BÁGOAS DE SAN LOURENZO – PERSEIDAS
O billete para o destino dos teus soños
AVISO IMPORTANTE
SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).
» Horarios
Horarios
HORARIOS Cangas / Vigo - Bágoas de San Lourenzo
|
---|
22:30 h. |
|
---|
23:00 h. |
HORARIOS SANXENXO/PORTONOVO - Bágoas de San Lourenzo
|
---|
22:30 h. |
|
---|
22:45 h. |
Tarifas billete de barco – Bágoas de San Lourenzo
TARIFAS DESDE CANGAS E VIGO
Adultos: 25,50€
Infantil (de 3 a 12 anos): 10,00€
Menores de 3 anos: Gratis
» Tarifas
» Portos de saída
Portos de saída ás Bágoas de San Lourenzo
Porto de Vigo
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DE BILLETES DO PORTO DE VIGO
Estación Marítima de Vigo C/ Cánovas del Castillo, 26 36201 Vigo Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
Porto de Cangas
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO PORTO DE CANGAS
Estación Marítima de Cangas Avda. de Montero Rios, 14 36940 Cangas Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
POrto de sanxenxo
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO pOrto de sanxenxo
Puerto Deportivo Juan Carlos I Rúa do Porto, s/n 36960 Sanxenxo Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
POrto de portonovo
INFORMACIÓN SOBRE A TAQUILLA DO pOrto de portonovo
Rua Rafael Pico, 5 36970 Portonovo Tel. 986 22 52 72 info@mardeons.com |
Horario: de Luns a Domingo de 09:00 a 21:00 h. |
Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de gozar dun dos fenómenos astronómicos máis espectaculares do ano, as Bágoas de San Lourenzo ou, para os amantes da astronomía, as Perseidas. Este espectacular evento convértese nunha cita obrigada entre os nosos clientes cada verán. Durante uns días, o ceo inúndase de estrelas fugaces e Naviera Mar de Ons pon rumbo cara a augas do Parque Nacional, concretamente cara ás Illas Cíes. A contorna destas illas é un lugar privilexiado para contemplar este fenómeno astronómico afastados da contaminación lumínica da cidade e comodamente a bordo dunha das nosas embarcacións. Non hai que esquecer que as illas Cíes teñen o certificado de “Destino Turístico Starlight”; por iso, desfrutar da chuvia de estrelas máis importante do ano preto delas será algo único e máxico. |
» As Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo
Bágoas de San Lourenzo é o nome popular con que son coñecidas as Perseidas, pola súa proximidade coa festividade de San Lourenzo (10 de agosto). As partículas que causan as Perseidas son producidas cada ano polo cometa Swift-Tuttle; son maioritariamente granciños de po, do mesmo tamaño que grans de area. Estas partículas entran na atmosfera a velocidades sumamente altas: de entre 10 a 50 quilómetros por segundo. Tal é así, que a fricción do gas da atmosfera as quenta e as desintegra; o resultado é que as fai brillar. Isto acontece a unha altura de entre 80 e 100 quilómetros, preto da liña de Kármán, que é o límite a partir do cal a atmosfera se fai máis densa. Polo tanto, aínda que os ronseis parezan pequenos desde onde podemos observalas, en realidade poden alcanzar grandes lonxitudes.
Entón, por que se chaman Perseidas? Porque toman o seu nome da constelación de Perseo, xa que esta chuvia de estrelas provén desa constelación. Esta chuvia prodúcese nas mesmas datas cada ano, debido a que a Terra, no seu movemento anual de translación arredor do Sol, en cada volta atopa de novo esta acumulación de partículas.
» Cando son as Bágoas de San Lourenzo?
As Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo chegan ao seu punto de máxima intensidade entre o 11 e o 13 de agosto. Por iso, Naviera Mar de Ons durante eses días pon en marcha un servizo especial nocturno para que poidades contemplar este fenómeno astronómico desde o mar.
Os pasaxeiros que se suman cada ano a esta expedición teñen a oportunidade de gozar a bordo da explicación dun guía, experto na materia, que os acompañará durante toda a viaxe e nos ensinará moito máis sobre as estrelas, o firmamento, as constelacións...
» Desde onde sae o barco para ver as Bágoas de San Lourenzo?
- Desde Cangas ás 22.30 h
- Desde Vigo ás 23.00 h
» Canto custa ver as Bágoas de San Lourenzo desde un barco?
A tarifa para adultos é de 24 euros e a tarifa para nenos de ata 12 anos é de 10 euros. Os nenos menores de 3 anos viaxarán con billete sen cargo.
» Como conseguir billete para as Bágoas de San Lourenzo?
A reserva de billetes débese facer desde a nosa web, porque as prazas son limitadas e é fácil que se esgoten días antes.
Así que, na túa lista de cousas para facer este verán, engade a chuvia de estrelas fugaces con Naviera Mar de Ons.
Lembra que, se xa viaxaches con nós este ano ou o vas facer, poderás gozar dun desconto nas túas segundas compras, vantaxes só para os nosos clientes; así que, cando realices a túa reserva, utiliza ese localizador para obter o teu desconto na túa seguinte viaxe, consulta as nosas promocións, válidas só para clientes de Naviera Mar de Ons e descubre con nós o porqué deste impresionante fenómeno astronómico.
Seguro que esta experiencia non te deixará indiferente!
TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...