OUTRAS VIAXES

ESPECIAL HALLOWEEN – CEA E MÚSICA

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

Navegar baixo a lúa, internarnos na noite, cear e bailar ata desfalecer... Goza o 31 de outubro do Especial Halloween en Vigo de Naviera Mar de Ons!

Naviera Mar de Ons descóbreche como pasar unha noite de Halloween diferente, onde o mar de novo se converte en protagonista das nosas festas nocturnas.

 

» Goza da noite de Halloween en Vigo desde o mar!

 

Queres pasalo terriblemente ben?

A mellor música a bordo, un menú elaborado especialmente para a ocasión e os mellores traxes agárdante a noite do 31 de outubro. Sen dúbida a mellor opción para saír en Halloween en Vigo durante a noite máis terroríficamente divertida do ano.

A cidade de Vigo ofrece de día e de noite diferentes alternativas de lecer, e o Especial Halloween de Naviera Mar de Ons é, sen lugar a dúbidas, un dos mellores plans para pasar esa noite.

En Naviera Mar de Ons conxugamos a gastronomía, a mellor música e as belas panorámicas nocturnas da ría de Vigo para facer a mellor festa de Halloween a bordo.

Cear a bordo, en parella, con amigos e desfrutar navegando baixo o feitizo da lúa coa mellor música é un plan perfecto para saír de festa a noite máis enmeigada do ano.

 

» Vive unha experiencia única a bordo co noso Especial Halloween!

 

Esta travesía nocturna de case tres horas de duración con saída desde o porto de Vigo, moi preto do Club Náutico e da rúa Montero Ríos, permíteche estar a un paso da zona de marcha da cidade se queres continuar coa festa.

Sairemos do porto de Vigo ás 22.30 h e o embarque, como sempre, empezará as 22.15 h cun primeiro aperitivo a bordo. Navegaremos durante a cea polas apracibles augas do interior da ría de Vigo ata chegar á maxestosa ponte de Rande e gozar desas espectaculares vistas desde o mar, e coa mellor música a bordo!

Esquécete do coche e goza da festa! Reserva o teu billete e vive unha experiencia diferente!

E lembra que, se xa es cliente de Mar de Ons, co localizador das túas viaxes desta tempada terás descontos ao realizares esta reserva. Agardámoste a bordo para pasar unha noite máxica!

 

» Sobre Halloween, Samaín e a súa conexión con Galicia

 

Moi pouca xente imaxina que, na nosa terra, Galicia, existía unha celebración moito máis antiga que o famoso Halloween americano. Esta festa de raíces celtas, tamén coñecida como a xornada dos fieis defuntos ou Samaín, que significa “fin do verán”, celebrábase hai miles de anos en todo o territorio celta na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro.

Os druídas consideraban esta data como o momento idóneo para facer unha homenaxe aos devanceiros que visitaban as súas antigas aldeas e, para iso, santificábanse mediante ritos conducentes a lograr a súa intercesión.

Non foi ata o século XIX cando esta tradición propia de países como Escocia e Irlanda cruza o charco cara aos Estados Unidos da man dos propios habitantes desta terra que escapaban das fames negras que asolaban Europa a mediados de século. Nacía así Halloween, que volveu a Europa como unha tradición americana, cando en realidade nacera dos costumes celtas.

A lenda conta que durante a noite de defuntos as fadas e os trasnos deambulaban libremente polos camiños e arredores da aldea. Algúns valentes abrían as portas dos seus fogares e, se ao outro lado da porta estaba unha fada, terían fortuna para o ano seguinte. Se, pola contra, ao outro lado se atopaba un trasno, as maldicións abaterían a súa familia durante un ano cheo de calamidades e desastres. Coa chegada da noite, os druídas acendían as cacharelas con ramas sagradas recollidas do interior dos bosques, coa finalidade de escorrentar os malos espíritos e guiar os mortos de volta á escuridade. Ao mesmo tempo, os veciños disfrazábanse con peles e cabezas de animais para asustar os espectros.

Hoxe en día, está moito máis popularizada a festa de Halloween tal como a celebran nos Estados Unidos, con disfraces e cabazas, pero non debemos esquecer as súas orixes e o noso Samaín tradicional.

Caerá a noite, alzarase a lúa e engaiolados cearemos, e bailaremos a noite do 31 de outubro no Especial Halloween de Naviera Mar de Ons.

Tarifas para adultos: 45 €

Inclúe paseo marítimo e cea a bordo.

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...