Praias nas Cíes – Praia de Rodas

Praia de Rodas

A mellor praia do mundo

A praia de Rodas é a praia máis visitada de Galicia e conta co distintivo de bandeira azul. O prestixioso diario británico “The Guardian” declarouna, no ano 2007, “a mellor praia do mundo” polas súas cristalinas augas cor turquesa, a súa area branca e fina e os bosques que chegan ata os areais. Trátase da praia máis grande e importante do arquipélago das Illas Cíes e as súas características e servizos convértena na praia ideal para pasar o día en familia.

O seu quilómetro de lonxitude une dúas das tres illas (Monteagudo e Faro) formando unha media lúa perfecta con pequenas dunas que aumenta a beleza do enclave.  A cala de Viños ou Bolos, a de Areíña e a de Area Grande de Muxieiro son unha prolongación natural de Rodas, que a fai, se cabe, máis espectacular. Dende punta das Veiras, xusto na cala de Viños, se organizan saídas para a práctica de kaiak.

Ler máis Ler menos

Praia de Figueiras

Liberdade e intimidade

A praia de Figueiras, tamén chamada “dos alemáns”, é sempre unha aposta segura para aquel que busque liberdade e intimidade. Situada na Illa de Monteagudo (Norte), posúe a bandeira azul e é o paraíso predilecto para o colectivo nudista de Galicia. Conta con areas branquísimas, auga moi cristalina e ofrece unha paisaxe de soño.

Playa de Nosa Señora

Ideal para buceo o esnórquel

La playa de Nosa Señora es una paradisíaca cala de aguas color turquesa situada en la isla del faro, con vistas hacia la Isla de San Martiño. Es recogida y de aguas tranquilas, ideal para la práctica de buceo o esnórquel. Simplemente con un tubo y unas gafas se pueden contemplar las maravillas que esconden las aguas del parque nacional.

Cala de Margaridas

Exclusividade e tranquilidade

A cala de Margaridas, situada na Illa de Monteagudo, é un verdadeiro anaco de paraíso. Se buscas desfrutar da soidade e tranquilidade no medio da natureza, esta é, sen dúbida, a mellor  opción.

Cala de A Cantareira

Beleza singular

A cala de A Cantareira é unha pequena cala de cantos rodados e de beleza singular situada na Illa de Monteagudo. Moi recomendable se o que buscas é exclusividade e desfrutar dunha paraxe diferente.

Playa de San Martiño

Solo accesible en barco privado

La playa de San Martiño es un gran ejemplo de la majestuosidad y calidad de las playas de este archipiélago.  Con forma aconchada, la playa cuenta con aguas muy tranquilas y arena de color blanco y grano fino. Se encuentra en la Isla Sur y sólo se puede acceder a ella en barco privado

Elixe o teu destino