Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Pontevedra

Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de navegar durante unha hora e media pola Ría de Pontevedra mentres gozas dunha impresionante vista panorámica de toda a ría e da Illa de Ons cunha degustación de mexillóns a bordo.

Adentrarémonos e navegaremos preto da praia de Aguete, da Escola Naval Militar de Marín, da Illa de Tambo, de Combarro e de Raxó, degustando a bordo un dos produtos estrela da nosa terra: o mexillón, acabado de preparar. Descubrirás o auténtico sabor do mar! Proba este exquisito molusco, acompañado de viño da terra ou auga, e goza dunha das rutas marítimas máis típicas das Rías Baixas.

Dende Naviera Mar de Ons convidámoste a gozar deste fantástico paseo marítimo pola Ría de Pontevedra. Ademais, achegarémonos ás bateas, tan coñecidas en Galicia pero pouco comúns noutras zonas.


!!!
Non puidemos obter as viaxes dispoñibles para esta experiencia.

Téntao de novo nuns minutos e, se o problema persiste, ponte en contacto connosco.
!!!
Non puidemos obter as viaxes dispoñibles para esta experiencia.

Téntao de novo nuns minutos e, se o problema persiste, ponte en contacto connosco.

Tamén podería gustarte...

Baiona
Festa da Arribada
Vigo
Especial Halloween – Cea e Música
Vigo
Especial Nadal – Cea e música
Vigo
Fogos de Bouzas
Vigo
Fogos de Sanxenxo
Vigo
Xira pola ría con degustación de mexillónes – Ría de Vigo
Vigo
Bágoas de San Lourenzo – Perseidas
Vigo
Mar de Noches – Cea e Música
Combarro
Combarro, o pobo costeiro máis bonito de Galicia
Vigo
Experiencia Starlight
Pontevedra
Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Pontevedra