Consigue a túa autorización

Si tu destino es Islas Cíes o Isla de Ons, es necesario obtener una autorización de la Xunta de Galicia. Una vez disponga de su autorización podrá comprar el billete utilizando el código de la autorización.

Portos e Duración:

Desde Mar de Ons ofrecemos saídas con destino ás Illas Cíes desde os principais portos de saída: Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo e Portonovo. Na nosa web poderás consultar os horarios e portos dispoñibles. O traxecto dura unha hora desde Cangas (se fai escala en Vigo), aproximadamente 40 minutos desde Vigo, 35 minutos desde Baiona e ao redor dunha hora desde Sanxenxo e Portonovo.

Viaxa ás Illas Cíes con Mar de Ons e reserva o teu billete na nosa páxina web!

Autorización para visitar as Illas Cíes

As Illas Cíes son un lugar paradisíaco que, coa súa flora e fauna autóctonas, supoñerán un destino moi atractivo para a túa próxima escapada. É o lugar perfecto para practicar un turismo responsable, no que explorar espazos naturais lonxe das grandes urbes, conectar co esencial e volver á orixe. É por iso que, para preservar e protexer este Parque Nacional, é necesario pedir unha autorización da Xunta de Galicia para acceder ás Illas Cíes.

As Illas Cíes é un dos destinos máis visitados de Galicia, concretamente o segundo máis visitado despois da Catedral de Santiago.É por iso que che recomendamos que reserves con tempo o teu billete. Ofreceranche preciosas paisaxes, espectaculares miradoiros, roteiros de sendeirismo e a mellor praia do mundo, entre outras moitas cousas. Lembra consultar antes nosa guía das Illas Cíes para saber todo o necesario antes de emprender esta viaxe.

Portos e Duración:

Desde Mar de Ons ofrecemos saídas con destino á Illa de Ons desde os principais portos de saída, Vigo, Bueu, Sanxenxo, Portonovo, Combarro e Pontevedra. Na nosa web poderás consultar os horarios e portos dispoñibles. O traxecto dura un pouco máis dunha hora desde Vigo ou Pontevedra, aproximadamente 50 minutos desde Combarro e uns 40 minutos desde Sanxenxo, Portonovo ou Bueu.

Viaxa ás Illas Cíes con Mar de Ons e reserva o teu billete na nosa páxina web!

Autorización para visitar a Illa de Ons

Se queres viaxar a Isla de Ons deberás consultar antes na páxina web da Xunta a ocupación por día, xa que a illa ten limitación de visitas diaria. Nesa páxina indicaranche os pasos e poderás obter a autorización de visita para os días que sexa obrigatorio.

O uso desta autorización garante que se cumpra a cota de 1.300 persoas autorizadas que poden acceder diariamente á Illa de Ons, o que axuda a manter o equilibro nas visitas para evitar prexudicar o ecosistema.

A Illa de Ons é a segunda illa máis visitada do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. As súas praias virxes, os seus roteiros de sendeirismo, a súa paisaxe e as súas vistas impresionantes fan desta illa uno dos lugares imprescindibles na túa visita a Galicia.

Esta illa é o destino perfecto se es amante da natureza e queres gozar dun día neste espazo natural. Por iso, do mesmo xeito que para a visita ás Illas Cíes debes reservar con tempo o billete. Lembra consultar antes nosa guía de viaxes a Ons para saber todo o necesario antes de emprender esta viaxe.

Viaxa con Mar de Ons á Illa de Ons, reserva na nosa web e non te perdas este paraíso!

Na páxina web da Xunta podes reservar ata un total de 10 prazas por solicitude e debes indicar os datos de cada visitante que vaia a acceder á illa, especificando se serán campistas, visitantes ou veciños. Necesitarás rexistrar os nomes, apelidos, números de documentos de identificación, sexo e data de nacemento de cada pasaxeiro.

Esta autorización é persoal e totalmente intransferible, xa que ten un código de control, un QR, un número de autorización, a data e o nome e apelidos do visitante.

Unha vez obtiveses o código de autorización na páxina web da Xunta, chamado pre-reserva, proporcionaráseche un código provisional cunha validez de dúas horas. Este código necesitaralo para comprar o teu billete de barco na nosa web para o día que queiras realizar a visita ás Illas Cíes ou á Illa de Ons. A única forma de viaxar ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é en barco.

Tras realizar a compra do billete de embarque connosco, recibirás no teu correo a autorización definitiva para poder desembarcar nas Illas Cíes na data que decidises, ademais da confirmación da compra do billete con todos os datos da túa viaxe.

Non te esquezas de conservar esa autorización ata o día da túa viaxe, pois terás que presentala antes de embarcar ou ao chegar á illa. Así mesmo, recomendámosche que che achegues aos nosos despachos de billetes 30 minutos antes de que parta o barco para imprimir o teu billete de transporte marítimo, lembra que é necesario imprimilos nos nosos despachos de billetes para poder viaxar.

¡Viaja a la Isla de Tambo con Mar de Ons y reserva tu billete en nuestra página web!

Illa de Tambo

Se queres viaxar tanto ás Illas Cíes como á Illa de Ons deberás consultar antes na páxina web da Xunta a ocupación por día, xa que ambas as illas teñen unha limitación de visitas diaria. Nesa páxina indicaranche os pasos e poderás obter a autorización de visita para os días que sexa obrigatorio.

Esta normativa garante que se cumpra a cota de 1.800 persoas autorizadas que poden acceder diariamente ás Illas Cíes e de 1.300 persoas autorizadas que poden acceder, tamén diariamente, á Illa de Ons. Esta autorización axuda a manter o equilibro nas visitas para evitar prexudicar o ecosistema.

En canto a datas dispoñibles, poderás gozar do servizo regular de transporte marítimo en Semana Santa e de forma diaria desde o 15 de maio ata o 15 de setembro. Fóra desta época, en Mar de Ons ofrecémosche excursións guiadas en grupo e tamén poñemos á venda billetes para particulares que queiran coñecer este espazo natural protexido da man dos nosos guías. Por iso, é importante que se viaxas fóra do servizo regular, consultes a nosa web por se hai viaxes dispoñibles fose desa época máis estival.

¿Como pedir a autorización?

Como conseguir a autorización das Illas Cíes ou a Illa de Ons?
Deberás pedila en liña, a través da páxina de solicitude de autorizacións da Xunta de Galicia: autorizacionillasatlanticas.xunta.gal. Nesa páxina indicaranche os pasos e poderás obter a autorización de visita para os días que sexa obrigatorio. Deberás cubrir os datos da reserva, escollendo o día, os datos da persoa solicitante e das persoas visitantes e confirmar a petición de solicitude.
Como conseguir a autorización da Illa de Tambo?
Para acceder e visitar a Illa de Tambo, deberás contar ca autorización do Concello de Poio, mediante solicitude realizada a través da súa web municipal. Para a visita, ademais da autorización de acceso, deberás contar co billete de barco desde o porto de Combarro, que ofrecemos desde Mar de Ons, como navieira autorizada.
Cal é o aforo limitado de Cíes e Ons?
A cota é de 1.800 persoas autorizadas ao día para as Illas Cíes e de 1.300 persoas autorizadas ao día para a Illa de Ons.
Cal é o aforo limitado da Illa de Tambo?
Na Illa de Tambo as visitas regulares realízanse en grupos organizados de 50 persoas con guía acompañante, en catro quendas por día. En datas distintas ás visitas regulares, poderá autorizarse o acceso a asociacións e colectivos que o soliciten, organizadas en grupos de 50 persoas, que deberán contar con guía acompañante e seguro de responsabilidade civil para a actividade.
Por que medio recibirei a autorización definitiva?
Tras realizar a compra do billete de embarque connosco, recibirás no teu correo a autorización definitiva para poder desembarcar nas Illas Cíes ou a Illa de Ons na data que decidises, ademais da confirmación da compra do billete con todos os datos da túa viaxe.
A autorización das Cíes e Ons é nominativa?
Esta autorización é persoal e totalmente intransferible, xa que ten un código de control, un QR, un número de autorización, a data e o nome e apelidos cada visitante.
Cales son as datas dispoñibles?
Poderás obter ti mesmo a autorización para visitar as Illas Cíes ou a Illa de Ons en Semana Santa e, de forma diaria, desde o 15 de maio ata o 15 de setembro. No calendario de datas dispoñibles, que atoparás na web de autorizacións da Xunta de Galicia, aqueles días que están en cor verde son os que aínda teñen prazas dispoñibles, mentres que os que están marcados en cor vermella xa teñen a cota de prazas completo.
Cal é o máximo de prazas que podo reservar?
Na páxina web da Xunta podes reservar ata un total de 10 prazas por solicitude e debes indicar os datos de cada visitante que vaia a acceder á illa, especificando se serán campistas, visitantes ou veciños. Necesitarás rexistrar os nomes, apelidos, números de documentos de identificación, sexo e data de nacemento de cada pasaxeiro.
Que é a pre-reserva?
Un código de autorización provisional cunha validez de dúas horas, que che proporciona a páxina web da Xunta de Galicia. Este código necesitaralo para comprar o teu billete de barco na nosa web (www.mardeons.es) seleccionando o día e a hora no que queiras realizar a visita ás Illas Cíes ou á Illa de Ons.
Que debo facer cando me chegue a autorización?
Conservar esa autorización ata o día da túa viaxe, pois terás que presentala antes de embarcar ou ao chegar á illa. Así mesmo, recomendámosche que che achegues aos nosos despachos de billetes 30 minutos antes de que parta o barco para imprimir o teu billete de transporte marítimo, lembra que é necesario imprimilos nos nosos despachos de billetes para poder viaxar.

Non o perdas

Descubre o maior segredo das Rías Baixas