ILLAS CÍES

AUTORIZACIÓN

Acceder ao Parque Nacional das Illas Atlánticas require autorización polo que debemos planificar ben a nosa visita e realizar unha serie de pasos burocráticos previos moi sinxelos para garantir o noso acceso.

Por isto para poder visitar esta paraxe natural é necesaria contar cunha autorización da Xunta de Galicia tanto para Illas Cíes como Illa de Ons. 

As nosas illas son un lugar  paradisíaco, coa súa flora e fauna autóctonas, que supoñen un destino moi atractivo para o visitante, que se interesa cada vez máis por contornas onde poida gozar da natureza e a tranquilidade. Un turismo responsable, que busca explorar espazos naturais lonxe das grandes urbes, conectar co esencial e volver á orixe.

» Solicitar autorización

Se queres viaxar tanto ás Illas Cíes como á Illa de Ons deberás consultar antes na páxina web da Xunta a ocupación por día, xa que ambas as illas teñen unha limitación de visitas diaria. Nesa páxina indicaranche os pasos e poderás obter a autorización de visita para os días que sexa obrigatorio. Deberás facelo na seguinte ligazón á páxina web da Xunta de Galicia.

ILLAS CÍES

Autorizacións necesarias para visitas diarias para realizar o transporte de pasaxeiros durante a tempada.

Esta nova norma garante que se cumpra o cupo de 1.800 persoas autorizadas que poden acceder diariamente ás Illas Cíes, e de 1.300 persoas autorizadas que poden acceder tamén diariamente á Illa de Ons, o que axuda a manter o equilibrio nas visitas para evitar prexudicar o ecosistema.

A única forma de viaxar ás Illas Cíes é en barco. Poderás gozar do servizo regular de transporte marítimo en Semana Santa, e de forma diaria desde o 15 de maio ata o 15 de setembro. Fora de esa época, realízanse excursións guiadas para grupos e tamén se pon á venta prazas para particulares que queiran coñecer este espazo natural protexido da man dos nosos guías, por iso é importante que se viaxas fora do servizo regular, consultes a nosa web por se hai viaxes dispoñibles fora desa época máis estival.

Cada usuario pode reservar ata un total de 10 prazas por solicitude e debe indicar os datos de cada visitante que vaia acceder á illa, polo que necesitarás rexistrar os nomes, apelidos, números de documentos de identificación, sexo e data de nacemento de cada pasaxeiro.

Esta autorización é persoal e totalmente intransferible, xa que ten un código de control QR, un número de autorización, a data e o nome e apelidos do visitante. Unha vez obtido o código de autorización na páxina web da Xunta, chamado pre-reserva (pois é un código provisional que só terá unha validez de dúas horas), necesitaralo para mercar o teu billete de barco na nosa web para o día que queiras realizar a visita ás Illas Cíes.

Tras realizar a compra do billete de embarque con Mar de Ons, recibirás no teu correo, ademais da confirmación da compra do billete con todos os datos da túa viaxe, a autorización definitiva para poder desembarcar nas Illas Cíes na data na que decidiras.

Non te esquezas de conservar esa autorización ata o día da túa viaxe, pois terás que presentala antes de embarcar ou ao chegar á illa. Así mesmo, recomendámosche que te achegues ás nosas taquillas 30 minutos antes de que zarpe o barco para imprimir o teu billete de transporte marítimo, recorda que é necesario imprimilos nas nosas taquillas para poder viaxar.

Temos saídas con destino ás Illas Cíes desde os principais portos de saída, Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo e Portonovo. Na nosa web poderás consultar os horarios e portos dispoñibles. O traxecto dura unha hora desde Cangas, se fai escala en Vigo, uns 40 minutos desde Vigo, 35 minutos desde Baiona e arredor dunha hora desde Sanxenxo e Portonovo.

As Illas Cíes son un dos lugares máis visitados de Galicia, concretamente o segundo máis visitado despois da Catedral de Santiago. Por iso é moi recomendable reservar con tempo o billete e podes facelo 90 días antes da data da túa viaxe, e tes ata 15 días antes da data da túa viaxe para cancelalo sen custo, e recorda consultar antes a nosa guía das Illas Cíes para saber todo o necesario antes de comezar esta viaxe.

As Illas Cíes ofreceranche preciosas paisaxes, espectaculares miradores, rutas de sendeirismo, a Mellor Praia do Mundo ou sinxelamente, pasar un agradable día de pícnic ao aire libre. Viaxa ás Illas Cíes con Mar de Ons e reserva o teu billete na nosa páxina web!

 
O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).