MISIÓN, VISIÓN E VALORES

A nosa misión é ser coñecidos e recoñecidos polo noso liderado no sector e por ofrecer un servizo de calidade baseado na mellora continua. Comprometémonos cos nosos clientes brindándolles un servizo seguro, de calidade, responsable e ao mellor prezo, renovando e adaptando os nosos servizos ás demandas do mercado.

A nosa visión inclúe dirixir aos nosos empregados cara a calidade na prestación do servizo, así como incorporar continuas melloras tecnolóxicas que nos permitan proporcionar a mellor experiencia aos nosos clientes, mellorando a calidade da mesma e contribuíndo a un mundo máis sostible.
A experiencia permitiunos establecer uns valores que, día a día, axúdannos a prestar un servizo excelente aos nosos clientes:

  • Experiencia – Aválannos máis de 25 anos atendendo a miles de clientes.
  • Orientación ás persoas – O principal activo de Mar de Ons son as persoas. O compromiso e dedicación do noso persoal é a base para poder ofrecer o mellor servizo tanto a bordo como en terra. Os seus anos de experiencia acollendo ao viaxeiro garanten un agradable traxecto.
  • Formación e especialización constante dos nosos profesionais para adaptarnos ás necesidades dos nosos clientes.
  • Innovación – As inversións realizadas pola compañía en buques de última xeración converten a Mar de Ons na navieira coa maior e máis moderna frota de barcos de pasaxeiros.
  • Servizo especializado – Buscamos a solución máis adecuada para cada cliente e ofrecémoslle servizos á medida.
  • Responsabilidade medioambiental – Como empresa responsable do sector turístico, Mar de Ons comprométese ao coidado e respecto do medio ambiente no exercicio diario das súas actividades e servicios, minimizando o impacto negativo no entorno e fomentando unha cultura sostible interna e externamente.