ILLA DE SAN SIMÓN

GUÍA DO VIAXEIRO

Prepara a túa viaxe a San Simón

» Prepara a túa viaxe: guía San Simón

 

 Descubre todo o que debes saber para preparar a túa viaxe e desfrutala ao máximo.

 

 

Información

Estas normas teñen como obxectivo salvagardar a seguridade das persoas visitantes, así como os elementos patrimoniais do Sitio Histórico e o medio ambiente da paraxe natural onde se atopa.

  1. Non está permitido comer nas illas, nin facer lume de calquera clase, agás as excepcións recollidas nesta normativa.
  2. Non está permitido fumar no interior de ningún edificio. Con respecto aos espazos exteriores, só se poderá fumar nos peiraos de acceso, nas superficies lousadas e no espazo comprendido entre o restaurante, a capela e o edificio da Casa da Cultura e dos Deportes do Mar.
  3.  Non está permitido tirar ningunha clase de lixo ao chan. A entidade organizadora pode ter que sufragar o custo da limpeza resultante do incumprimento desta norma.
  4.  Non está permitida a entrada de animais de compañía excepto cans guía.
  5.  Está prohibido o baño nas costas das illas, tomar o sol, etc.
  6.  Está prohibido xogar coa pelota, ao fútbol ou calquera actividade que poida danar o entorno natural e patrimonial das illas.
  7.  Non está permitido cortar flores, ramas, plantas, etc.
  8.  As persoas visitantes poderán pasear polos xardíns e exteriores das illas de San Simón e San Antón e visitar as exposicións que se atopen abertas ao público, así como a capela de San Simón. Está prohibido o acceso de persoas non autorizadas ao resto de instalacións e edificacións, salvo disposición en contrario.
  9.  Tamén poderán ser usados os edificios con aseos públicos.
  10.  Non existe persoal de guía a disposición das visitas. O uso de guías contratados por parte dos visitantes está autorizado, sempre e cando non empreguen elementos de megafonía, tales coma altofalantes ou similares.
  11.  Os menores de idade poden entrar baixo a supervisión e coidado dun adulto.
  12.  Existen cámaras de seguridade nas illas que NON GRAVAN as imaxes que toman, polo que a privacidade dos visitantes, a eses efectos, queda garantida.

» Como chegar: Planos dos nosos portos

 

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...