VIGO – CANGAS

EXCURSIÓNS

Kaiak, FlyBoard, Mergullo, Windsurf, Shopping, Excursións, Museos…

» Excursións en Cangas

Rutas.

As rutas son a mellor opción para afondar na historia deste pobo mariñeiro, percorrer as súas magníficas praias de augas cristalinas e area branca e fina, admirar o solpor cara ao Océano Atlántico, coas Cíes ao fondo, abrirse Camiño a través da natureza ou percorrer a costa. Trátase do medio perfecto para aventureiros, amantes da natureza e xente curiosa con ganas de descubrir novos recunchos.
Deporte de aventura.
A bordo dun kaiak pódense realizar travesías marítimas nas que o viaxeiro pode desfrutar da beleza do municipio dende un novo punto de vista onde el será o protagonista. Trátase dunha opción ideal, tanto para principiantes como para veteranos neste deporte acuático que desexen deleitarse coas máxicas vistas que ofrece a Ría de Vigo.

» Kaiak

» FlyBoard

O FlyBoard é un novo deporte que revolucionou o mundo.
Permite elevarse no aire sobre un taboleiro, que leva incorporados dous chorros de auga a propulsión, xerados por unha moto de auga ou unha lancha de dous motores.

Trátase  dunha actividade que todo o mundo pode practicar, desde os 16 anos ata os 60. O seu manexo é moi fácil e intuitivo. En tan só 5 minutos practicando FlyBoard estarás a voar e vivindo unha experiencia única, rodeado dunha paisaxe dunha beleza incomparable.

Descubre as maxestosas formas da natureza agochadas baixo as augas do Atlántico.
Mergúllate e coñece centos de especies animais e vexetais de particulares características. Baixo o mar atoparás un dos ecosistemas mariños máis importantes e unha riquísima diversidade biolóxica.

» Buceo

» Windsurf – Cangas

Deporte de aventura.
En Cangas organízanse competicións deste deporte, incentivando a súa práctica entre os máis novos e buscando compartir con todos os públicos a paixón do mar. Ven a Cangas practicar windsurf nas súas cristalinas augas de cor turquesa e pasa unhas vacacións incomparables.
Ir de compras por Vigo é unha proposta perfecta para poder levar á casa algún recordo da cidade.
Descubre zonas de compras para todos os gustos e petos. En Vigo atoparás, desde os relucentes escaparates da rúa do Príncipe, ata o típico mercado no que esculcar entre postos de produtos da horta ou atopar grandes oportunidades.

 

Os centros comerciais están presentes coa mellor moda galega e nas áreas peonís poderás visitar pequenos comercios e artesanía tradicional.

» Shopping – Vigo

» Centro Interpretación O Cambón – Vigo

O Centro de Interpretación, situado no histórico edificio Cambón, detrás da Igrexa de Santa María, é a sé do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e unha ferramenta de difusión do parque, que ofrece información ao visitante sobre a flora, a fauna e o medio mariño dos espazos naturais que o compoñen.
Neste espazo pódese observar a gran biodiversidade natural que se agocha en cada unha das illas que compoñen o Parque Nacional e os seus fondos mariños. En ocasións organizan actividades específicas para nenos e obradoiros para adultos, converténdose así nun centro de educación ambiental moi importante.

No Centro de Interpretación O Cambón tamén se levan a cabo proxectos de investigación centrados no Parque Nacional, para poñelo en valor e preservar os seus espazos naturais.

Vigozoo é o único parque zoolóxico que existe en Galicia, un lugar ideal para pasar a tarde en familia, descubrindo diferentes especies animais, en contacto directo coa natureza.
O seu recinto na Madroa está a uns 10 quilómetros do centro e ocupa máis de 55.000 metros cadrados de superficie.
Neste zoo hai mamíferos de África, Asia e América, como leóns, tigres e osos pardos; ou especies propias da Península como o lince europeo. Ademais, permite gozar da beleza das cebras, a simpatía dos monos e a grandeza do lobo.
As diferentes especies animais están distribuídas por zonas con características apropiadas para cada especie. Por exemplo, no Exotarium viven máis de 50 especies de insectos, arácnidos, anfibios e réptiles; e en Nocturama viven as especies de hábitos nocturnos, en instalacións que permanecen ás escuras.

» Excursións en Vigo: Vigozoo

» Museo do Mar – Vigo

Vigo é unha cidade vinculada ao mar, pois naceu e creceu grazas ao seu porto, que marcou a súa historia e a súa economía.
No Museo do Mar pódese apreciar esta unión de Vigo e as súas xentes co mar e coñecer a historia da pesca na zona.
Facendo o percorrido polas súas salas, pódese coñecer a actividade pesqueira en todos os seus ámbitos, así como seu desenvolvemento no discorrer da historia: a pesca; o marisqueo e a acuicultura; os métodos de conservación, dende os antigos sistemas de salgadura aos modernos de conxelación; os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.

O percorrido complétase cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas existentes entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes.

Tamén podes desfrutar de...