CONDICIÓNS XERAIS DE COMPRAVENDA DE BILLETES DE PASAXE E DO SERVIZO DE TRANSPORTE MARÍTIMO (EXCEPTO LIÑA CANGAS-VIGO)

Antes de comprar o seu/s billete/s debe saber que:

A persoa pasaxeira en tanto que portador de cada o billete* de barco manifesta coñecer e acepta expresamente as condicións xerais do transporte, e de maneira específica as condicións que se detallan no presente documento. A persoas pasaxeiras ou usuarias teñen á súa disposición na páxina www.mardeons.com e nos puntos autorizados as citadas condicións.
A persoa pasaxeira deberá portar o billete* de barco – en diante “billete*”- para viaxar.
A persoa pasaxeira deberá comprar e usar o billete* de barco conforme as presentes condicións.
RESERVA E COMPRA DO BILLETE*
BILLETE*: Existen DOUS tipos de billetes de barco válidos que te autorizan a facer a viaxe. Estes billetes son xerados e rexistrados a través do sistema de reservas:
O billete electrónico emitido en formato QR e o billete físico emitido nos puntos autorizados de Navieira Mar de Ons, S.L. en diante “Navieira”.
O servizo só será prestado previa adquisición do correspondente billete* -no seu caso con previa reserva-.
O billete en formato QR poderá presentarse a través de medios electrónicos (como móbil) ou impreso. De presentarse por medios electrónicos, deberás asegurarte de ter batería suficiente durante toda a viaxe. En caso de levalo impreso deberá conservarse en bo estado ata o final da viaxe para a súa correcta lectura.
O código QR de cada billete é único e permite o acceso ao barco unha soa vez.
Navieira Mar de Ons, S.L. non se responsabiliza de ningún problema causado polo duplicado ou venda ilegal deste billete. No caso de que aparezan copias duplicadas a Navieira resérvase o dereito de tomar as medidas que considere oportunas, incluíndo a denegación de acceso ao barco.
A Navieira non garante a súa autenticidade se non foi adquirido o billete* nos puntos autorizados de venda.
Todo billete* emendado, roto, sospeitoso de falsificación ou adquirido ilicitamente autorizará á Navieira para privar o acceso ao seu portador.
Sendo tamén aconsellable que a persoa pasaxeira o manteña protexido de factores como a exposición ao sol, as altas temperaturas ou os líquidos, xa que un billete* con signos de deterioración ou ilexible non garante a prestación do servizo.

Recomendamos que coides a impresión do teu billete en formato QR como o farías cun billete emitido nos nosos puntos autorizados.
As tarifas atópanse ao dispor da persoa pasaxeira na nosa páxina web www.mardeons.com e nos nosos puntos autorizados de información e venda. Para recoñecer a bonificación da tarifa por idade, terase en conta a que teña o viaxeiro no momento de realización da viaxe. Admitimos o pago con tarxeta bancaria.
Cancelación ou anulación de reservas: Unha vez realizada a reserva, non se admitirá a cancelación ou a anulación, nin será reembolsable, a non ser que se solicite cun mínimo de 14 días naturais antes da data do traxecto de ida e non fose previamente modificada. Esta solicitude deberá facerse por escrito dirixindo un correo electrónico á ao seguinte dirección enderezo: info@mardeons.com. No caso de que realizases a túa reserva electrónica poderás realizar a cancelación ou anulación directamente a través da canle xestiona a túa reserva. Se dispós dun billete físico emitido nos puntos autorizados de Navieira Mar de Ons, S.L., este non presentará signos de deterioración, deberá estar en perfecto estado e depositarse nos puntos de información da Navieira.
Modificacións ou cambios de reservas: Realizada a reserva non se admitirán variacións de hora nin data, agás que se soliciten cun mínimo de 5 días naturais antes da data do traxecto de ida e se soliciten para a tempada en curso. Esta solicitude deberá facerse por escrito dirixindo un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@mardeons.com e sempre que haxa prazas dispoñibles no momento de solicitar o cambio.
No caso de que realizases a túa reserva electrónica poderás realizar o cambio ou a modificación directamente a través da canle xestiona a túa reserva. Se dispós dun billete físico emitido nos puntos autorizados de Navieira Mar de Ons, S.L., este non presentará signos de deterioración, deberá estar en perfecto estado e depositarse nos puntos de información da Navieira.

A xestión e confirmación dunha reserva cando se produce un cambio ou modificación require un tempo mínimo de cinco días para ser completada e a Navieira non pode garantir o cambio para a mesma data ou a posterior inmediata a aquela en que se reciba a solicitude da persoa pasaxeira.
Se se solicita o aumento de número de persoas pasaxeiras, a Navieira poderá autorizalo sempre que existan pasaxes dispoñibles e en todo caso, haberá que completarse a solicitude no prazo e forma anteriormente indicados. Se se solicita a redución do número de persoas pasaxeiras, atenderase as disposicións que rexen en caso de “ punto 6. Cancelación ou anulación de reservas”
Cando se solicite un cambio de servizo ou de destino xa concertado, a Navieira aplicará as mesmas condicións que as expostas para as variacións de data e hora (punto 8 “Modificacións de reservas”).

Nos traxectos con destino ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia non se admitirán cambios de data, nin cancelación ou anulación de persoas pasaxeiras, excepto naqueles casos nos que se soliciten cun mínimo de 14 días naturais antes da data do traxecto de ida.
Non se admitirán cambios, modificacións nin serán reembolsables as reservas adquiridas con descontos ou prezos promocionais sobre a tarifa ordinaria.
Só será válido o billete* para o día e hora que se indica no mesmo. Fóra dese día e hora será nulo e carecerá de valor.
Só o persoal autorizado pola Navieira pode modificar o billete físico emitido nos puntos autorizados, noutro caso, será nulo e carecerá de valor.
Se perde ou extravía o billete físico emitido nos puntos autorizados, non presenta o billete electrónico en formato QR ou este é ilexible terá que adquirir un novo billete*
O billete* adquirido soamente confire o dereito para recibir o servizo de transporte marítimo, non inclúe aloxamento. Non contén tampouco prestación adicional algunha salvo que expresamente o contemple. A persoa pasaxeira, se desexa aloxarse no Parque Nacional ou calquera outro aloxamento, terá que tramitalo pola súa conta con anterioridade ao seu traslado.
Como medida de precaución, se no seu billete se inclúe servizo de subministración de comida e bebida a bordo, en caso de intolerancia, alerxia ou outros efectos adversos a determinados alimentos, recoméndase que se absteña de consumilos xa que o menú pode conter trazas de alérxenos. Poderá vostede consultar sobre se existe a dispoñibilidade dun menú sen trazas de alérxenos, con 3 días de antelación, enviando un correo electrónico á nosa dirección: info@mardeons.com e faremos o posible para ofrecerlle unha alternativa, se os nosos provedores poden dispensárnola, en función da dificultade aparellada á loxística e embarque de alimentos.
ACCESO E TRANSPORTE
Embarque: A persoa pasaxeira deberá estar a pé de barco, polo menos con 30 minutos de antelación á súa viaxe, tanto na ida como na volta e sempre deberá portar o billete*. A Navieira non fará chamadas ao embarque nin á persoa pasaxeira mediante altofalantes nin dispositivos equivalentes. A Navieira non se fai responsable se a persoa pasaxeira non está a pé de peirao á hora indicada e sen o seu correspondente billete*.
Salvo nos servizos con destino ao Parque Nacional, pola súa propia natureza, en xeral non será necesaria acreditación algunha, aínda que antes do embarque ou durante a viaxe, cando existan dúbidas razoables sobre a idade do neno ou nena, poderase solicitar ao adulto que acompañe o documento oficial que certifique a idade do menor. Así mesmo, no caso de tarifas con desconto por discapacidade, idade, as persoas pasaxeiras están obrigadas a presentar o seu DNI ou pasaporte, libro de familia, ou acreditación da discapacidade, cando así se lle solicite, antes de acceder ao barco, ou ben durante o seu percorrido.
A persoa pasaxeira deberá en todo momento seguir as indicacións do noso persoal de terra e cumprir as instrucións e ordes que a tripulación imparta durante o traxecto, especialmente aqueles avisos ou advertencias que se despachen en condicións de necesidade ou situacións extraordinarias.
O capitán terá a bordo a condición de autoridade pública e deberá cumprir e facer cumprir toda obrigación que legal ou regulamentariamente se lle impoña en razón do cargo de conformidade co artigo 176 da Lei 14/2014, do 24 de xullo, de Navegación Marítima, en especial a de manter a orde e a seguridade a bordo. Para ese efecto, o capitán poderá adoptar cantas medidas de policía estime necesarias para manter a orde no buque, así como para garantir a seguridade de cantos se atopen a bordo.
Nos traxectos de ida–volta, a Navieira cubrirá o servizo cun barco que cumpre a normativa vixente. Por razóns de loxística, os buques poden ser distintos e mesmo operados por outra compañía navieira. Deberán prestar atención ás instrucións do persoal de terra ou informarse previamente ante calquera dúbida. Infórmase de que poderán realizarse escalas intermedias sen aviso previo.
Outros servizos extraordinarios ou ocasionais tais como xiras, eventos ou excursións ofrecidas por esta entidade, poderán ser operados por outra compañía navieira.
O medio polo que se desenvolve o transporte marítimo é singular, suxeito entre outras, ás condicións meteorolóxicas e o tráfico marítimo existente tanto durante a travesía como nas operacións de atracada e desatraque, é por iso que a Navieira non pode garantir ás persoas viaxeiras un tempo de duración máxima da viaxe en ningunha das frecuencias. Os servizos da Navieira non dispoñen de garantía de ligazón con outros medios de transporte. Sabendo esta circunstancia, a persoa pasaxeira exime de calquera responsabilidade á entidade navieira para o caso de atraso na travesía e eventual perdas das ligazóns.
A Navieira, debido a causas meteorolóxicas ou de forza maior, por razóns técnicas, de operatividade loxística, por indicacións de organización e réxime interno, ten a facultade para facer variacións dos horarios anunciados e, mesmo, pospoñer, suspender ou proceder á cancelación da viaxe.
No caso de que o servizo de transporte marítimo non puidese prestarse, en ningún horario do día, por causas meteorolóxicas ou de forza maior, devolverase o prezo íntegro dos billetes.
Algunhas instalacións portuarias/interface, ante determinadas condicións de marea poden imposibilitar o uso de escada ou rampla e o embarque e desembarque de persoas con discapacidade, nese caso devolverase o prezo íntegro dos billetes.
EQUIPAXES
Equipaxe de man incluído no billete* e persoa pasaxeira: A persoa pasaxeira poderá levar unha mochila ou bolsa de man e unha maleta de tamaño mediano ou grande cun peso máximo de 23 kg e coas seguintes dimensións máximas: 71-81 x 43-51 x 26-30 cm (alto x ancho x profundidade.
A persoa pasaxeira manterá en todo momento controladas e baixo a súa responsabilidade as súas pertenzas. A Navieira non se fai responsable da equipaxe e pertenzas da persoa pasaxeira en caso de extravío, subtracción ou perda.
Esta empresa non realiza servizos de transporte de vehículos sexa cal for a súa modalidade, fóra daqueles que autoricen expresamente as condicións de transporte que regulen en concreto esta liña, información que ten a disposición na nosa páxina web.
O transporte de determinados elementos na equipaxe, está prohibido por razóns por seguridade e para minimizar calquera risco, en particular e sen ánimo exhaustivo atópase totalmente prohibido portar os seguintes no embarque:
  1. Armas, munición, fogos de artificio, fachos ou bengalas, explosivos, artigos de pirotecnia.
  2. Líquidos de combustión, disolventes, pinturas, líquidos inflamables talles como alcois, adhesivos, disolventes, gasóleos, bencenos, butanoles, metanoles.
  3. Substancias psicotrópicas ou estupefacientes.
  4. Gases combustibles, gases inflamables ou non inflamables, intensamente refrixerados ou velenosos, gases que ao mesturarse cun oxidante e cunha fonte de ignición preto poidan arder, gases para cámping, butano, osíxeno, e propano.
  5. Sistemas de alarma instalados en mochilas, maletíns, carteiras ou similares.
  6. Metais alcalino ou pos metálicos, explosivos insensibilizados, sólidos inflamables, como elementos con facilidade para a ignición, materiais suxeitos a combustión espontánea, material que emita gases inflamables se entra en contacto coa auga.
  7. Materiais oxidantes, eslamiada, perclorato, peróxidos, clorato.
  8. Substancias radioactivas. Prevense algunhas restricións para certos medicamentos, produtos de aseo, neve carbónica, botes de anhídrido carbónico para uso médico ou botellas de osíxeno.
  9. Calquera outro material, substancia ou compoñente similar aos anteriores que esta Navieira e o seu persoal autorizado entenda non apropiado para o seu transporte e así o determine antes de ou durante a travesía.
O persoal da Navieira, por seguridade, poderá proceder a efectuar controis de seguridade tanto da pasaxe como da equipaxe que porten antes de iniciar o embarque. No caso de que o persoal autorizado observe obxectos que pola súa natureza contraveñan estipular na anterior cláusula ou poidan resultar perigosos, poderá retiralos ou no seu caso impedir o acceso ao buque. Abstéñase de tentar embarcar con calquera obxecto que ofreza dúbidas sobre a súa seguridade ou a súa posible inclusión como obxecto non autorizado.
CANS GUÍA ou LAZARILLO, DE ASISTENCIA E MASCOTAS
Se vostede quere viaxar coa súa mascota lembre que, só poderán acompañar ao seu titular os cans de asistencia (cans guía e os cans de servizo) de conformidade co disposto na Lei 10/2003, do 26 de decembro, sobre o acceso á contorna das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia. Estes cans deben estar debidamente identificados. Ser recoñecido como can de asistencia (guía ou servizo) conleva a expedición dun distintivo de identificación oficial que portará o can de asistencia (chapa), un carné da unidade de vinculación (a formada polo usuario e o can) e o seu rexistro.
CONDICIÓNS DE ACCESO Ao PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA E Os ESPAZOS NATURAIS DA ILLA DE SAN SIMÓN E A ILLA DE TAMBO
Está prohibido que as persoas pasaxeiras que accedan ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e tamén ao Espazo Natural da Illa de San Simón e a Illa de Tambo vertan lixo, desperdicios ou calquera outro tipo de residuo sólido, en especial de produtos tóxicos ou perigosos. Polo que se aconsella que porten unha bolsa de lixo para os residuos que poidan producir. Nos espazos protexidos non hai contedores nin recollida de residuos polo que calquera desperdicio que orixine haberá de trasladalo de volta con vostede no seu traxecto de regreso, onde poderá depositala en contedores para o efecto.
Teña en conta que deberá axustarse á normativa específica para as visitas ao Parque Nacional, debendo coñecer a Lei 15/2002 de declaración do Parque Nacional, a lei 42/2007 de Patrimonio Natural e a Biodiversidade, o Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia, Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, así como calquera outra normativa concordante e sectorial de aplicación. Poderá ter acceso a toda a normativa nas seguintes ligazóns: https://www.miteco.gob.es/es/parques-nacionales-oapn/red-parques-nacionales.html ou as medidas preventivas a adoptar na Illa de Ons.
ATENCIÓN Á PERSOA PASAXEIRA Ou USUARIA
Poñemos á súa disposición follas de reclamación e suxerencias nos nosos puntos autorizados de información de NAVIEIRA MAR DE ONS, S.L. Tamén atenderemos as súas reclamacións e suxerencias no noso departamento de atención ao cliente en Rúa A Laxe, núm. 11 – Baixo 4, 36202 de Vigo (Pontevedra) - 986 22 52 72 ou de correo electrónico: info@mardeons.com
Esta empresa non se atopa adherida a unha entidade de resolución alternativa de litixios de consumo. Pode vostede, no seu caso, presentar a súa reclamación ante o Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC). https://consumo.xunta.gal/
Infórmase as persoas usuarias de que, sen prexuízo do establecido no artigo 9 da Lei 7/2017, do 2 de novembro, pola que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2013/11/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio de 2013, relativa á resolución alternativa de litixios en materia de consumo e con arranxo ao artigo 21.4 do Real Decreto lexislativo 1/2007 do 16 de novembro, poderán acudir a unha entidade de resolución alternativa notificada á Comisión Europea, de conformidade co previsto na lei pola que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2013/11/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio de 2013, relativa á resolución alternativa de litixios en materia de consumo https://ec.europa.eu/consumers/odr/main/index.cfm?event=main.home2.show&lng=ES