ILLA DE ONS
Descubre a principal illa do arquipélago de Ons
O billete para o destino dos teus soños
AVISO IMPORTANTE
SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).
Para acceder á Illa de Ons, ademais de mercar os billetes do barco que che levará á illa a través dunha agradable travesía para descubrir alí as praias máis idílicas de Galicia, debes contar coa autorización da Xunta de Galicia. Este organismo controla os accesos á mesma por tratarse dun Parque Nacional, que vela por manter intactas as praias de area branca e auga cristalina e a súa paisaxe sen igual.
» Incribles Praias
O Parque Nacional da Illa de Ons ofrece algunhas das rutas de sendeirismo máis auténticas de Galicia, nela sentirás o pracer de camiñar sobre a natureza rodeada do océano Atlántico. A verde paisaxe pódese apreciar xa desde o barco que leva aos visitantes á Illa de Ons.
» Rutas de sendeirismo
Na Illa de Ons poderás ademais gozar dos mellores produtos do mar e da terra, aqueles que representan a auténtica gastronomía de Galicia, chea de tradición e de produtos digna dos padais máis exquisitos que son o seu polbo, a súa empanada de millo ou os seus peixes e mariscos.
» Gastronomía
A Illa de Ons ten historia, a historia que describe a costa de Galicia, o seu atlántico e os seus espazos naturais.
» Excursións
A Illa de Ons está chea de fauna e flora que conviven baixo un agradable clima subhúmido.
A orixe da Illa de Ons ao igual que o resto de illas do Parque Nacional, está relacionada intensamente coa orixe das rías e do relevo litoral do noroeste peninsular.
» Natureza
A historia da illa de Ons remóntase á idade de bronce, a illa está chea de castros que nos desvela como eran eses primeiros asentamentos. Sen dúbida toda unha experiencia chea de aprendizaxes e camiños de historia.
» Historia
O imprescindible sen dúbida é comprar o billete de barco, pero se queres planificar detalladamente a visita poderás consultar ademais a Guía da Illa de Ons onde atoparás información útil sobre como reservar os billetes de barco, que rutas facer, onde comer, que ver, etc.
Accede a información útil sobre todos os aspectos a ter en conta á hora de preparar a túa visita á Illa de Ons: reserva de billetes, documentación para viaxar, equipaxe,etc.
» Guía do viaxeiro
Na nosa web podes atopar unha selección de fotografías que che convencerán de visitar a illa de Ons e facerche unha idea do que é sentir a liberdade da natureza e gozala cos 5 sentidos.
» Galería fotográfica
O barco que che leva á Illa de Ons achegarache ademais a vivir unha experiencia única no recuncho máis bonito de Galicia. Só precisas os billetes e a autorización oficial!
NON ESPERES MÁIS...