Viaxes para grupos

Centros Escolares, Erasmus e Universitarios, Sénior, Asociacións, Colectivos (Discapacitados), ANPAS, Empresas e Congresos.
Centros Escolares
Actividades lúdicas e educativas en contacto coa natureza. Mar de Ons ofrece aos centros escolares visitas didácticas e lúdicas co obxectivo de que os alumnos aprendan dun modo diferente e divertido mentres desfrutan dunha viaxe inesquecible xunto aos seus profesores. Para iso o noso equipo de guías e monitores acompañaraos durante a viaxe realizando rutas personalizadas para cada grupo e organizando actividades que se adapten ás distintas idades e cursos.

En Mar de Ons invitámosvos a coñecer un dos espazos naturais protexidos máis importantes de Galicia e España para que os escolares poidan vivir a experiencia de navegar as illas e visitalas da man do noso equipo de profesionais. Os nosos guías converterana nunha experiencia única grazas ás rutas de sendeirismo dinámicas con xogos nos que traballan os valores ecolóxicos do parque.

Nas Illas Cíes, os escolares aprenderán que é un Parque Nacional, o respeto polo medio ambiente e o gusto pola natureza, e a Illa de Ons trasladaraos ademais no tempo facéndolles coñecer a gran riqueza patrimonial, cultural e natural da zona.

A nosa excursión a San Simón é unha excelente visita cultural na que, ao longo dunhas 4 horas, poderedes descubrir os sucesos históricos e lendas da Ría de Vigo a través dun agradable paseo marítimo polo seu interior e diferentes actividades como visitar o Museo Meirande e un interesante e ameno percorrido guiado a pé polas illas cargado de sorpresas e xogos para todas as idades.

Outra das nosas propostas máis interesantes e recomendada sobre todo para os máis pequenos é a actividade “Embarca con Mar de Ons”. Durante esta visita dunhas 3 horas de duración os escolares poderán coñecer de primeira man. Que é un barco? por que flota? como funciona? Ademais propónselles cruzar a ría nun dos nosos catamaráns para que a través de xogos e dinámicas realizadas polos nosos monitores poidan aprender e teñan unha perspectiva diferente do seu entorno. Tamén se organizan outras actividades complementarias nos portos de saída e/ou destino segundo o tempo e características do grupo.

CÍES
  • Visita educativa: alumnos, alumnas, profesores e profesoras poderán descubrir os valores ambientais únicos das Illas Cíes realizando algún dos 4 roteiros que percorren as illas dunha forma lúdica, dinámica e personalizada da man do noso experto equipo de guías que a adaptarán ás características e idades de cada grupo.

  • Actividades lúdicas: as illas son un escenario ideal para que os nosos monitores reforcen os valores ecolóxicos que ofrece este espazo a través de actividades e xogos que permitan gozar dunha xornada de lecer e diversión no arquipélago protagonista da Ría de Vigo.

  • Calendario e tarifas: organizamos excursións durante todo o ano pero tratando de adaptarnos ao calendario escolar para buscarvos a mellor tarifa e horarios. Pedide o voso orzamento sen compromiso canto antes e gozade dunha visita de medio día ou de día enteiro ao mellor prezo.

ONS
  • Visita educativa: a Illa de Ons é un destino ideal para que os máis novos se sumerxan na cultura e tradición que desprenden todos os recunchos desta illa a través dos itinerarios didácticos propostos polos nosos guías.

  • Actividades lúdicas: os distintos espazos naturais que compoñen a illa proporcionan marabillosos recursos para que os monitores que vos acompañen poidan organizar multitude de actividades e xogos divertidos.

  • Calendario e tarifas: organizamos visitas a Ons durante todo o ano pero recomendámosvos as datas e horarios que mellor se adapten á vosa programación. Pedide o voso orzamento sen compromiso canto antes e gozade dunha excursión desde os portos de Vigo ou Bueu ao mellor prezo.

SAN SIMÓN
  • Paseo en barco: desfrutade en grupo dun cruceiro educativo cara o interior da enseada de San Simón, no que poderedes descubrir dunha forma interesante e divertida todos os detalles e feitos históricos que marcaron a Ría de Vigo e a súa contorna dende unha perspectiva única.

  • Visita o museo Meirande: revive a batalla de Rande e as curiosidades e misterios da ría neste interesante centro de interpretación no que realizamos unha pequena parada para que os alumnos poidan contextualizar e complementar a visita.

  • Visita a San Simón: unha vez na illa, os alumnos poderán descubrir a pé todos os seus recunchos, a súa historia e as súas lendas acompañados polos nosos guías que farán con eles un percorrido personalizado ás idades do grupo e que estará cheo de sorpresas.

  • Horarios e tarifas: trátase dunha experiencia dunhas 4 horas de duración con saídas dende Cangas e Vigo, que constitúe a oportunidade perfecta para organizar as saídas culturais do voso centro. Organizade xa a vosa excursión con nós e coñecede este importante punto de interese cultural da Ría de Vigo coas nosas tarifas especiais para grupos ao mellor prezo. ¡Reserva agora e non quedes sen a túa praza!
EMBÁRCATE CON MAR DE ONS
  • Actividade educativa: testa é unha visita especialmente recomendada para os máis cativos na que desfrutaredes da oportunidade de visitar o interior dun dos nosos catamaráns e na que o noso persoal ensinará aos nenos: ¿Que é un barco?, ¿Como funciona? E moitas máis cousas do eido mariñeiro.

  • Actividades de ocio: ofrecémosvos a posibilidade de vivir a experiencia de descubrir a Ría de Vigo navegando e aprendendo sobre todo o seu ambiente a través de xogos e dinámicas que capten a atención e interese dos cativos.

  • Actividades complementarias: engadide á vosa visita outras rutas e actividades de animación nos portos de saída e/ou destino segundo as características e necesidades do voso grupo de escolares para complementar a vosa xornada educativa.

  • Horarios e tarifas: pódese organizar esta actividade durante todo o ano con gran flexibilidade de horarios e ao mellor prezo.

SOLICITA ORZAMENTO

Erasmus e universitarios
Organizamos a viaxe ideal para todos os vosos compañeiros e ao mellor prezo. Ten un momento de respiro das aulas e exames e organiza a túa excursión con nós en calquera dos destinos que che ofrecemos: as paradisíacas praias do Parque Nacional onde poderedes desfrutar do contacto coa natureza e de actividades de aventura ou as distintas opcións que che ofrece a Ría de Vigo e o seu entorno.

Non perdas a oportunidade de visitar un dos destinos turísticos máis visitados de Galicia, as Illas Cíes, e desfruta dunha gran experiencia entre compañeiros e amigos grazas ás actividades como rutas de sendeirismo personalizadas, estancias no Cámping ou actividades de aventura como o kaiak ou o snorkel.

A Illa de Ons é un lugar con encanto propio que vos permitirá explorar paisaxes e praias espectaculares. É un entorno ideal para que o voso grupo sexa testemuña do encanto que encerra a illa a través dos seus miradoiros e as rutas de sendeirismo que a percorren. Ademais, poderedes desfrutar dunha mostra dos valores culturais e da gastronomía típica da zona.

A Ría de Vigo ofrécevos numerosas posibilidades para organizar as vosas saídas culturais e dar a coñecer un dos ambientes máis fermosos da cidade. Para iso ofrecémosvos a experiencia de San Simón que vos permitirá coñecer un pouco máis da historia e evolución de Vigo, desfrutando dun paseo marítimo cara a enseada cunha vista panorámica da cidade e unha orixinal visita a San Simón chea de sorpresas.

CÍES
  • Visitas guiadas: viaxa cos teus compañeiros e descubride a beleza que vos ofrecen estas illas a través dos distintos roteiros que as percorren. O noso experto equipo de guías realizarán convosco un interesante itinerario interpretativo no que poderedes gozar da beleza das súas paisaxes e praias.

  • Actividades de lecer e esparexemento: tedes a opción de realizar outros roteiros de sendeirismo e actividades de aventura como o snorkel ou o kaiak para explorar as illas ou gozar duns días de convivencia no cámping para facer da vosa visita unha experiencia inesquecible.

  • Calendario e tarifas: organizamos excursións tendo en conta o voso calendario lectivo e buscando as mellores tarifas e horarios. Non deixedes de solicitar orzamento sen compromiso canto antes e beneficiarvos dos nosos grandes descontos viaxando ao mellor prezo.
ONS
  • Visitas guiadas: non perdas a oportunidade de viaxar á Illa de Ons. É un destino único que vos proporcionará contornas dunha beleza natural e ambiente únicos con ese carácter tan peculiar de tradición e cultura galega que impregna a illa. Facede da vosa visita de estudantes unha experiencia que quereredes repetir.

  • Actividades de lecer e esparexemento: pasear en bicicleta, realizar roteiros de sendeirismo que vos levarán a recunchos e miradoiros únicos da Ría de Pontevedra, son só algunha das opcións que Ons ofrécevos para que gocedes dun das mellores viaxes do ano.

  • Calendario e tarifas: organizamos as vosas excursións tendo en conta as necesidades do voso grupo e ofrecémosvos as mellores tarifas, portos e horarios segundo dispoñibilidade. Pedide xa orzamento e cantos máis viaxedes, mellores descontos obteredes.
SAN SIMÓN
  • Paseo en barco: descubride xunto aos vosos compañeiros a Ría de Vigo nunha travesía cara ao seu interior na que poderedes coñecer os segredos e feitos máis interesantes da súa contorna e gozar dunha visión panorámica única.

  • Visita o museo Meirande: incluímos unha pequena visita ao centro de interpretación de Meirande, un museo moi interesante no que a través das súas salas, trasladárdesvos no tempo e coñeceredes os aspectos máis importantes da enseada e a súa evolución no tempo.

  • Visita San Simón e San Antón:: levarémosvos a este arquipélago para percorrer a pé os espazos destas dúas illas que o forman de modo que coñezades as súas historias e lendas máis interesantes da man do noso equipo nunha visita divertida e amena de aproximadamente unha hora e media de duración.

  • Horarios e tarifas: Trátase dunha proposta dunhas 4 horas de duración con saídas desde Cangas e Vigo, que constitúe a oportunidade perfecta para coñecer un pouco mellor os arredores da cidade. Pedídenos orzamento e organizade esta interesante saída cultural ao mellor prezo.

SOLICITA ORZAMENTO

Grupos sénior
Viaxade en grupo con Mar de Ons e beneficiádevos das nosas tarifas Sénior. Organiza a túa excursión con nós e non te preocupes de nada máis que de desfrutar de todos os destinos que che propoñemos da maneira máis sinxela e cómoda.

As illas do Parque Nacional proporcionaranvos o entorno ideal para desfrutar do voso tempo de ocio e relax.

As Illas Cíes son unha das visitas imprescindibles das Rías Baixas. Poderedes penetrar na súa natureza ao longo das rutas e itinerarios interpretativos que poñemos a vosa disposición.

Non deixedes de visitar a extraordinaria Illa de Ons, que ademais dunha paisaxe en estado puro ofrécevos cultura, tradición e gastronomía para facer da vosa visita unha experiencia inigualable.

Para os amantes da historia, a visita á enseada de San Simón é unha oportunidade excelente para poder desfrutar dunha visita diferente na que ademais de realizar un paseo marítimo, visitarase o Museo Meirande para coñecer os detalles dos feitos acontecidos neste entorno e realizarase un percorrido a pé polo arquipélago de San Simón que vos trasladará no tempo.

Coas nosas xiras marítimas poderedes desfrutar dunha visita diferente de Vigo e a súa ría dende o mar. Os nosos guías descubriranvos aspectos e curiosidades sobre a cidade e o seu entorno para que podades desfrutar da riqueza e beleza que encerra durante unhas horas.

CÍES
  • Visitas guiadas: o noso profesional equipo de guías adaptarán os distintos percorridos que se poden realizar nas illas ás características e idades do grupo e propoñeravos en todo momento alternativas para adaptar a visita ás vosas necesidades sen deixar de gozar ao máximo de todos os seus recunchos.

  • Actividades de lecer e esparexemento: ademais dos diversos roteiros de sendeirismo que vos propoñemos, os nosos monitores acompañaranvos durante toda a vosa estancia no parque para coas súas recomendacións axudarvos a coñecer os aspectos máis interesantes do mesmo.

  • Calendario e tarifas: contamos con tarifas especiais para os grupos sénior que vos permitirán viaxar a un destino exclusivo no corazón das Rías Baixas a moi bo prezo e nunhas condicións inmellorables.
ONS
  • Visitas guiadas: a Illa de Ons ten 4 roteiros que percorren os seus miradoiros e puntos crave. O noso equipo de guías deseñará a mellor combinación para que o voso grupo poida gozar das incribles paisaxes e recunchos da illa.

  • Actividades de lecer: segundo as indicacións do voso grupo, os monitores propoñeranvos a mellor forma de continuar aproveitando a vosa visita recomendándovos: gastronomía típica, miradoiros, praias, etc.

  • Calendario e tarifas: organizamos a vosa viaxe a esta illa en calquera época do ano pero sempre recomendándovos as mellores datas, horarios e portos para que a vosa viaxe salga ao pedir de boca. Pedídenos orzamento sen compromiso e gozade das nosas tarifas especiais para o público sénior.
SAN SIMÓN
  • Paseo en barco: gozade da historia e lendas da ría a través dun marabilloso paseo marítimo no que poderedes gozar dunhas fermosas vistas á vez que coñeceredes a contorna de Vigo da man dos nosos grandes profesionais.

  • Visita o museo Meirande: no noso itinerario incluímos a parada no Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande que pon en valor a riqueza histórica, cultural, artística e ambiental da zona. Trátase dunha visita moi interesante a través das súas salas, xogos, maquetas e elementos multimedia que permite coñecer o patrimonio industrial e naval da contorna e profundar na historia da batalla de Rande.

  • Visita ao arquipélago de San Simón: a Illa de San Simón e a Illa de San Antón constitúen unha contorna única no interior da Ría de Vigo que merece a pena visitar. Connosco poderedes desembarcar e realizar por estas illas un percorrido a pé durante aproximadamente unha hora e media por todos os seus espazos.

  • Horarios e tarifas: non vos perdades esta marabillosa excursión dunhas 4 horas de duración ao mellor prezo.
VISITA A VILA MARIÑEIRA DE CANGAS
  • Transporte e visitas guiadas: non deixedes de visitar a marabillosa vila mariñeira de Cangas, xa que ademais de achegarvos en barco á mesma, propoñémosvos distintos roteiros a través das que poderedes descubrir unha das poboacións máis importantes do Morrazo e a súa contorna.

  • Actividades de lecer: son moitas as posibilidades para organizar esta visita e de entre todas, propoñémosvos unha selección das que mellor se adapten ao voso planning ou programa de viaxe.

  • Calendario e tarifas: trátase dun servizo que temos dispoñible os 365 días do ano, polo que a flexibilidade de horarios e de tarifas permítenos personalizalo ao máximo.
VISITA CRUCEIRO POLA RÍA DE VIGO
  • Paseo a bordo: a Ría de Vigo é unha contorna única que merece a pena percorrer por vía marítima e que é mellor facelo nun gran medio de transporte como son os nosos catamaráns de pasaxeiros, nos que poderedes realizar un percorrido de aproximadamente unhas 2 horas de duración cara ao interior ou cara ao exterior da mesma para ter unha visión panorámica completa da cidade e a súa contorna.s

  • Actividades de lecer: ademais do paseo en barco, podémosvos organizar algunhas actividades tanto a bordo como nas poboacións próximas, Vigo ou Cangas, que transformen a vosa xornada de viaxe nunha gran experiencia.

  • Calendario e tarifas: trátase dunha visita que se adapta a calquera época do ano. Pedide xa orzamento e cantos máis viaxedes, mellores descontos obteredes.

SOLICITA ORZAMENTO

Asociacións e Colectivos (Dispacacitados)

Planificámosvos a mellor excursión para que gocedes de todas as nosas actividades ao mellor prezo. Naviera Mar de Ons presenta ás asociacións a oferta máis completa para organizar as vosas excursións ás illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia da forma máis cómoda e sinxela adaptándoas ás necesidades e gustos de cada grupo. Para colectivos ofrecemos descontos específicos en relación a persoas que presenten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Permitirase un acompañante gratuíto por cada persoa que presente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % solicitando información a través de comercial@mardeons.com

Levámosvos ás Illas Cíes desde Vigo, Cangas ou Baiona e ademais do transporte marítimo de ida e volta, ofrecémosvos un servizo de acompañamento dos nosos guías e monitores durante toda a viaxe para realizar unha ou varias dos roteiros ambientais a pé polas illas e organizar actividades e xogos para todos os públicos. Organizámosvos visitas de medio día ou de xornada completa para que poidades gozar dun día de convivencia inesquecible.

A Illa de Ons tamén vos espera para que gocedes dunha excursión entre os seus roteiros, miradoiros e praias. Organizamos o voso transporte desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo e este ano tamén desde Vigo para que poidades gozar doutro dos puntos crave do Parque Nacional. Este destino destaca pola súa singular gastronomía e o seu carácter “ enxebre”.

Visita coa túa asociación o famoso arquipélago de San Simón e goza dunha experiencia cultural única na Ría de Vigo. Trátase dunha excursión moi completa na que ao a longo de aproximadamente unhas 3 horas, gozardes dun agradable paseo marítimo cara ao interior da ría, unha visita ao curioso e interesante Museo Meirande e desembarcaredes en San Simón para descubrir os seus misterios e lendas ao longo dun paseo a pé guiado.

Tamén vos propoñemos a opción de realizar unha pequena xira pola Ría de Vigo, dunhas 2 horas de duración, na que navegando nun dos nosos catamaráns, coñeceredes desde unha perspectiva única os recunchos máis característicos desta máxica ría da man dos nosos guías.

CÍES
  • Visitas Guiadas: o noso equipo terá en conta as características da vosa asociación para poder deseñar e propoñervos os mellores roteiros personalizados e facer da vosa visita unha experiencia inesquecible que quereredes repetir.

  • Actividades de Lecer e esparexemento: ademais de levarvos de roteiro polas illas propoñémosvos distintas opcións para sacar o máximo proveito da vosa visita e que poidades relaxarvos e gozar de todos os recunchos e sensacións deste paraíso natural.

  • Calendario e tarifas: organizamos a vosa visita ás illas en calquera época do ano e adaptándonos ás vosas necesidades. Solicitádenos os vosos orzamentos sen compromiso e enviarémosvos o programa e os prezos que mellor se adapten, podendo viaxar ao mellor prezo.
ONS
  • Visitas guiadas: a Illa de Ons é un destino ideal para que a vosa asociación goce dunha contorna natural de carácter único e de todos os elementos que o rodean: roteiros, miradoiros, gastronomía, riqueza cultural, edificacións e tradicións.

  • Actividades de lecer: baseándonos nas vosas peticións, gustos e características do grupo, propoñémosvos diferentes opcións para vivir unha xornada de relax na illa que inclúa actividades para todos os gustos.

  • Calendario e tarifas: solicitade información e prezos e recomendarémosvos o programa de viaxe e as tarifas que mellor vos conveñen, para que poidades coñecer esta illa coas mellores condicións.
SAN SIMÓN
  • Paseo en barco: realizaremos un fermoso percorrido cara ao interior da Ría de Vigo durante o cal poderedes gozar dun agradable paseo en catamarán e unha vista panorámica inigualable descubrindo a historia e marabillas desta contorna.

  • Visita o museo Meirande: a parada no centro de interpretación de Meirande é un complemento ideal desta excursión que achegará datos e curiosidades moi interesantes á vosa visita.

  • Visita o arquipélago de San Simón: desembarcaremos na Illa de San Simón para poder facer un percorrido a pé por esta illa coñecida como A illa do pensamento, coñecendo a súa historia e lendas e gozando dos seus recunchos durante aproximadamente unha hora e media.

  • Horarios e tarifas: con saídas desde Cangas e Vigo, trátase dunha experiencia única que vos damos a oportunidade de realizar practicamente en calquera momento do ano a un moi bo prezo.
VISITA A VILA MARIÑEIRA DE CANGAS
  • Transporte e visitas guiadas: presentámosvos a fermosa vila mariñeira de Cangas, unha das principais poboacións da península do Morrazo que ofrece multitude de roteiros e sendas que descubrir. Organizamos a vosa visita a medida grazas á flexibilidade de horarios do noso transporte de ría e do coñecemento que o noso equipo ten da mesma.

  • Actividades de lecer: programamos a vosa visita recomendándovos as mellores actividades, restaurantes e visitas desta poboación e a súa contorna para que podedes aproveitar ao máximo o tempo do que dispoñades alí.

  • Calendario e tarifas: solicitade orzamento ao noso departamento comercial e deseñarémosvos un itinerario de viaxe personalizada e flexible, atendendo a todas as características e necesidades que nos propoñades. Trátase dunha excursión ideal para calquera momento do ano e a uns prezos moi económicos.
VISITA CRUCEIRO POLA RÍA DE VIGO
  • Paseo a bordo: a Ría de Vigo é unha contorna única que merece a pena percorrer por vía marítima e que é mellor facelo nun gran medio de transporte como son os nosos catamaráns de pasaxeiros, nos que poderedes realizar un percorrido de aproximadamente unhas 2 horas de duración cara ao interior ou cara ao exterior da mesma para ter unha visión panorámica completa da cidade e a súa contorna.

  • Actividades de lecer: ademais do paseo en barco, podémosvos organizar algunhas actividades tanto a bordo como nas poboacións próximas, Vigo ou Cangas, que transformen a vosa xornada de viaxe nunha gran experiencia.

  • Calendario e tarifas: trátase dunha visita que se adapta a calquera época do ano. Pedide xa orzamento e cantos máis viaxedes, mellores descontos obteredes.

SOLICITA ORZAMENTO

ANPAS
Desfrutade dunha agradable xornada en familia en calquera dos nosos destinos. En Mar de Ons encargámonos de organizar as vosas excursións e visitas en familia de principio a fin para que vos encargades só de desfrutar dunha fantástica xornada de convivencia cos vosos fillos.

Propoñémosvos unha visita moi completa e personalizada que inclúe o transporte marítimo ás Illas Cíes e o acompañamento dos nosos guías e monitores durante toda a excursión, para que poidan realizar convosco una ou varias dos 4 roteiros ambientais a pé polas illas e xogos e actividades alternativas para os nenos. Ambas as paraxes proporcionaranvos a oportunidade de estar en contacto coa natureza dunha forma amena e divertida.

A Illa de Ons sorprenderavos e brindaravos unha experiencia única para descubrir e compartir cos vosos fillos os aspectos máis curiosos da tradición e cultura mariñeiras que caracterizan a zona. Do mesmo xeito, personalizaremos o voso programa de viaxe, que inclúe o transporte de ida e volta e os roteiros e actividades que os nosos guías adaptarán ao voso grupo.

Se queredes vivir unha interesante e divertida visita cultural de medio día na que grandes e pequenos poidades gozar explorando a Ría de Vigo, San Simón é unha opción excelente. Durante esta actividade de 4 horas de duración poderedes: navegar realizando un paseo marítimo cara ao interior da Ría de Vigo, visitar o interesante Centro de Interpretación do Meirande e realizar unha visita guiada a pé pola illa adaptada a todas as idades. Viviredes grandes sorpresas ao longo da vosa excursión.

En Mar de Ons achegámosvos á acolledora vila mariñeira de Cangas do Morrazo dunha forma diferente na que poderedes gozar da gran variedade de posibilidades e recursos que posúe para planear unha excursión ideal en familia. Esta visita componse de: dous traxectos en barco na nosa liña regular Vigo – Cangas – Vigo, a realización dalgunha dos roteiros que ofrece Cangas por exemplo a través da senda ambiental de Areamilla ou polo centro da vila e outras actividades lúdicas para os nenos.

CÍES
  • Visitas guiadas: testas illas do parque nacional constitúen un enclave único dentro da contorna de Vigo e das Rías Baixas que tanto maiores como pequenos deben coñecer e visitar polo menos unha vez. Achegámosvos ás Cíes co obxectivo de que gocedes dunha xornada en familia á vez que podedes coñecer un dos arquipélagos máis belos e exclusivos de España.

  • Actividades de lecer e esparexemento: os espazos naturais da illa proporcionan un ambiente natural ao aire libre excepcional para que podamos compartir distintas actividades e xogos adaptados a nenos e pais e ao resto de adultos do grupo, para que todas poidan gozar ao máximo da súa estancia nas illas.

  • Calendario e tarifas: temos a posibilidade de programar as vosas excursións nas mellores épocas para visitar as illas, sempre tendo en conta as datas e horarios preferentes de viaxe que nos indiquedes e con tarifas e promocións especiais pensadas para as familias.
ONS
  • Visitas guiadas: a Illa de Ons é outra das illas do parque nacional ideal para pasar unha xornada agradable en familia debido a que os seus roteiros e praias conforman un conxunto ideal para mostrar os valores naturais e ecolóxicos desta illa.

  • Actividades de lecer: nos espazos desta contorna natural o noso equipo desenvolverá diversas actividades ambientais e de lecer para os máis pequenos e outras alternativas para os adultos e que así todos gocedes do tempo que o grupo pase na illa.

  • Calendario e tarifas: enviámosvos o voso orzamento e programa de viaxe sen compromiso para que vexades as datas e tarifas que mellor se vos adaptan.
SAN SIMÓN
  • Paseo en barco: trátase dunha visita cultural ideal para facer en familia, na que poderedes gozar dun pequeno paseo en barco cara ao interior da enseada de San Simón gozando das vistas de toda a ría e coñecendo os aspectos máis interesantes da súa cultura e historia.

  • Visita o museo Meirande: este museo é un dos recursos turísticos máis interesantes da contorna da ría e a súa enseada. É merecedor de ser visitado xa que mostra, a través de distintos elementos interactivos e exposicións, os acontecementos históricos e culturais de Vigo e arredores.

  • Visita ao arquipélago de San Simón: San Simón é un espazo de carácter único e de visita obrigada para poder coñecer ao completo a historia da cidade de Vigo e a súa contorna.

  • Horarios e tarifas: trátase dunha excursión cultural dunhas 4 horas, en horario de mañá ou tarde, que se pode facer practicamente en calquera época do ano, aínda que é ideal para a primavera, verán ou outono. Temos tarifas especiais para que vos poidades reunir cuantos máis mellor e organizar unha xornada única ao mellor prezo.
VISITA A VILA MARIÑEIRA DE CANGAS
  • Transporte e visitas guiadas: a visita á vila mariñeira de Cangas é unha oportunidade ideal para que os máis pequenos teñan a súa primeira experiencia de viaxar en barco e poidan gozar xunto á súa familia da visita por este precioso pobo mariñeiro. Mar de Ons achégavos a este precioso pobo da península do Morrazo e ofrécevos algúns roteiros para que o poidades coñecer mellor.

  • Actividades de lecer: ademais, os espazos abertos e naturais que hai en Cangas e arredores permítennos organizar unha xornada de diversión e xogos adaptándonos ás características e idades do voso grupo, así como ao programa de viaxe que teñades.

  • Calendario e tarifas: esta é unha excursión que se pode realizar calquera día do ano e en horarios moi flexibles xa que se trata dun servizo no que somos expertos e o noso equipo de profesionais sacará o máximo proveito á vosa visita. Non dubidedes en consultarnos e deseñarémosvos un orzamento a medida que seguro vos encantará.

SOLICITA ORZAMENTO

Empresas e Congresos
Mar de Ons proponvos diferentes alternativas para organizar calquera dos vosos eventos profesionais. Desconecta da rutina e o estrés do día a día nun marco incomparable situado no corazón das Rías Baixas.

As Illas Cíes son un escenario ideal para escapar da tensión e trafego do día a día e poder gozar dunha xornada de lecer nunha contorna natural única. Propoñémosvos un plan personalizado no que o noso equipo organizaravos unha visita adaptada aos vosos gustos e necesidades, conxugando os roteiros que percorren as illas, as súas praias paradisíacas e todas as posibilidades para gozar ao máximo deste destino.

Ons é unha illa cun carácter especial e único que reúne na súa contorna marabillosos paisaxes, incribles miradoiros de toda a ría e unha gastronomía de luxo co seu famoso “Polbo ao caldeiro”. É unha illa que vos ofrece unha ampla gama de posibilidades para organizar a vosa viaxe de empresa e que se adapta a todos os gustos.

San Simón é outra as visitas imprescindibles dentro da contorna da cidade olívica. Durante esta excursión poderedes, non só coñecer a riqueza cultural e histórica de Vigo e a súa ría, se non tamén ser testemuña dos seus recunchos e curiosidades máis descoñecidos. Nesta visita dunhas 4 horas navegaredes cara á enseada e poderedes realizar interesantes visitas a pé para experimentar en primeira persoa a esencia do lugar.

Para completar a nosa oferta de actividades, se vos apetece realizar un pequeno roteiro polas proximidades da cidade, podedes optar por realizar unha xira a bordo dalgunha das nosas embarcacións para admirar desde unha perspectiva única a beleza da ría e das localidades e os pobos mariñeiros circundantes.

CÍES
  • Visitas guiadas: propoñémosvos varias posibilidades e roteiros nas illas para que poidades relaxarvos e ver as illas dun modo diferente acompañados polos nosos guías que farán que a vosa visita a este espazo natural sexa diferente e inesquecible.

  • Actividades de lecer e esparexemento: ademais de levarvos de roteiro polas illas, propoñémosvos distintas opcións para sacar o máximo proveito da vosa visita e poder gozar de todos os recunchos e sensacións deste paraíso natural.

  • Calendario e tarifas: organizamos a vosa visita ás illas en calquera época do ano e adaptándonos ás vosas necesidades e características do evento. Solicitádenos os vosos orzamentos sen compromiso e enviarémosvos o programa e os prezos que mellor se adapten.
ONS
  • Visitas guiadas: a Illa de Ons é un destino ideal no que natureza, cultura e gastronomía conxúganse e permitiranvos compartir unha xornada de relax e lecer co voso grupo de empresa.

  • Actividades de lecer: segundo os vosos gustos propoñémosvos diferentes actividades para vivir ao máximo o ambiente da illa e as súas tradicións: roteiros de sendeirismo, visita aos seus miradoiros, recunchos especiais, historias e lendas, etc.

  • Calendario e tarifas: pedídenos canto antes o voso orzamento e organizaremos a vosa viaxe de empresa ao detalle, recomendándovos o mellor porto de saída e programa de viaxe para ofrecervos a mellor experiencia.
SAN SIMÓN
  • Paseo en barco: realizaremos un fermoso percorrido cara ao interior da Ría de Vigo durante o cal poderedes gozar dun agradable paseo en catamarán e unha vista panorámica inigualable descubrindo a historia e marabillas desta contorna.

  • Visita o museo Meirande: a parada no centro de interpretación de Meirande é un complemento ideal desta excursión que achegará datos e curiosidades moi interesantes á vosa visita.

  • Visita ao arquipélago de San Simón: desembarcaremos na Illa de San Simón para poder facer un percorrido a pé por esta illa coñecida como A Illa do pensamento, coñecendo a súa historia e lendas e gozando dos seus recunchos durante aproximadamente unha hora e media.
  • Horarios e tarifas: con saídas desde Cangas e Vigo, trátase dunha experiencia única que vos damos a oportunidade de realizar practicamente en calquera momento do ano a moi bo prezo.
VISITA A VILA MARIÑEIRA DE CANGAS
  • Transporte e visitas guiadas: presentámosvos a fermosa vila mariñeira de Cangas, unha das principais poboacións da península do Morrazo que ofrece multitude de roteiros e sendas que descubrir. Organizamos a vosa visita a medida grazas á flexibilidade de horarios do noso transporte de ría e do coñecemento que o noso equipo ten da mesma.

  • Actividades de lecer: programamos a vosa visita recomendándovos as mellores actividades, restaurantes e visitas desta poboación e a súa contorna para que podedes aproveitar ao máximo o tempo do que dispoñades alí.

  • Calendario e tarifas: solicitade orzamento ao noso departamento comercial e deseñarémosvos un itinerario de viaxe personalizada e flexible atendendo a todas as características e necesidades que nos propoñades. Trátase dunha excursión ideal para calquera momento do ano e a uns prezos moi económicos.
VISITA CRUCEIRO POLA RÍA DE VIGO
  • Paseo a bordo: propoñémosvos un percorrido interpretativo distinto que vos permitirá coñecer en profundidade os puntos e elementos máis importantes da bela Ría de Vigo navegando durante unhas dúas horas e gozando dunhas vistas únicas.

  • Actividades de lecer: podedes completar esta actividade organizando algún cátering a bordo ou contratando os nosos servizos de guiado tanto a bordo como por puntos próximos á cidade.

  • Calendario e tarifas: trátase dunha actividade que vos podemos organizar para calquera momento do ano e para a que vos propoñeremos a mellor tarifa en función as necesidades da vosa compañía e grupo. Non dubidedes en pedirnos orzamento e beneficiarvos das nosas tarifas especiais e descontos para grupos numerosos.

SOLICITA ORZAMENTO

Se estás interesado/a nalgunha das nosas actividades grupais, contacta connosco e responderemos o antes posible.
Solicita orzamento

Contacto de grupo

Enche este formulario para solicitar información sobre o evento que queres contratar.

Nos pondremos en contacto contigo o antes posible para rematar a reserva ou para resolver calquera dúbida que poderías ter.

Datos da viaxe
Persoa de contacto