Festa medieval en Baiona – Arribada

Recreación histórica, chegada en barco á Arribada

Cada primeira fin de semana de marzo, a Vila de Baiona celebra, cunha gran festa medieval, declarada de Interese Turístico Nacional, que foi o primeiro porto de Europa en recibir a nova do descubrimento de América. Durante dous días, a localidade recrea como foi este acontecemento e como era a vida da xente do lugar no ano 1493. E desde Mar de Ons queremos levarte en barco ata a Arribada en Baiona, para que disfrutes da festa como hai mais de 500 anos.

Durante a celebración da Festa da Arribada, o Casco Antigo de Baiona e os seus veciños se transforman, retrocedendo ata o ano 1493, para celebrar o aniversario do desembarco de Martín Alonso Pinzón, (navegante e explorador español, que navegou xunto con Cristóbal Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo, en 1492, como capitán da Carabela Pinta), cando anuncia o descubrimento das Américas, o acontecemento máis singular da historia de Baiona e un dos máis importantes da historia de España.

Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a nova do descubrimento de América e dende este municipio partiron os mensaxeiros para dar a coñecer aos Reis Católicos o éxito da misión comandada por Cristóbal Colón.
Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento de América construíuse unha réplica da embarcación na que arribaron, que permanece amarrada, para os visitantes, nun dos peiraos da vila. Desta maneira, o visitante pode contemplar a Carabela Pinta, tal e como chegou a Baiona no ano 1493, e revivir a xesta do descubrimento, contemplando as figuras que representan a tripulación e os indíxenas americanos, ademais de reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos achados no novo mundo.

Mercado medieval

Durante os dous días de celebración, os visitantes atoparán un gran mercado medieval con produtos gastronómicos e artesanais típicos da época, animado cun tropel de bufóns, truáns, mendigos, trobadores e outras personaxes diversas que infunden a este evento o característico bulicio medieval que fai que cada ano sexa visitado por decenas de miles de persoas de todos os puntos da Península.

Representación teatral: Arribada da Carabela Pinta

O acto central de todos os festexos que se celebran durante os dous días de festa é a representación da obra “Arribada da Carabela Pinta”, que ten lugar na praia Ribeira, a última hora da tarde. Veciños da vila representan con gran rigor histórico como foi a chegada da Pinta á Baía de Baiona e como se coñeceu, por primeira vez, a existencia de América.


Este drama histórico pretende revivir ao espectador o glorioso momento do retorno da Carabela Pinta á Baiona, acontecido o 1 de Marzo de 1493, tras a maior fazaña mariñeira de todos os tempos, o descubrimento de América.

Ler máis Ler menos

Ampla variedade de animacións

Durante os dous días que dura o festexo, as rúas do Casco Histórico acollen gran número de animacións entre as que destacan as olimpíadas medievais, o tiro con arco, o adestramento de cabaleiros ou esgrima.


Outro dos atractivos que máis destaca, e que cada ano atrae a máis xente, é o torneo medieval de cabaleiros que loitan polo corazón da princesa na praia de Ribeira. Pódese contemplar un torneo de xustas, tiro de venabres e derribo de estafermo, coa demostración de destreza de cabaleiros, escudeiros e alabardeiros.
Así mesmo, destacan as demostracións de cetrería con aves de presa como aguias e bufos, entroutos.

Ler máis Ler menos

Actividades para os máis cativos

A Festa da Arribada é unha celebración pensada para todos os públicos. Ven con toda a familia e desfruta cos teus fillos das actividades deseñadas especialmente para que tamén eles poidan desfrutar desta experiencia única e inesquecible.


Os máis cativos da casa tamén poderán desfrutar desta especial festa, con xogos medievais presentes en numerosos lugares do centro, entre os que destacan, entroutos, o carrusel medieval, o teatro de sombras, a carabela balancín ou as cucañas medievais.

Ler máis Ler menos

Museo de la navegación

Como novedad, a partir de este año la Arribada ofrece un nuevo punto de interés para el visitante, el Museo de la Navegación de Baiona, un espacio que muestra la vocación marinera de la villa a lo largo de la historia y en el que se puede contemplar material muy diverso, desde réplicas de antiguos navíos a piezas arqueológicas halladas en la bahía durante los trabajos de ampliación del puerto pesquero.

Instrumentos náuticos, mapas y documentos históricos completan la colección permanente, a la que recientemente se han incorporado las dos primeras lámparas del faro de Silleiro, donadas por la Autoridad Portuaria de Vigo.

El Museo de la Navegación contará además con un jardín trasero donde se construye un pequeño auditorio y un área de juegos infantil, en la que se instalará una réplica de la nao Santa María.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino