ILLAS CÍES

HISTORIA

Illas Cíes: Dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.

» Prehistoria

As Illas Cíes foron territorio de paso do home do Paleolítico, Mesolítico e Neolítico pero non chegou a constituírse un asentamento ata a Idade de Bronce.
Atopáronse útiles desta época, atribuíbles ao Mesolítico (hai uns 10.000 anos), pero aínda non se atoparon restos das etapas prehistóricas posteriores (Neolítico e Calcolítico). Da Idade de Bronce destaca o poboado castrexo de “As Hortas” situado na ladeira occidental do Monte Faro e outras referencias a estruturas similares no Alto da Campá, aínda sen verificar.

“As Hortas” é un poboado de tipo castrexo-romano así clasificado polas estruturas e restos atopados. Este espazo posúe unha serie de abrigos naturais dos que cabe destacar o coñecido como “Altar Druídico”, que moitos interpretaron como ara de sacrificios en honor a deuses.

Nas Illas Cíes ou “Illas dos Deuses”, como as denominaron os romanos, existen claras evidencias do paso desta civilización.

Os restos romanos similares ao poboado de “As Hortas” atopados na Illa Sur, xunto coas cerámicas e ata un anel de ouro que data do século II d.c., suxiren que, nesas illas, as que Plinio denominou Illas Siccas, existiu tamén un asentamento ou posto de vixilancia para as naves mercantes, aínda sen confirmar.

Neste paraíso natural sitúase tamén a lenda de Xulio Cesar que loitou contra os Herminios refuxiados nestas terras. Porén, o invencible xeral foi incapaz de dobregar polas armas a bravura deste pobo e non lle quedou máis solución que a rendición polo asedio e a fame.

» Idade Antiga

» Idade Media

Durante a Idade Media instaláronse nas Illas Cíes dous conventos eremitorios: Santo Estevo (na Illa do Medio) e San Martiño (na Illa Sur).
No ano 899, o rei Alfonso III doou as illas á Igrexa e os monxes que alí se instalaron exerceron funcións de control e administración sobre a pequena poboación que congregaron. Os conventos son transferidos á Orde Benedictina, no ano 1152, e aos Franciscanos, no ano 1377. Estas novas comunidades relixiosas permaneceron nas illas ata a metade do século XVI. Entre os séculos XVI e XVII, os conflitos internos da Igrexa e os continuos ataques de piratas provocaron o abandono das Illas Cíes por parte do clero.
Actualmente as Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas. Trátase do segundo destino turístico con maior afluencia da Comunidade, tras a catedral de Santiago de Compostela.
Ata mediados do século XX, as Illas Cíes estiveron habitadas por bastantes familias que as foron abandonando paulatinamente, debido aos escasos medios e recursos dos que dispoñían nesta contorna. O seu modo de vida fundamentábase na agricultura e pesca de autoconsumo e en ocupacións como coidadores ou temporeros nas fábricas de salgadura, mentres permaneceron abertas.

Actualmente, a maior parte do arquipélago das Illas Cíes é propiedade do Goberno Autonómico e o seu uso é fundamentalmente turístico. Nas últimas décadas, as visitas turísticas fóronse incrementando exponencialmente e, na actualidade, converteuse no segundo destino turístico de Galicia, despois da Catedral de Santiago de Compostela, razón pola cal xurdiu a necesidade de establecer diversos sistemas de protección. A diferenza doutras illas como a Illa de Ons, en Cíes non existe actualmente unha poboación permanente, pero aínda quedan unhas escasas casas construídas nos anos 60-70.

» Idade Contemporánea

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...