Viaxar á Illa de Ons

Praias na Illa de Ons

Se queres seguir a agasallar aos teus sentidos, podes completar a túa experiencia descansando e tomando o sol nunha das súas praias virxes. Ofreceranche a oportunidade de desfrutar da sensación de ser o primeiro en pisar a area da praia, aínda deserta e pasear durante horas oíndo só o eco das túas pisadas. Podes elixir entre cinco praias: Melide, As Dornas, Area dos Cans, Canexol e Pereiró.

Ler máis

Rutas de senderismo na Ilha de Ons

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o Parque Nacional é camiñando por algún dos sendeiros habilitados para o uso público. Só a través do contacto directo co espazo é posible apreciar na súa xusta medida os valores polos que se declarou Parque Nacional a este cachiño do Océano Atlántico.

Ler máis

Onde comer na Illa de Ons

A gastronomía típica de Ons é unha boa representación da gastronomía galega, caracterizada por utilizar produtos frescos do campo e do mar, e por ser cociñados de forma tradicional e artesanal.

Ler máis

Experiencias na Illa de Ons

¿Queres vivir grandes experiencias nun dos recunchos máis bonitos de Galicia? Recréate coa arte da natureza e as súas formas caprichosas, a luz entre as follas, o sol bañando doutra cor a paisaxe, a inconfundible esencia da súa gastronomía e os aromas da costa que alcanzan a montaña e se mesturan coa brisa.

Ler máis

Natureza na Illa de Ons

A orixe das illas Ons ao igual que o resto de illas do Parque Nacional, está relacionada intensamente coa orixe das rías e do relevo litoral do noroeste peninsular.

Ler máis

Historia da Illa de Ons

Os primeiros indicios de poboadores en Ons corresponden a asentamentos de cultura castrexa da Idade de Bronce. O máis coñecido, aínda sen escavar, está por riba do barrio de Canexol e se coñece como Castelo dos Mouros. A falta de prospección deste castro déixanos tamén sen rexistro da ocupación romana nas illas, pois adoitaban instalarse nos poboados célticos preexistentes. Idade moderna A Idade Moderna foi unha época de inestabilidade en Ons debido aos numerosos saqueos e asedios de piratas. A finais do século XVI comezou o asedio dos corsarios ingleses, o máis coñecido e temido polos seus foi Francis Drake, e tamén piratas turcos e berberiscos. Os saqueos e a queima de dependencias deste lugar terminaron coa fuxida á costa dos poboadores xa no século XVIII.

Ler máis

Guía do viaxeiro para a Illa de Ons

Mar de Ons pon a túa disposición a “Guía da Illa de Ons”, unha ferramenta imprescindible e de grande utilidade que che permitirá consultar calquera dúbida que poidas ter e atopar os mellores consellos para planificar a túa visita.

Ler máis

Barco a Ons – Horarios e Tarifas

Planifica a túa viaxe con tempo e consigue o mellor prezo para viaxar á Illa de Ons dende os portos de Vigo, Bueu, Sanxenxo e Portonovo. Só Mar de Ons che ofrece ata 22 saídas diarias que che permitirán organizar a túa viaxe como mellor se adapte aos teus desexos.

Ler máis

Descontos para grupos

A mellor maneira de viaxar xuntos e ao mellor prezo.

Ler máis