VIGO – CANGAS

GASTRONOMÍA

Cociña Tradicional Galega

» Pratos típicos – Cangas

A gastronomía de Cangas do Morrazo está intimamente determinada polos recursos que proporciona o seu territorio, destacando os peixes e mariscos que se pescan nas súas costas.
Fiel á cociña galega, ofrece tamén pratos típicos como a empanada galega, o lacón con grelos e os callos con garavanzos. Entre as súas sobremesas predilectas, destacan o leite frito, as filloas e a tarta de queixo.
O marisco degústase todo o ano, dende os mexillóns das bateas, as ameixas, os berberechos ata as centolas, percebes, ostras ao natural, etc. Estes suculentos menús que ofrecen, adóitanse degustar acompañados dos afamados tintos de Donón e o Albariño de Hío.
No éxito da cociña viguesa conflúen varios factores: a riquísima tradición da cociña galega, unha das máis variadas, saborosas e recoñecidas de España; a diversidade de opcións gastronómicas; e o excepcional Porto de Vigo, que fornece a mellor materia prima á nosa lonxa, mercados de abastos e restaurantes.
Non é de estrañar que os produtos do mar sexan os grandes protagonistas de todos os pratos se se teñen en conta o 1500km de costa, as numerosas rías e un dos principais portos pesqueiros de Europa.
 
A gran diversidade de produtos gastronómicos de Vigo é única e especialmente representativa da cociña galega, ao combinar produtos frescos de campo e de mar. Por iso, nos mercados e cociñas de Vigo atópanse produtos de alta calidade para todos os gustos e dietas.
 
A arte do tapeo das ostras naceu en Vigo no barrio histórico. Ninguén sabe cando, pero eran famosas xa entre as tropas francesa da Reconquista. Na Rúa da Pescadería ou das Ostras, podese disfrutar ó mediodía destes deliciosos bivalvos acompañados cun bo albariño, un ribeiro ou unha cervexa. É todo un espectáculo o das “ostreiras” abrindo o seu fresquísimo produto con incrible habilidade e rapidez, moi celebrada polos moitos clientes que agardan, mentres se despachan centos de ostras.
 
O exquisito e recoñecido marisco e peixe fresco, recentemente chegado a porto desde todos os mares, converteuse en tapa: preparado de acordo coa tradición ou co singular saber da cociña de autor. Trátase dun exquisito manxar que se pode gozar tanto nos restaurantes máis selectos como nas modernas taperías, nas tabernas tradicionais ou na terraza de calquera bar, ao mediodía ou á noitiña.
 

» Produtos de Calidade – Vigo

» Feiras gastronómicas – Vigo

A Feira do Marisco, celébrase de xoves a domingo, durante ou segunda fin de semana de setembro.
Esta celebración organízaa o Porto de Vigo, en conmemoración da chegada dos meses con “ r” e a apertura da tempada do mellor marisco na Ría de Vigo. Cada ano, nesta festa véndense 40 variedades diferentes de marisco, a prezos moi alcanzables. Todo aderezado con postos de artesanía e baile folclórico, de xoves a domingo. Na Festa do Marisco hai servizo take away que permite levar a mariscada a calquera lugar nunha práctica caixa.

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

Tamén podes desfrutar de...