ILLAS CÍES

ALOXAMENTO

Zona de Acampada, Restaurante, Cafetería e Supermercado, Wifi…

» Zona de Acampada

O Cámping Illas Cíes ofrece aos visitantes unha ampla variedade de servizos que farán da súa estancia unha experiencia inesquecible. Os campistas poden elixir entre levar a súa propia tenda de campaña ou alugala previamente na páxina web do cámping.
Aqueles campistas que opten por unha tenda de aluguer deben saber que, de momento, o número de tendas é limitado polo que é conveniente reservar con antelación. A súa asignación realízase por orde de reserva. Deste xeito, as de primeira liña asignaranse a aquelas reservas que se realicen en primeiro lugar. O campista pode levar o seu propio saco ou manta ou alugalo a través do sistema de reservas do cámping, así como lanterna, xa que as parcelas non dispoñen de luz nin tomas de corrente. Antes de reservar as tendas de aluguer, é necesario consular a súa dispoñibilidade a través do formulario de reservas dispoñible en www.campingislascies.com. O aluguer da tenda e as camas é para dúas noites como mínimo.

O Cámping Cíes ten un restaurante que dispón dun amplo comedor e terrazas con vistas ao Lago e a praia de Rodas. Neste espazo hai servizos de restaurante á carta, autoservicio e almorzos.
Ampla é a variedade de pratos de cociña caseira galega, empanada, polbo, pescados da ría e mariscos, así como a carta de viños. Aqueles que desexen gozar da súa restauración poderán facelo entre as 9:00 e as 23:30 horas, sen necesidade de realizar unha reserva previa. Mentres que noutras illas do arquipélago, como a Illa de Ons, non podes atopar opcións distintas ao cámping, Cíes é a única illa que dispón dun pequeno supermercado onde se pode adquirir alimentos básicos e bebidas (pan, bolería, leite, froita fresca, iogures, embutido, conservas, refrescos e auga). O seu horario de apertura é desde as 10:00 ata as 21:00 horas.

» Restaurante, Cafetería e Supermercado

» Punto Recarga Batería – WIFI

A estancia no Cámping Cíes permitirá aos campistas desfrutar da natureza en estado puro, con todas as comodidades. As súas instalacións dispoñen de conexión WIFI e contan cun punto de recarga de baterías de dispositivos móbiles por enerxía solar.
O cámping dispón dunha rede WIFI con acceso ilimitado, por un coste de 2 euros. Este servizo contrátase na recepción do cámping durante o seu horario de apertura dende as 9:30 ata as 21:30 horas. O punto de recarga de baterías por enerxía solar está xusto en fronte da recepción. Poderán utilizar tamén os enchufes do bar sen custo.
O cámping conta con servizos hixiénicos que dispoñen de duchas de auga quente, enchufes, cambiadores adaptados para bebés e para persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, existe un servizo de vixilancia por si se presentara algunha situación especial ou de emerxencia.
As duchas son un servizo gratuíto e se lles entregará unha ficha ao chegar á recepción para poder usalas.

Outros servizos a disposición de quen se aloxe no cámping son lavadora e lavadoiros para a roupa e vertedoiros para a louza, así como os puntos limpos onde depositar o lixo.

Ademais, o cámping ten dous vixilantes que se encargan de atender algunha continxencia e prestar especial atención a que se respecte o horario de silencio (00:00 a 08:00 horas).

» Outros servizos

» Reserva Aloxamento Illas Cíes

É moi importante que as persoas interesadas en acampar na illa realicen de forma conxunta a reserva de barco e de acampada con antelación, xa que as prazas son limitadas.

Para pasar a noite nas Illas Cíes, hai que tramitar a reserva do cámping por Internet en www.campingillascies.com e a reserva de barco en www.mardeons.com

Coa reserva do cámping enviaráselle ao correo electrónico o permiso de Parques Nacionais, co que poderá realizar a reserva do barco, polo que non é necesario que o realice.

A propia reserva é a tarxeta de acampada.

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DISFRUTAR DE...

Síguenos nas Redes Sociais

Copyright © Naviera Mar de Ons