A ruta do mexillón: unha experiencia única pola ría de Vigo
Desde Mar de Ons convidámosvos a gozar deste fantástico paseo marítimo pola ría de Vigo. Ademais, achegarémonos ás bateas (ou mexilloeiras), tan coñecidas en Galicia, pero tan pouco comúns noutras zonas. O noso guía explicaravos tamén o proceso de cultivo do mexillón a bordo. Proba este exquisito molusco, acompañado de viño da terra, auga ou refrescos, e desfruta con nós dunha das rutas marítimas máis típicas das Rías Baixas.
Esta xira pola ría é unha das primeiras actividades que tes que reservar se vés a Vigo, porque Vigo é outra das túas visitas obrigadas se estás en Galicia. Esta bela cidade, a maior da nosa comunidade autónoma, é famosa tamén por ter a mellor praia do mundo, a praia de Rodas (Illas Cíes).
No verán podes gozar desta excursión marítima con saídas dos portos de Vigo e Cangas. Cada mañá realizamos esta xira pola ría de Vigo cunha deliciosa degustación de mexillóns a bordo para que tomes un dos aperitivos máis populares da gastronomía galega.
Reserva xa e toma o aperitivo con Naviera Mar de Ons!
Se queres seguir coñecendo as Rías Baixas, podes reservar tamén a nosa
xira pola ría de Pontevedra con degustación de mexillóns. Nesta excursión marítima navegaremos pola Escola Naval Militar de Marín, illa de Tambo, Combarro, Raxó, con saídas desde Sanxenxo e Portonovo; coñecerás os encantos do litoral pontevedrés. Ademais, se buscas opcións para facer só en Vigo, non perdas os
Fogos de Bouzas; Un Mar de Noites, con cea e música a bordo; as
Bágoas de San Lourenzo, ou as visitas á
Illa de Ons ou ás
Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Todo o que queiras facer pódelo atopar na nosa web.
E lembra que, se xa es cliente de Naviera Mar de Ons, co localizador da túa anterior viaxe podes beneficiarte dun desconto e, se aínda non o es, recorda gardar o desta compra para as túas seguintes viaxes deste ano.
En Naviera Mar de Ons premiamos a túa fidelidade!