou froita.
Sen dúbida, os doces típicos que non deberedes perdervos son os famosos *Ñoclos de Pinzón, un doce similar aos melindres e con certo sabor a canela. Outros doces tradicionais que se poden degustar son as filloas, bicas, almendrados, rosquillas, cañitas recheas de crema, marmeladas, leite frito, biscoitos ou roscas, entre outros.
A comida sérvese en pratos de madeira ou de barro, e a bebida, en cuncas de barro; os garfos son de madeira ou de ferro, e os coitelos, artesáns. Os mercadores que atenden estes postos de venda están obrigados a ir vestidos de época.
Semana Gastronómica
Coincidindo coa festa da Arribada, celébrase en Baiona a Semana Gastronómica. Unha semana na que diferentes establecementos de hostalaría da zona elaboran menús especiais cunha gastronomía tipicamente galega a base de receitas tradicionais e artesanais, cun prezo que vai dende os 15 e os 25 euros por persoa.
A Real Vila, fiel a súa memoria histórica, ofrece unha ambiciosa programación de carácter medieval, que ten a súa máxima expresión na representación en escena do drama histórico da Arribada nos mesmos escenarios nos que hai máis de cinco séculos tivo lugar o magno acontecemento.
O programa oficial da festa conta cun gran número de actividades para todos os públicos, dende as 10:00 da mañá ata as 23:00 horas.
Vive cada instante
Descubre a experiencia total da Arribada e chega en barco a Baiona con Naviera Mar de Ons.
A festa da Arribada, celébrase cada no no primero fin de semana de marzo. Tanto o sábado como o domingo, hai programadas unha serie de actividades e animacións ambientadas no ano 1493. As actividades empezan ás dez da mañá e rematan entorno ás once da noite.
Durante os dous días de duración da Festa da Arribada hai programadas unha serie de actividades e animacións ambientadas no ano 1493, que comezan ás dez da mañá e terminan sobre ás once da noite, aproximadamente.
Cada sábado, sobre as dez da mañá, anúnciase o comezo da celebración da Arribada co estalido dos canóns e ábrese o mercado medieval, ao que seguen unha serie de actividades e animacións durante toda a xornada matinal.
Sobre as catro da tarde proseguen as actividades coa celebración do Torneo de Cabaleiros na praia Ribeira, onde tamén poderá apreciarse un gran espectáculo de cetrería montada.
Esta primeira xornada de celebración finaliza coa representación da obra Arribada da Carabela Pinta a partir das oito da tarde na praia Ribeira, que é o acto central da Festa da Arribada. Ao terminar a representación, unha tirada de fogos artificiais pecha os actos do sábado.
Cada domingo, soan os canóns de novo ás dez da mañá para dar comezo ao segundo día de festexos.
Durante a xornada matutina ten lugar a celebración das olimpíadas medievais con tiro con arco, esgrima e a arte da cetrería. Os actos programados para a mañá complétanse cun desfile medieval polo Real Mercado da Arribada.
Pola tarde, a partir das catro, aproximadamente, continúan as animacións programadas onde terá lugar un gran concerto de música medieval e un espectáculo de fogo, entroutos.
Por último, tres disparos de lombarda anuncian o final do Real Mercado e dos espectáculos e emprazan aos visitantes á próxima edición.
Viaxando con Naviera Mar de Ons a 1493 ademais de viaxar ao pasado, poderás disfrutar de un desconto na túa segunda viaxe. Cando fagas a túa reserva, utiliza ese localizador para obter o teu desconto na túa viaxe seguinte. Descubre con Naviera Mar de Ons moitos outros destinos. As Illas Cíes, a Illa de Ons e a Illa de San Simón esperan por ti!
» Programa de Actividades
» Horarios
SÁBADO 04 DE MARZO
Cangas - Vigo - Baiona
|
---|
10:15 h. |
11:45 h. |
15:00 h. |
|
---|
10:45 h. |
12:15 h. |
15:30 h. |
|
---|
19:45 h. |
22:15 h. |
00:30 h. |
Panxón - Baiona
|
---|
12:00 |
13:00 |
14:00 |
15:00 |
16:00 |
17:00 |
18:00 |
19:00 |
20:00 |
21:00 |
22:00 |
23:00 |
|
---|
12:30 |
13:30 |
14:30 |
15:30 |
16:30 |
17:30 |
18:30 |
19:30 |
20:30 |
21:30 |
22:30 |
23:30 |
Domingo 05 de marzo
Cangas - Vigo - Baiona
|
---|
10:15 h. |
11:45 h. |
15:00 h. |
|
---|
10:45 h. |
12:15 h. |
15:30 h. |
|
---|
18:45 h. |
21:30 h. |
Panxón - Baiona
|
---|
12:00 |
13:00 |
14:00 |
15:00 |
16:00 |
17:00 |
18:00 |
19:00 |
20:00 |
|
---|
12:30 |
13:30 |
14:30 |
15:30 |
16:30 |
17:30 |
18:30 |
19:30 |
20:30 |
Tarifas do billete en barco Festa da Arribada Baiona
IDA E VOLTA DENDE CANGAS E VIGO
Adultos: 9,50€
De 4 a 12 anos: 6,00€
Prazas limitadas
IDA E VOLTA DENDE PANXÓN
Adultos: 6,50€
De 4 a 12 anos: 4,50€
Prazas limitadas
» Tarifas
» Portos de saída
Portos de saída Festa da Arribada Baiona
PORTO DE VIGO
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO PORTO DE VIGO
Estación Marítima de Vigo C/ Cánovas del Castillo, 26 36201 Vigo Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
Porto de cangas
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO PORTO DE CANGAS
Estación Marítima de Cangas Avda. de Montero Rios, 14 36940 Cangas Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
Porto de baiona
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO PORTO DE BAIONA
Estación Marítima América Rúa Alférez José Barreiro, 5 36300 Baiona Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
Porto de PANXÓN
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO PORTO DE PANXÓN
Puerto Panxon Praza José Mogimes 36340 Nigrán Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...