Historia da Illa de Ons

Prehistoria

Os primeiros indicios de poboadores en Ons corresponden a asentamentos de cultura castrexa da Idade de Bronce. O máis coñecido, aínda sen escavar, atópase por encima do Barrio de Canexol e é coñecido como “Castelo dos Mouros”.

Recentemente, traballos de prospección arqueolóxica sacaron á luz a existencia de varias representacións gráficas ou petróglifos adscritos a unha etapa histórica entre os séculos IV a.C. e II d.C., algo case inédito nun territorio insular.

Ler máis Ler menos

Idade Antiga

A falta de prospección do castro situado en Canexol fai que non existan rexistros da ocupación romana na Illa, pois estes pobos adoitaban instalarse nos poboados celtas preexistentes. Porén, a presenza romana queda practicamente constatada co recente achado dun xacemento no entorno de Canexol. A súa situación e as estruturas e materiais que presenta asócianse a unha explotación de recursos mariños de época romana.

Edad Media

La ocupación sueva y visigoda en Galicia no dejó rastro en Ons, pero los indicios existentes hacen intuir una despoblación total de territorio por culpa de los ataques de estos. La Isla de Ons aparece por primera vez en un documento en el año 899, cuando el rey Alfonso III dona la “Isla Aones” al Cabildo Compostelano.

A pesar de los ataques vikingos durante la Baja Edad Media, se conoció en la Isla un monasterio durante el siglo XV del que ya no queda evidencia y del que se desconoce si albergaba órdenes religiosas de forma estable o si sólo hicieron uso del mismo monjes del interior de la costa para retiros y meditación. Su situación se asocia a un sepulcro antropomorfo que se conserva en un islote en la playa de Area dos Cans, conocido como “Laxe do Crego”, datado en esta época y aunque ya no conserva la tapa, es visible en marea baja. Todo este conjunto histórico fue origen de leyendas populares entre los isleños.

Ler máis Ler menos

Idade Contemporánea

No século XVI a igrexa concedera a Illa en feudo á familia Montenegro, mais os continuos ataques de corsarios e piratas durante a Idade Media fixeron que a Illa quedara deshabitada no século XVIII. No ano 1810, a Xunta Provincial de Armamento e Defensa decidiu fortificar a Illa, quedando a propiedade dos Montenegro máis segura.

Desta época destacan as fortalezas de Pereiró, da que só quedan algunhas pedras, e a do “Castelo de Roda”, situada preto do peirao. O aumento da seguridade permitiu a repoboación e instaurouse unha división parcelaria de terreos que o Estado cedía aos illeiros para o seu cultivo a cambio dun canon.

En 1929, Manuel Riobó mercou a Illa e instalou unha sociedade mercantil dedicada ao secado e comercialización de polbo e congro, que motivou que os illeiros se especializasen nestas especies.. No ano 1940, o Estado expropiou a Illa para defensa nacional e o Ministerio de Exército fíxose cargo dela en 1943, coa intención de instalar unha base de submarinos que nunca chegou a construírse. Durante os anos 40 e 50, a Illa de Ons viviu a súa mellor época, con case 500 habitantes. O seu despoboamento progresivo en apenas 20 anos, debido á falta dunha mellora das condicións de vida dos illeiros, foi da man, ao igual que nas Illas Cíes, do auxe turístico, especialmente importante a partir dos anos 70. Actualmente Ons é a única das Illas Atlánticas que aínda conserva unha poboación estable, pero de menos de 20 persoas.

 

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino