ILLA DE ONS

Descubre a principal illa do archipiélago das Ons

Se queres seguir a agasallar aos teus sentidos, podes completar a túa experiencia descansando e tomando o sol nunha das súas praias virxes.

Ofreceranche a oportunidade de desfrutar da sensación de ser o primeiro en pisar a area da praia, aínda deserta e pasear durante horas oíndo só o eco das túas pisadas. Podes elixir entre cinco praias: Melide, As Dornas, Area dos Cans, Canexol e Pereiró.

» Increíbles Playas

» Rutas de senderismo

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o Parque Nacional é camiñando por algún dos sendeiros habilitados para o uso público.
Só a través do contacto directo co espazo é posible apreciar na súa xusta medida os valores polos que se declarou Parque Nacional a este cachiño do Océano Atlántico.
A gastronomía típica de Ons é unha boa representación da gastronomía galega, caracterizada por utilizar produtos frescos do campo e do mar, e por ser cociñados de forma tradicional e artesanal.
Os grandes platos da cocina galega sempre foron elaborados por labradores, mariñeiros e amas de casa. Se hai un lugar en Galicia onde esto pervive dunha maneira máis auténtica e tradicional é, sen dúbida, na Illa de Ons.

» Gastronomía

» Experiencias

¿Queres vivir grandes experiencias nun dos recunchos máis bonitos de Galicia?
Recréate coa arte da natureza e as súas formas caprichosas, a luz entre as follas, o sol bañando doutra cor a paisaxe, a inconfundible esencia da súa gastronomía e os aromas da costa que alcanzan a montaña e se mesturan coa brisa.
A orixe das illas Ons ao igual que o resto de illas do Parque Nacional, está relacionada intensamente coa orixe das rías e do relevo litoral do noroeste peninsular.

Fai 400 millóns de anos as grandes convulsións entre as pracas terrestres, proceso denominado Oroxenia Hercínica, foron as grandes moldeadoras da paisaxe da costa galega. O clima de Ons, é o chamado clima mediterráneo submollado de transición atlántica, o que permite a proliferación dunha gran variedade de especies.

» Natureza

» Historia

Os primeiros indicios de poboadores en Ons corresponden a asentamentos de cultura castrexa da Idade de Bronce. O máis coñecido, aínda sen escavar, está por riba do barrio de Canexol e se coñece como Castelo dos Mouros.
A falta de prospección deste castro déixanos tamén sen rexistro da ocupación romana nas illas, pois adoitaban instalarse nos poboados célticos preexistentes. Idade moderna A Idade Moderna foi unha época de inestabilidade en Ons debido aos numerosos saqueos e asedios de piratas. A finais do século XVI comezou o asedio dos corsarios ingleses, o máis coñecido e temido polos seus foi Francis Drake, e tamén piratas turcos e berberiscos. Os saqueos e a queima de dependencias deste lugar terminaron coa fuxida á costa dos poboadores xa no século XVIII.
Mar de Ons pon a túa disposición a “Guía da Illa de Ons”, unha ferramenta imprescindible e de grande utilidade que che permitirá consultar calquera dúbida que poidas ter e atopar os mellores consellos para planificar a túa visita.
Accede a información útil sobre todos os aspectos a ter en conta á hora de preparar a túa visita á Illa de Ons: reserva de billetes, documentación para viaxar, equipaxe,…

» Guía do viaxeiro

» Galería fotográfica

Descubre a beleza natural da Illa de Ons a través da nosa galería fotográfica.
Asómate á Illa de Ons, ás súas praias paradisíacas, ás súas rutas de senderismo e á súa gastronomía única grazas á galería de fotografías que temos dispoñible na nosa web.
O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR AS ILLAS CÍES OU A ILLA DE ONS A PARTIR DEL 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes de la compra del billete, debes obter a autorización solicitada por a Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

A nosa misión é ser coñecida e recoñecida polo noso liderado no sector e por ofrecer un servizo de calidade baseado na mellora continua.

(+34) 986 22 52 72

info@mardeons.com

Copyright © Naviera Mar de Ons