ILLA DE ONS

HISTORIA

Illa de Ons: Desde a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.

» Prehistoria

Os primeiros indicios de poboadores en Ons corresponden a asentamentos de cultura castrexa da Idade de Bronce. O máis coñecido, aínda sen escavar, atópase por encima do Barrio de Canexol e é coñecido como “Castelo dos Mouros”.

O máis coñecido, aínda sen escavar, atópase por encima do Barrio de Canexol e é coñecido como “Castelo dos Mouros”. A falta de prospección deste castro implica que tampouco haxa rexistro da ocupación romana na illa, pois adoitaban instalarse nos poboados célticos preexistentes. O outro castro que se coñece como “ Cova da Loba” situouse na zona norte da illa, pero del non quedan máis que restos de cerámica, baldosas e abundantes concheiros. Recentemente traballos de prospección arqueolóxica sacaron á luz a existencia de varias representacións gráficas ou petróglifos que se adscriben a unha etapa histórica entre os séculos IV a. C. e II d. C., algo case inédito nun territorio insular.

O Castro de Canexol.
A falta de prospección do castro situado en Canexol fai que non existan rexistros da ocupación romana na Illa, pois estes pobos adoitaban instalarse nos poboados celtas preexistentes. Porén, a presenza romana queda practicamente constatada co recente achado dun xacemento no entorno de Canexol. A súa situación e as estruturas e materiais que presenta asócianse a unha explotación de recursos mariños de época romana.

» Idade Antiga

» Idade Media

A ocupación sueva e visigoda en Galicia non deixou rastro en Ons.

Pero os indicios existentes fan intuír un despoboamento total de territorio por culpa dos ataques destes.

Piratas e Corsarios na Illa de Ons.
A Idade Moderna foi unha época de inestabilidade en Ons debido aos numerosos saqueos e asedios de piratas. A finais do século XVI comezou o asedio de corsarios ingleses, o máis coñecido e temido mesmo polos seus foi Francis Drake, e tamén piratas turcos e berberiscos. Os saqueos e a queima de dependencias deste lugar, terminou coa fuxida á costa dos poboadores xa entrado o século XVIII.

» Idade Moderna

» Idade Contemporánea

No século XVI a igrexa concedera a Illa en feudo á familia Montenegro, mais os continuos ataques de corsarios e piratas durante a Idade Media fixeron que a Illa quedara deshabitada no século XVIII. No ano 1810, a Xunta Provincial de Armamento e Defensa decidiu fortificar a Illa, quedando a propiedade dos Montenegro máis segura.
Desta época destacan as fortalezas de Pereiró, da que só quedan algunhas pedras, e a do “Castelo de Roda”, situada preto do peirao. O aumento da seguridade permitiu a repoboación e instaurouse unha división parcelaria de terreos que o Estado cedía aos illeiros para o seu cultivo a cambio dun canon.

En 1929, Manuel Riobó mercou a Illa e instalou unha sociedade mercantil dedicada ao secado e comercialización de polbo e congro, que motivou que os illeiros se especializasen nestas especies. No ano 1940, o Estado expropiou a Illa para defensa nacional e o Ministerio de Exército fíxose cargo dela en 1943, coa intención de instalar unha base de submarinos que nunca chegou a construírse. Durante os anos 40 e 50, a Illa de Ons viviu a súa mellor época, con case 500 habitantes. O seu despoboamento progresivo en apenas 20 anos, debido á falta dunha mellora das condicións de vida dos illeiros, foi da man, ao igual que nas Illas Cíes, do auxe turístico, especialmente importante a partir dos anos 70. Actualmente Ons é a única das Illas Atlánticas que aínda conserva unha poboación estable, pero de menos de 20 persoas.

NON ESPERES MÁIS…

RESERVA AGORA O TEU BILLETE

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

TAMÉN PODES DESFRUTAR DE...