Festas nas Rías Baixas

Semana Santa – Cangas

A Semana Santa de Cangas é unha das máis importantes de toda a Comunidade e constitúe unha celebración de coñecida solemnidade en toda a provincia. Trátase dunha tradición historicamente consolidada con gran arraigamento popular e carácter participativo, datando a Confraría da Virxe das Dores e da Soidade do século XVIII.

Festa do Cristo – Cangas

Esta festa dura aproximadamente doce días e constitúe un dos eventos máis importantes da zona. Durante as Festas do Cristo, Cangas ofrece unha amplía e variada programación, para todos os gustos.


Concertos, atraccións, pasacalles, bandas de música, actuacións de dj´s, espectáculos pirotécnicos, karaoke infantil, obradoiros ou actividades en torno ao cómic, entroutas, son os principais ingredientes que compoñen as famosas Festas do Cristo, que cada ano atraen a multitude de xente.

Ler máis Ler menos

Danzas ancestrais – Cangas

Cangas ostenta o privilexio de conservar unha serie de danzas ancestrais, declaradas de Interese Turístico Galego. Nalgunhas das súas festas se realizan estas danzas especiais que teñen un gran valor cultural etnolóxico. Estas danzas son atípicas para o folclore galego e só se bailan en días sinalados.

A Reconquista – Vigo

O 28 de marzo de 1809, un movemento popular logrou expulsar aos franceses de Vigo e a cidade se converteu na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoleón dunha praza conquistada. Un ano despois, Fernando VII outorgou a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.


Por este motivo, cada ano, na fin de semana máis próxima ao 28 de marzo, Vigo conmemora a Reconquista. Convértese a súa zona histórica nun espectacular mercado medieval, ambientado no século XIX, no que todo o mundo vai caracterizado con vestimentas da época. É como unha verdadeira viaxe ao pasado.
Durante eses tres días, Vigo convértese nun enorme escenario do século XIX, cun espectacular mercado ambientado na época da Guerra da Independencia Española. Os actos máis destacados son as recreacións históricas, con máis de 500 persoas representando ao bando francés loitando contra o bando español. Tamén hai que destacar as demostracións de artesanía da época, que se realizan no mercado, así como os máis de 30 grupos musicais e de danza que animan a cidade.
Nos locais da zona pódense degustar riquísimos manxares, dende nécoras e mexillóns a empanadas ou churrasco, acompañados de viños da terra e licores tradicionais. Esta gran festa de Vigo continúa ata ben avanzada a noite, cun ambiente inmellorable nas rúas.
A Reconquista, declarada de interese turístico de Galicia, é a festa máis importante de Vigo, a máis querida polos vigueses e unha ocasión única de programar unha escapada a Vigo en primavera.

Ler máis Ler menos

Noite de san Xoán – Vigo

Cada 23 de xuño, con motivo da chegada do verán, celébrase a noite máis curta do ano. É unha noite máxica chea de fogueiras, bailes, música, conxuros, queimada e sardiñas. Atribuíselle protección e boa sorte ao feito de saltar nove veces unha fogueira esa noite.

Festa do Carme – Vigo

A festa do Carme celébrase o 16 de xullo, en honor á Virxe do Carme, que é a patroa dos mariñeiros. Nesta festa tan popular e tan arraigada de Vigo, a cidade énchese de procesións tanto por mar como por terra. É un espectáculo único pola súa vistosidade e beleza.

Festa de Bouzas – Vigo

Celébranse durante a segunda quincena de xullo e, durante 5 días, o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos e verbenas.


O último día desta celebración, dende medianoite, o ceo tínguese de cores cos famosos fogos de Bouzas.
Se queres ver ben os fogos artificiais, ten en conta que Bouzas se enche de xente esa noite. Así que unha boa opción é velos dende o mar. En Mar de Ons organizamos unha festa a bordo do noso barco insignia, o Mar Vigo, para desfrutar dunha velada inigualable, na que poderás cear mentres admiras a espectacularidade dos fogos artificiais.

Ler máis Ler menos

Arnette O´Marisquiño – Vigo

O Arnette O’Marisquiño é un evento de cultura urbana e deportes extremos que se celebra a segunda fin de semana de agosto e reúne cada ano a preto de 100.000 persoas. O evento celébrase no Náutico de Vigo e o acceso ao recinto é totalmente gratuíto.


Durante esta celebración en Mar de Ons ampliamos os nosos horarios da liña regular entre Cangas e Vigo para que non perdas un dos espectáculos máis esperados de todo o ano.

Ler máis Ler menos