OUTRAS VIAXES

FOGOS DE SANXENXO

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

» A Noite dos Fogos Artificiais de Sanxenxo

 

Sanxenxo, considerada a capital turística das Rías Baixas, é un dos destinos máis populares da costa galega. Situada na provincia de Pontevedra, reúne todo o que se busca cando nos imos de vacacións: o mar, a natureza, a gastronomía, unha boa oferta hoteleira... Sen dúbida Sanxenxo é unha das túas paradas obrigatorias na túa visita a Galicia. As súas festas patronais son un acontecemento moi atractivo non só para os habitantes desta localidade, senón para o gran número de turistas que elixen as Rías Baixas como destino vacacional.

Ao rematar o verán, celébranse as súas festas patronais, que se abren coa celebración de San Xenxo o día 24 de agosto, e se pechan o día 5 de setembro coas festas en honor de Santa Rosalía. Durante estes días a cidade énchese de actos, pasacalles, os concertos da súa banda de música, a procesión nocturna, a procesión marítima, verbenas... e o seu grande espectáculo pirotécnico ao lado do mar que ateiga de turistas e curiosos esta fermosa vila pontevedresa.

Os fogos artificiais de Sanxenxo son capaces de fascinar maiores e pequenos; é o belo resultado efémero imposible de perder cada ano. Por iso, se ti tampouco o queres perder, debes reservalo con antelación e así gozar a fervenza de luces que iluminarán á medianoite o ceo de Sanxenxo.

Contemplar os fogos das festas de Sanxenxo en barco é a forma máis orixinal de desfrutar deste espectáculo no verán.

Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de vivir ese espectáculo pirotécnico tan abraiante e especial a bordo. Goza dunha posición estratéxica nunha das nosas embarcacións; presenciarás un xogo de luces que ten como escenario o ceo, como espello o mar, e como pano de fondo, a vila mariñeira de Sanxenxo.

 

» Cando son os fogos de Sanxenxo?

 

A noite do 4 de setembro é cando se pode desfrutar dun dos espectáculos máis esperados do verán: os impresionantes fogos artificiais de Sanxenxo!

 

» Como ver os fogos de Sanxenxo desde un barco?

 

Naviera Mar de Ons ofréceche dúas saídas para que non perdas este espectáculo pirotécnico:

  • Desde o porto de Sanxenxo ás 22.45 h
  • Desde o porto de Portonovo ás 22.30 h

A bordo esperarate un delicioso catering e animación musical a cargo dun Dj que porá a guinda coa mellor música.

Este evento ten unha duración aproximada de 3 horas. O punto de inicio é o mesmo que o de regreso, e a travesía ata a praia de Silgar fará que presencies en primeiro plano esta danza de luces e cores e que poidas quitar as mellores fotografías a esa magnífica noite.

 

» Canto custa ver os fogos de Sanxenxo desde un barco?

 

Os prezos deste servizo especial son de 28 euros para adultos e de 12 euros para nenos de 3 a 12 anos. Non perdas a oportunidade de pasar unha noite inesquecible, en familia, cos teus amigos, en parella, ou contigo mesmo, mentres te deixas levar a bordo de Naviera Mar de Ons.

 

» Vive as festas de Sanxenxo con Naviera Mar de Ons

 

O municipio de Sanxenxo é un destino turístico clave para moitos visitantes que deciden pasar as súas vacacións nas Rías Baixas. Isto é debido a unha serie de factores que fan que esta localidade sexa idónea para calquera persoa que desexa gozar dun turismo de calidade.

En primeiro lugar, a situación xeográfica da vila de Sanxenxo fai que a temperatura sexa estable ao longo de todo o ano. Ademais, a zona conta cunha extensión costeira de 36 km formada por pequenas calas naturais e 24 praias (14 delas con Bandeira Azul).

Sanxenxo conta ademais co célebre Porto Deportivo Juan Carlos I, o seu centro neurálxico, con servizos de restauración, tendas de roupa, de náutica, de regalos... e é ademais punto de inicio das saídas que ofrece Naviera Mar de Ons desde esta coñecida vila.

Naviera Mar de Ons ofréceche desde alí diferentes actividades para realizar tamén durante o día, como visitar a Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, outro destino que paga a pena coñecer e reservar con antelación, para realizar as súas diferentes rutas de sendeirismo e saborear a súa gastronomía. Tamén podes reservar a nosa xira pola ría de Pontevedra con degustación de mexillóns a bordo, e navegar ata a Escola Naval de Marín, Combarro, Raxó... Múltiples actividades para facer en tempada alta e que non deixes de desfrutar de nada, tanto de día como de noite.

Descubre a beleza desta zona e vive as festas de Sanxenxo con Naviera Mar de Ons.

Reserva o teu billete e goza dunha experiencia única! Reserva aquí os teus billetes de barco.

E lembra que, se xa es cliente de Naviera Mar de Ons, co localizador das túas viaxes desta tempada terás descontos ao realizares esta reserva.

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...