VIGO – CANGAS

PRAIAS

Praia de Rodeira, Praia de Liméns, Praia de Nerga, Praia de Barra, Praia de Melide, Praia de Area Brava, Praia de Area Cova, Praia de Menduíña, Praia de Samil e Praia do Vao.

» Praia de Rodeira – Cangas

Situada en pleno centro de Cangas, a Praia de Rodeira é o principal areal desta localidade.
O longo paseo marítimo bordea a praia e permite gozar dunha agradable camiñada a pé ao longo do areal, unha das máis fermosas praias do tramo costeiro do Morrazo, con espléndidas vistas panorámicas da Ría de Vigo.

Esta máxica praia de area branca e fina dispón tamén de múltiples e variados servizos no verán como socorristas, protección civil, acceso a discapacitados e vehículos rodados, zonas verdes e arboredos con bancos, duchas, bibliopraia, cafeterías, quioscos, restaurantes con terraza e gran variedade de actividades deportivas.

A praia de Liméns está na Enseada de Liméns, na Ría de Vigo. Dende ela se pode divisar, ao outro lado da ría, a praia de Samil.
Este areal posúe un complexo de dunas onde fóra da tempada estival fórmase unha pequena lagoa que congrega numerosas aves como gaivotas, corvos mariños,…

A Praia de Liméns dispón de numerosos servizos como aparcamento, teléfonos públicos, duchas e restaurantes. Ademais, existen dous cámpings na zona e pódense practicar numerosas actividades náuticas e deportivas, como vela, windsurf, kaiak e piragua ou roteiros de sendeirismo, ao longo dunha senda costeira incomparable.

» Praia de Liméns – Cangas

» Praia de Nerga – Cangas

A famosa Praia de Nerga está dentro do Espazo Natural Cabo Home.
Atópase rodeada de bosques de piñeirais e eucaliptos, con diversos carreiros. A praia é de fina area branca e ten 700 m de lonxitude. No ano 2011 obtivo a Bandeira Azul.

Trátase dunha praia familiar, moi apropiada para ir con nenos xa que presenta ondada moderada e ofrece magníficas vistas das Illas Cíes. No inverno é moi habitual ver a xente practicando surf e bodyboard nas súas augas.

As embarcacións tradicionais galegas, gamelas, descansan na Praia de Nerga á beira do pobo, o que fai que este areal teña un ambiente máxico que evoca ás nosas raíces máis profundas.

A Praia de Barra é un dos lugares máis fermosos da comarca do Morrazo.
A calidade das súas augas e os seus 750 metros de fina area branca convertérona no paraíso do nudismo nas Rías Baixas e na mellor praia nudista de Galicia.

Atópase orientada ao sur e protexida de mar aberto por Cabo Home e as Illas Cíes. A Praia de Barra está incluída no Espazo Natural Protexido de Dunas de Barra e Costa da Soavela, pertencendo tamén á Rede Natura 2000.

Este areal é un remanso de paz e tranquilidade, ideal para escapar do mundanal ruído da cidade. Nela as postas de sol son espectaculares, sobre todo fóra da época estival, onde a tranquilidade e inmensidade do mar provocan unha sensación de acougo e tranquilidade.

» Praia de Barra – Cangas

» Praia de Melide – Cangas

A praia de Melide é unha das praias en estado máis salvaxe de Cangas. Está entre Punta Fuxiño e Punta Robaleira, xunto a Cabo Home.
Cunha lonxitude de 250 metros e unha anchura media de 40 metros de area branca e fina, ofrece excepcionais condicións para a práctica de surf.

Está flanqueada por tres faros e conta cunhas vistas impresionantes da ría e das Illas Cíes. Merece a pena destacar as vistas do atardecer desde o Faro Vermello, onde se pode gozar da maxia do sol poñente detrás das Illas Cíes.

A calidade desta magnífica praia está acreditada pola súa Bandeira Azul e dispón de servizos de chiringuito e quiosco para refrescarse mentres se goza deste relaxante espazo natural.

A praia de Area Brava é a praia máis ampla da Ría de Aldán e constitúe un enclave importante para avistar a flora e fauna.
É unha praia virxe, con campos de dunas, augas transparentes e area branca e fina.

Protexida como Espazo Natural, ostenta a Bandeira Azul e conta con toda clase de servizos como socorristas, posto de Protección Civil, auga potable, duchas, chiringuito, discoteca, bibliopraias, restaurante, teléfonos, entre outros.

A Praia de Area brava é un lugar de augas tranquilas, que a fan apropiada para mergullar sen bombona na superficie e para practicar outras actividades deportivas como vela, windsurf, piraguas ou aeróbic.

» Praia de Area Brava

» Praia Area Cova – Cangas

A praia de Area Cova é un idílico areal, distinguido con Bandeira Azul, situado entre Punta Sartaxéns e Punta Pedra Rubia, na Ría de Aldán.
Conta con 250 metros de lonxitude, augas tranquilas e fina area. Ademais, dispón de servizo de restauración e cámping e ofrece unhas agradables vistas doutro lado da ría.
Enmarcada na Ría de Aldán, a praia de Menduíña ten a bandeira azul e está rodeada de rochas con curiosas formas debido á erosión e sedimentación que sufriu esta zona ao longo do tempo.
Dispón de servizo de socorristas, posto de Protección Civil, auga potable, duchas, quioscos, restaurantes e bibliopraias.

Este areal permite tamén aos visitantes a práctica de actividades deportivas como vela, windsurf, kaiak, piraguas e aeróbic, entre outros.

» Praia de Menduiña – Cangas

» Praia Samil – Vigo

Situada ás aforas de Vigo, a Praia de Samil é o principal areal desta localidade.
Distinguida con Bandeira Azul, esta praia conta con piscinas para nenos, merendeiros, paseos, parques de recreo, un circuíto de automodelaxe, pista de tenis, pista de patinaxe e todo tipo de servizos.
Samil é, sen dúbida, unha das praias urbanas mellor equipada de toda Europa. É recomendable ir fóra de tempada, xa que en verán adoita estar demasiado chea, ao ser elixida por numerosos visitantes para pasar a fin de semana.
É o segundo areal máis importante da cidade de Vigo.
Nesta praia podes ver ondear a Bandeira Azul e gozar das súas augas cristalinas con pouca ondada, area branca e fina e excelentes instalacións.

A Praia do Vao dispón de duchas, prazas de minusválidos e un belo sistema natural de dunas. Ao final da praia, áchase a leira de Mirambel, un parque onde unha escavación arqueolóxica deixou ao descuberto unha antiga vila romana. Trátase dunha praia ideal para a práctica de deportes acuáticos como o windsurf.

» Praia de Vao – Vigo

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

Tamén podes desfrutar de...