OUTROS DESTINOS

Combarro, o pobo costeiro máis bonito de Galicia

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

Combarro é un dos pobos máis visitados da nosa comunidade autónoma. Considerado o pobo costeiro mais bonito de toda Galicia, convertese nunha visita obrigada para o turismo nacional e estranxeiro. Situado na provincia de Pontevedra, conta coa maior concentración de hórreos de toda Galicia, ¡nada máis e nada menos que 60 hórreos! Dos que 30 deles, alíñanse á beira da ría.

 

Durante a terceira semana de agosto, celébrase a súa festa máis famosa, a “Festa do Mar”. Nela, réndese homenaxe ao mar, onde a gastronomía cobra un papel fundamental. Conta cun gran abano de actividades de ocio para todos os públicos, destacando os seus concorridos concertos gratuítos na praza da Fonte, unha gran praza de pedra que se abre no medio do mar e que finalmente, tras recorrer o seu casco antigo, acaba na praia de Padrón.

 

Navieira Mar de Ons, ofréceche cada verán a posibilidade de visitar este pobo mariñeiro onde o mar, os hórreos e os cruceiros son os grandes protagonistas de esta pequena e fermosa localidade. Embárcate cada sábado e domingo dende Portonovo ou Sanxenxo e navega ata Combarro, coñecerás o pobo costeiro mais bonito e con máis encanto de Galicia.

» ¿Cando visitar Combarro?

No verán, a navieira pon viaxes ata este pobo mariñeiro dende os portos de Sanxenxo e Portonovo, polo que poderán escoller entre saír dende o porto de Portonovo a unha da tarde, e do porto de Sanxenxo á unha e cuarto, para chegar a Combarro por mar.

 

Navegaremos pola ría de Pontevedra e en menos dunha hora desembarcarás no Club Náutico de Combarro, para gozar de tres horas libres neste emblemático pobo mariñeiro.

Durante esas tres horas terás tempo libre para percorrer as súas rúas, ver os seus famosos hórreos e cruceiros, mercar algún fermoso agasallo, nas súas tendas típicas, e degustar tamén algún produto típico da nosa terra nos seus bares e restaurantes, polbo, navallas, albariño, …Combarro é un dos recuncho mais especiais das Rías Baixas, encantarache perderte pola súa zona vella.

» ¿Cómo ir a Combarro?

Navieira Mar de Ons ofréceche dous portos de saída cada fin de semana de verán xa que a mellor opción en xullo e agosto é chegar por mar, debido ás grandes caravanas que se forman para entrar no pobo. Os horarios dos sábados e domingos de xullo e agosto son:

  • Dende o porto de Sanxenxo ás 13:15 horas
  • Dende o porto de Portonovo ás 13:00 horas
  • O regreso dende Combarro ás 17:00 horas.

Esta excursión ten unha duración de máis de tres horas, onde o mar será o protagonista de toda a viaxe. O seu porto pesqueiro, a súa singular zona vella e sobre todo a súa colección de hórreos ao borde da ría ¡Sorprenderante!

» ¿Canto custa visitar o pobo de Combarro en barco?

Os prezos deste servizo son de 12 euros para adultos e de 6 euros para menores de entre 3 e 12 anos, ida e volta.

Non perdas a oportunidade de navegar entre os pobos máis famosos de Galicia,e percorre a ría de Pontevedra en familia, con amigos, en parella ou contigo mesmo, e sempre a bordo de Navieira Mar de Ons.

» Vive Combarro con Navieira Mar de Ons

Descubre a fermosura da zona vella de Combarro, Conxunto histórico-artístico e pintoresco declarado BIC ( Ben de Interese Cultural) representa a esencia da arquitectura popular galega: hórreos, casas mariñeiras e cruceiros a pé de mar construídos en granito, manteñen intactos unha estrutura urbanística e un estilo arquitectónico propios dos séculos  XVIII ou XIX, é realmente un lugar único en Galicia.

¡Reserva o teu billete e goza dunha experiencia única! Reserva aquí os teus billetes de barco

E lembra, se xa es cliente de Navieira Mar de Ons, co localizador das túas viaxes de esta tempada terás descontos ao realizar a reserva desta viaxe.