ILLAS CÍES

EXCURSIÓNS

Rutas guiadas

» Excursións Illas Cíes: rutas guiadas

 

Descubre os atractivos deste paraíso natural da man dun guía especializado, a través de catro roteiros oficiais deseñados por Parques Nacionais. Esta experiencia ofréceche a posibilidade de descubrir, admirar e gozar das peculiaridades deste impresionante paraíso natural que forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia desde o ano 2002.

Un guía especializado acompañarate durante todo o transcurso do roteiro para darche a coñecer de primeira man a súa historia, as súas praias, as súas impresionantes vistas, etc.

Percorrendo o interior das Illas Cíes, comprenderás por que é o segundo destino máis visitado de Galicia e coñecerás a praia máis bonita do mundo.

 

ITINERARIOS

 

ROTEIRO MONTE FARO

O roteiro de Monte Faro ofrece unha das vistas máis espectaculares da Ría de Vigo. Trátase dun dos percorridos máis longos pero é o máis popular.

Este roteiro permite visitar os seguintes lugares:

  • A Pedra da Campá, curiosa formación xeolóxica perforada polos ventos atlánticos cargados de salitre.
  • O Observatorio de aves, desde o que poderás contemplar as miles de gaivotas patiamarelas que aniñan nos cantís e mesmo algún grupo de corvos mariños moñudos que se decantan polas zonas máis próximas ao mar para establecer os seus niños. Tamén gozarás dunhas impresionantes vistas do Lago e da praia de Rodas.

 

ROTEIRO FARO DA PORTA

O roteiro do Faro da Porta propón un percorrido pola costa máis meridional da Illa de O Faro. Menos coñecido e transitado que o roteiro do Monte Faro, este carreiro natural permite unha visión das illas máis próxima ao mar.

Durante o percorrido, gozarás das vistas panorámicas sobre a Illa de San Martiño, a máis meridional do arquipélago e a única que non está comunicada con barcos de liña regular.

ROTEIRO ALTO  DO PRÍNCIPE

O roteiro do Alto do Príncipe propón un carreiro natural de ascenso ao alto de Monte Agudo.  É o roteiro máis curto e fácil de acometer sen perderse nada da beleza do arquipélago.

A través deste roteiro poderás visitar os seguintes lugares:

  • A Cadeira da Raíña, unha famosa formación rochosa  caprichosamente esculpida polos elementos naturais. Desde alí, gozarás dunhas impresionantes vistas dos cantís da costa oeste do arquipélago.
  • O Alto do Príncipe é o punto máis importante do roteiro e nel destaca o contraste de xeografía e vexetación das dúas vertentes das illas.  Así mesmo, trátase do lugar ideal para observar a numerosa colonia de gaivotas patiamarelas que aniñan nos cantís.

 

ROTEIRO DE MONTEAGUDO

O roteiro do Monte Agudo é un paseo natural entre os bosques das Illas Cíes. Trátase dun percorrido curto que se realiza en gran parte por zona arborizada, polo que a camiñata resulta agradable, a pesar da súa pendente e do irregular do terreo nalgúns puntos.

Este roteiro permite visitar o Observatorio de Aves, desde onde tamén se obtén unha boa panorámica das Illas Cíes e a veciña costa do Morrazo; e o Faro de O  Peito, é o punto das Cíes máis próximo ao continente, a apenas 2 km e medio do Cabo Home. Desde alí apréciase a Illa de Ons, na entrada da Ría de Pontevedra.

RECOMENDACIÓNS

Para realizar estes roteiros é recomendable levar roupa e calzado cómodo, así como auga e crema de protección solar, xa que nas Illas Cíes a calor e os raios de sol son moi intensos durante a tempada estival.

Recomendámosche que descargues a nosa guía do viaxeiro para acceder a toda a información necesaria e non deixar nada atrás.

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...