OUTRAS VIAXES

ESPECIAL NADAL – CEA E MÚSICA

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

» A estrela do Nadal

 

A estrela do Nadal é Vigo: dez millóns de luces led, a súa gran nora de máis de 60 metros de altura, o seu mercado de Nadal, a súa árbore xigante da Porta do Sol, o boneco de neve, ramplas, pistas de xeo, beléns e un longo etcétera de razóns para visitar a cidade que se converteu nunha das cidades máis visitadas de España en Nadal, a cidade olívica.

Múltiples razóns para vir a Vigo durante as túas vacacións de Nadal e múltiples actividades tanto de día como de noite para que non perdas nada durante as festas de Nadal.

Porque Vigo é mar... Naviera Mar de Ons ofréceche durante o día visitas guiadas ás illas Cíes, illa de San Simón... pero, e durante a noite? Non podes deixar de cear a bordo, navegar coas luces de Vigo como fondo, internarte ata o corazón da ría de Vigo, onde atoparás outro protagonista, a ponte de Rande. É imposible estar en Vigo sen ver como colga impoñente e maxestosa sobre o mar.

 

» Festa a bordo en Nadal en Vigo

 

O noso servizo Especial Cea de Nadal a bordo fará que a túa visita durante as festas de Nadal á cidade de Vigo sexa completa e desfrutes ao máximo de todos os encantos que che ofrecen a cidade e a ría de Vigo.

En parella, en familia, con amigos... Reserva con Naviera Mar de Ons o Especial Cea de Nadal, unha coidada decoración de Nadal, unha contorna espectacular, a nosa costa, un menú elaborado especialmente para a ocasión e a mellor música porá a guinda á festa cunha sesión de DJ que durará ata a 01.00 h.

A saída desde o porto de Vigo é ás 22.30 h; o embarque, como sempre, comezará quince minutos antes, ás 22.15 h, onde empezaremos cun aperitivo de benvida.

As entradas deben reservarse con antelación na nosa web. O custo por persoa é de 49 euros.

Non perdas o noso Especial Cea de Nadal e déixate cativar polo esplendor de luz e cor nunha das épocas máis agardadas do ano!

E lembra que, se xa es cliente de Naviera Mar de Ons, co localizador das túas viaxes desta tempada terás descontos ao realizares esta reserva.

Vive o Nadal con Naviera Mar de Ons!

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...