VIGO – CANGAS

TRANSPORTE METROPOLITANO

Plan de Transporte Metropolitano na Área de Vigo

4» Tarxeta de transporte metropolitano de Vigo

 

O luns 27 de abril do 2015 empezou a funcionar o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo. Esta iniciativa permite a todos os usuarios do servizo de transporte marítimo entre Cangas e Vigo viaxar por tan só 1,52 euros.

O dispositivo de pago que permite obter esta tarifa no prezo do billete é a Tarxeta TMG, unha tarxeta-moedeiro que non ten carácter persoal e poderá utilizarse indistintamente por calquera persoa.

Ademais, ten unha bonificación adicional por recorrencia, de modo que, no caso de que se superen as 40 viaxes mensuais, o prezo do billete reducirase.

O procedemento establecido para obter esta bonificación  adicional implica que diariamente o usuario abona o seu billete a 1,52 euros e aqueles que consumisen máis de 40 viaxes nun mes natural, a finais do mes seguinte poñeranse á súa disposición. Para iso, deberán introducir a súa tarxeta nos caixeiros de ABANCA e aceptar a recarga correspondente a esta bonificación adicional. O prazo de caducidade para a aceptación de recarga é de dous meses.

Todas as Tarxetas TMG son válidas para as cinco áreas de Transporte Metropolitano: A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo; e pódese solicitar abonando un importe de 2 euros, nalgunhas oficinas de ABANCA, polo que se recomenda informarse antes para dirixirse á oficina que a tramita.

A Tarxeta TMG poderase recargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 60 euros, por recarga, tendo ata un máximo de 180 euros en cada tarxeta.

A tarxeta non ten carácter persoal, o que permitirá que sexa utilizada por calquera persoa, e mesmo que se poida abonar o transporte de todas as persoas que viaxen xuntas, como no caso dos grupos.

Todo aquel que non dispoña desta tarxeta deberá adquirir un billete normal cun custo de 2,45 euros.

 

Solicitude da Tarxeta TMG

A tarxeta TMG pódese solicitar, abonando un importe de 2 euros, nas seguintes oficinas de Abanca:

Concello de Cangas

Cangas

Cl. Méndez Núñez, 13

Cl. Eugenio Sequeiros, 13

Cangas – Coiro

Av. Ourense, 27

Cangas – Hío

Lg. Igrexario, 57

Cangas – Aldán

Cl. San Cibrán, 17

Concello de Vigo

Av. García Barbón, 1

 

Consultar Condicións en https://tmg.xunta.gal/

 

Tarxeta TMG Xente Nova

O 27 de Agosto de 2016 púxose a disposición dos viaxeiros a tarxeta TMG Xente Nova para mozas de 4 a 18 anos de idade. Consultar Condicións en https://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e

Tarifa gratuíta para menores de 4 anos (sen tarxeta)

Tamén podes desfrutar de...