» Solicitar autorización

Se queres viaxar tanto á Illa de Ons como ás Illas Cíes deberás consultar antes na páxina web da Xunta a ocupación por día, xa que ambas illas teñen unha limitación de visitas diaria. Nesa páxina indicaranche os pasos e poderás obter a autorización de visita para os días que sexa obrigatorio, e deberás facelo no seguinte enlace á páxina web da Xunta de Galicia.

ILLA DE ONS

Autorizacións necesarias para visitas diarias para realizar o transporte de pasaxeiros durante a tempada.

Esta nova norma garantiza que se cumpra o cupo de 1.300 persoas autorizadas que poden acceder diariamente á Illa de Ons, e de 1.800 persoas autorizadas que poden acceder tamén diariamente ás Illas Cíes, o que axuda a manter o equilibrio nas visitas para evitar prexudicar o ecosistema.

A única maneira de viaxar á Illa de Ons é en barco, e poderás gozar do servizo regular de transporte marítimo en Semana Santa, os fins de semana de xuño e de forma diaria do 1 de xullo ao 15 de setembro. Fora desta época realizaranse excursións guiadas para grupos e tamén se poñen á venta as prazas para particulares que queiran coñecer este espazo natural protexido da man dos nosos guías, por iso é importante que se viaxas fora do servizo regular, consultes a nosa web por se hai viaxes dispoñibles fora da época máis estival.

Cada usuario pode reservar ata un total de 10 prazas por solicitude e debe indicar os datos de cada visitante que vaia acceder á illa, polo que necesitarás rexistrar os nomes, apelidos, números de documentos de identificación, sexo e data de nacemento de cada pasaxeiro.

Esta autorización é persoal e totalmente intransferible, xa que ten un código de control QR, un número de autorización, a data e o nome e apelidos do visitante. Unha vez obtido o código de autorización na páxina web da Xunta, chamando pre-reserva (pois é un código provisional que só terá unha validez de dúas horas), necesitaralo para mercar o teu billete de barco na nosa web para o día que queiras realizar a visita á Illa de Ons.

Tras realizar a compra do billete de embarque con Mar de Ons, recibirás no teu correo, ademais da confirmación da compra do billete con todos os datos da túa viaxe, a autorización definitiva para poder desembarcar nas Illas Cíes na data na que decidiras.

Non te esquezas de conservar esa autorización ata o día da túa viaxe, pois terás que presentala antes de embarcar ou ao chegar á illa. Así mesmo, recomendámosche que te achegues ás nosas taquillas 30 minutos antes de que zarpe o barco para imprimir o teu billete de transporte marítimo, recorda que é necesario imprimilos nas nosas taquillas para poder viaxar.

Temos saídas con destino á Illa de Ons desde os principais portos de saída, Vigo Bueu, Sanxenxo, Portonovo, Combarro e Pontevedra. Na nosa web poderás consultar os horarios e portos dispoñibles. O traxecto un pouco máis dunha hora desde Vigo ou Pontevedra, uns 50 minutos desde Combarro e uns 40 minutos desde Sanxenxo, Portonovo ou Bueu.

A Illa de Ons é a segunda illa máis visita do Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, as súas praias virxes, as súas rutas de sendeirismo, a súa paisaxe e vistas impresionantes, fan desta illa un dos lugares imprescindibles na túa visita a Galicia.

Esta illa é o destino perfecto para aqueles amantes da natureza que queiran disfrutar dun día neste espazo natural. Por iso, ao igual que para a visita ás Illas Cíes, debes reservar con tempo o billete. Podes facelo 90 días antes á data da túa viaxe, e tes ata 15 días antes da data da mesma para cancelala sen custo. Recorda consultar antes a nosa guía de viaxe a Ons para saber todo o necesario antes de emprender esta viaxe.

Viaxa con Mar de Ons á Illa de Ons, reserva na nosa web e non te perdas este paraíso!

 
O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).