Programa de actividades da Arribada

Vive cada instante

Durante os dous días de duración da Festa da Arribada hai programadas unha serie de actividades e animacións ambientadas no ano 1493, que comezan ás dez da mañá e terminan sobre ás once da noite, aproximadamente.


O sábado, día 7 de marzo, sobre as dez da mañá, anúnciase o comezo da celebración da Arribada co estalido dos canóns e ábrese o mercado medieval, ao que seguen unha serie de actividades e animacións durante toda a xornada matinal.
Sobre as catro da tarde proseguen as actividades coa celebración do Torneo de Cabaleiros na praia Ribeira, onde tamén poderá apreciarse un gran espectáculo de cetrería montada.
Esta primeira xornada de celebración finaliza coa representación da obra Arribada da Carabela Pinta a partir das oito da tarde na praia Ribeira, que é o acto central da Festa da Arribada. Ao terminar a representación, unha tirada de fogos artificiais pecha os actos do sábado.
O domingo, día 8 de marzo, soan os canóns de novo ás dez da mañá para dar comezo ao segundo día de festexos.
Durante a xornada matutina ten lugar a celebración das olimpíadas medievais con tiro con arco, esgrima e a arte da cetrería. Os actos programados para a mañá complétanse cun desfile medieval polo Real Mercado da Arribada.
Pola tarde, a partir das catro, aproximadamente, continúan as animacións programadas onde terá lugar un gran concerto de música medieval e un espectáculo de fogo, entroutos.
Por último, tres disparos de lombarda anuncian o final do Real Mercado e dos espectáculos e emprazan aos visitantes á próxima edición.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino