Descontos para grupos
Co obxectivo de crear unha oferta de ocio diferente, Mar de Ons propón unha serie de servizos especiais orientados a distintos grupos, ofrecendo unha gran variedade de actividades adaptadas a cada perfil e sendo a satisfacción dos nosos clientes a maior prioridade para nós.
Centros Escolares
Actividades lúdicas e educativas en contacto coa natureza. Mar de Ons ofrece aos centros escolares visitas didácticas e lúdicas co obxectivo de que os alumnos aprendan dun modo diferente e divertido e desfruten dunha viaxe inesquecible xunto aos seus profesores. Para iso o noso equipo de guías e monitores acompañaraos durante a viaxe realizando rutas personalizadas para cada grupo e organizando actividades que se adapten ás distintas idades e cursos.
Grupos – Viaxes para erasmus e universitarios
Organizamos a viaxe ideal para todos os vosos compañeiros e ao mellor prezo. Ten un momento de respiro das aulas e exames e organiza a túa excursión con nós en calquera dos destinos que che ofrecemos: as paradisíacas praias do Parque Nacional onde poderedes desfrutar do contacto coa natureza e de actividades de aventura ou as distintas opcións que che ofrece a ría de Vigo e o seu entorno.
Grupos – Viaxes para persoas maiores
Viaxade en grupo con Mar de Ons e beneficiádevos das nosas tarifas Sénior. Organiza a túa excursión con nós e non te preocupes de nada máis que de desfrutar de todos os destinos que che propoñemos da maneira máis sinxela e cómoda.
Grupos – Viaxes para asociacións
Planificámosvos a mellor excursión para que desfrutedes de todas as nosas actividades ao mellor prezo. Naviera mar de ons presenta ás asociacións a oferta máis completa para organizar as vosas excursións ás illas do parque nacional das illas atlánticas de galicia da forma máis cómoda e sinxela adaptándoas as necesidades e gustos de cada grupo.
Grupos – Asociacións de pais e nais
Desfrutade dunha agradable xornada en familia en calquera dos nosos destinos. En Mar de Ons encargámonos de organizar as vosas excursións e visitas en familia de principio a fin para que vos encargades só de desfrutar dunha fantástica xornada de convivencia cos vosos fillos.
Empresas e congresos
Mar de ons proponvos diferentes alternativas para organizar calquera dos vosos eventos profesionais. Desconecta da rutina e o estrés do día a día nun marco incomparable situado no corazón das rías baixas.