ILLA DE SAN SIMÓN
Mergúllate na historia
O billete para o destino dos teus soños
AVISO IMPORTANTE
SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).
» Paseo en barco
Mar de Ons ofréceche a posibilidade de vivir unha experiencia inesquecible, atravesando o mar ata a Illa de San Simón, mentras desfrutas dunha impresionante vista panorámica e coñeces a bordo todos os detalles dos feitos históricos máis relevantes ocorridos na Ría de Vigo.
Despois da travesía en barco polos lugares con maior carga histórica da nosa ría, terás a oportunidade de realizar unha visita guiada pola Illa de San Simón, un lugar de conto e lenda, que aínda irradia maxia polos avatares que nela aconteceron.
O peche de ouro desta viaxe pola historia da Ría de Vigo, vén marcado pola visita a pé o redor da lendaria Illa de San Simón. Na que descubrir todos os segredos que agocha esta enigmática illa e os diferentes usos que se lle deron ao longo da historia.
» Visita guiada a San Simón
» Galería fotográfica
Descubre a beleza dos escenarios nos que se desenvolve esta experiencia a través da nosa galería fotográfica.
NON ESPERES MÁIS...