ILLAS CÍES

FOTOS ILLAS CÍES

Descubre as Illas Cíes

Nas Illas Cíes poderás gozar da auténtica natureza, é unha contorna singular onde atoparás unhas praias de ilusión, con area branca e auga cristalina, rodeadas de montañas que che ofrecen unhas vistas inigualables. Paga a pena a camiñada ata o punto máis alto para gozar desde o faro de Cíes a sensación de estar sobre unha contorna paradisíaca mentres observas o horizonte.

Para chegar ás Cíes desde Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo ou Portonovo é imprescindible reservar os billetes previamente, se ademais queres facer noite, algo totalmente recomendable, deberás reservar previamente tamén no cámping de Cíes, pois este é o único aloxamento dispoñible na illa. Consta cunha distinción de cámping verde pola súa responsabilidade ambiental á vez que ofrece aos campistas numerosas comodidades.

Ver unha posta de sol nas Cíes é unha experiencia memorable que non debes perder, éncheche de vitalidade e faiche conectar coa terra, pois se algo destaca nesta contorna é a natureza salvaxe e idílica que se preserva na illa grazas ao turismo responsable.

As restricións de acceso a un número de visitantes ao día e a responsabilidade de cada visitante co respecto ao medio ambiente fan de Cíes unha illa paradisíaca cunha flora e fauna única no mundo.

A presenza de aves protexidas, como o corvo mariño moñudo ou outras especies como as gaivotas patiamarelas, fai que na illa establecéronse varios observatorios ornitolóxicos. Ademais das aves, tamén podemos contar con algúns animais anfibios ou réptiles, pero principalmente a riqueza natural de Cíes protagonízaa o medio mariño pois a zona submarina das illas forma un dos ecosistemas máis ricos de Galicia cun importante bosque de algas. Rodeando as augas das Cíes podemos ver tamén golfiños, baleas ou tartarugas mariñas.

Por todo iso, as Illas Cíes son un destino perfecto para os amantes da natureza, o sendeirismo, o mergullo e sobre todo a fotografía.

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).