Historia da naviera Mar de Ons

Mar de Ons presta servicio regular de forma permanente os 365 días do ano entre Vigo e Cangas e caracterízase por ofrecer aos usuarios unha ampla variedade horaria que cumprimos de maneira exhaustiva durante todo o ano.
Ademais, durante a época estival, en Mar de Ons poñemos en marcha unha ampla variedade de servizos que permiten aos usuarios desfrutar da beleza que ofrecen as Rías Baixas dun modo diferente e inesquecible.
En verán realizamos servizo regular ás Illas Cíes, dende os Portos de Vigo, Cangas e Baiona, e á Illa de Ons, dende os Portos de Bueu, Portonovo, Sanxenxo e Vigo. Tamén organizamos excursións marítimas pola Ría de Pontevedra con degustación de mexillóns e visitas guiadas á Illa de San Simón.
Co obxectivo de ofrecer alternativas de ocio diferente, durante as noites dos meses de xullo e agosto tamén organizamos festas a bordo do noso barco insignia Mar Vigo con servizo de comida e bebida e música.
Ademais dos servizos de tempada e os servizos permanentes, tamén alugamos embarcacións para diferentes eventos, congresos, vodas, presentacións de marcas, seguimento de regatas, cenas baile, excursións con grupos…e realizamos servicios especiais como o da Festa da Arribada ou os Fogos de Bouzas.
Fomos pioneiros na posta en marcha de servizos como as excursións pola Ría de Pontevedra con degustación de mexillóns. Os nosos barcos utilizáronse en diferentes ocasións para a rodaxe de películas, vídeos musicais, programas de televisión… O emblemático Illas Ficas foi o escenario da rodaxe da película “Os luns ao sol”, protagonizada polo actor gañador dun Oscar, Javier Bardem.