ILLA DE SAN SIMÓN

VISITA GUIADA

Mergúllate na historia

» Mergúllate na historia

O peche de ouro desta viaxe pola historia da Ría de Vigo, vén marcado pola visita a pé o redor da lendaria Illa de San Simón. Na que descubrir todos os segredos que agocha esta enigmática illa e os diferentes usos que se lle deron ao longo da historia.

Tras o acondicionamento dos seus xardíns e a restauración de seus edificios, a illa, coñecida como a Illa do Pensamento, segue a ser un lugar de gran beleza que ofrece unha panorámica de la Ría de Vigo única, coas Illas Cíes ao fondo.

Aínda que estivo habitada dende a Prehistoria ata a ocupación romana da Península Ibérica, foron os cabaleiros templarios quen a rescataron do mapa, con a fundación dun mosteiro no século XII, que logo pasou a orde dos franciscanos. Séculos despois, a illa pasou ás mans de Isabel a Católica.

O famoso pirata e corsario Francis Drake saqueou a Illa de San Simón a finais do século XVI. Este foi, sen dúbida, un dos acontecementos históricos máis relevantes sucedidos neste illote. Así mesmo, a súa enseada foi escenario da Batalla Naval de Rande, unha historia de tesouros agochados baixo as súas augas que marcou a historia deste fantástico lugar.

Posteriormente, a illa caeu no esquecemento ata que se converteu nun lazareto e centro de corentena, dende 1842 ata 1927. Tratábase dun espazo illado e lonxe da poboación na que se podían pasar períodos de 40 días en épocas de enfermidades contaxiosas como a Lepra e o Cólera.

Xa en época de contenda, durante a Guerra Civil española, a Illa de San Simón utilizouse como campo de concentración para presos políticos. Entre os anos 1936 e 1943, máis de 6.000 presos pasaron por alí.

Posteriormente, no ano 1955, converteuse no Fogar Méndez Núñez, un orfanato masculino para orfos de mariñeiros ou de familias con poucos recursos.

Na súa última etapa, en memoria das lembranzas, adecuouse a illa como espazo protexido, coa rexeneración de xardíns e árbores. Tamén se dotou dun centro cultural con auditorio e biblioteca. Na actualidade coñécese como a Illa do Pensamento, un espazo onde se fomenta a cultura, coa intención de atraer a pensadores de relevancia internacional, e onde se organizan congresos e seminarios de ciencia e investigación, campamentos ou concertos, como o famoso Concerto de Sin Sal, entre outros.

 
O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...