Viaxe no tempo na Arribada en Baiona

En barco á Arribada de 1493

Vive unha experiencia exclusiva, diferente e inesquecible chegando en barco á festa da Arribada en Baiona do mesmo modo que o fixo hai 522 años a tripulación da Carabela Pinta para anunciar o descubrimento do Novo Mundo. Mar de Ons ofréceche un amplo abanico de horarios, con saídas dende Vigo, Cangas e Panxón e regresos dende Baiona pola mañá, tarde e noite; para que poidas desfrutar plenamente desta festa tan especial e particular.

Desfruta desta experiencia trasladándote en barco dunha forma cómoda, rápida, segura e sen preocuparte polos colapsos de tráfico para acceder á vila pola estrada, o aparcamento, ou sen que unha copa de máis arruíne a túa festa. Con Mar de Ons non terás que renunciar a ningún dos espectáculos, xa que os nosos horarios se adaptan á programación destes eventos, durante os dous días de celebración desta festa.
Máis de 200.000 persoas visitan cada ano Baiona para vivir esta fantástica experiencia, polo que se recomenda reservar os billetes con varios días de antelación, xa que as prazas desta fantástica experiencia son limitadas.

Elixe o teu destino