EVENTOS E CELEBRACIÓNS NUN BARCO CON MAR DE ONS

» Aniversarios 30, 40, 50...

» Ceas ou xantares de Nadal

» Presentacións de produto

» Homenaxes

» Aniversarios

» Reunións de empresa

» Pensando en celebrar un evento realmente exclusivo e diferente?

 

Escoller o lugar perfecto para celebrar o teu evento é unha decisión moi importante, pois será o que definitivamente faga que a festa sexa especial e diferente.

E é que os eventos privados están cada vez máis de moda, pero hai que escoller o lugar, decoralo, elixir a música, o menú… Hai que tomar un montón de decisións antes.

Navieira Mar de Ons poncho doado, desde pequenos eventos ata grandes celebracións, a nosa frota, composta por catamaráns que van desde os 150 pasaxeiros ata os máis de 500, convértense nos espazos perfectos para facer do teu evento algo realmente inesquecible. 

 

 

» As mellores vistas ao mar estante a esperar.

 

Coidamos cada detalle

Música en directo, DJ, photocall, candy bar, servizo de coctelaría, un menú coidadosamente elixido para a ocasión…

Múltiples posibilidades para que a festa a bordo sexa todo un éxito. 

Celebracións á medida

Navieira Mar de Ons ponse á túa disposición para ofrecerche as mellores opcións e facer realidade ese día tan especial. Por iso, ofrecerémosche diferentes menús elaborados para todo tipo de celebración.

De noite ou de día, o mar convértese en protagonista; calquera día do ano é perfecto para unha celebración e Navieira Mar de Ons faino posible.

Contacta connosco a través do e-mail comercial@mardeons.com e o noso equipo de profesionais axudarache e asesorarate para que o teu evento sexa realmente especial.