VIAXE VIGO – CANGAS

Descubre o municipio europeo con maior número de praias

» Incribles Praias

Cangas é o municipio europeo co maior número de praias. Ten case 40 praias urbanas e salvaxes de alto valor natural e paisaxístico, de area branca e fina, recoñecidas, na súa maioría, co prestixioso distintivo da Bandeira Azul.
Cangas do Morrazo é un lugar único, onde o mar e a montaña fúndense para o deleite dos sentidos. O seu extenso litoral, que asoma ás Rías de Vigo e Aldán, está formado por unha infinidade de areais que se adaptan aos gustos de ata o máis esixente dos viaxeiros.
As rutas son a mellor opción para afondar na historia deste pobo mariñeiro, percorrer as súas magníficas praias de augas cristalinas e area branca e fina, admirar o solpor cara ao Océano Atlántico.

Trátase do medio perfecto para aventureiros, amantes da natureza e xente curiosa con ganas de descubrir novos recunchos. Mar de Ons propón seguir os seguintes roteiros para gozar dunhas asombrosas vistas ao mar, atopar significativas obras de arte, unha estupenda gastronomía e coñecer preciosas paisaxes.

» Rutas de sendeirismo

» Excursións

Tanto Cangas como Vigo ofrecen unha ampla variedade de actividades que permiten desfrutar da natureza e descubrir as súas incomparables paisaxes dun modo único e inmellorable.
Estas actividades fan vivir experiencias inesquecibles ao visitante, xa sexa pola súa propia conta, ou guiado por monitores titulados e con ampla experiencia.
Tanto Cangas como Vigo ofrecen unha gastronomía de alta calidade con produtos frescos do mar, como peixes e mariscos, elaborados de forma natural e tradicional.

Ademais, ao longo do ano celébranse numerosas festas gastronómicas coas que gorentarán ata os padais máis exixentes. A gastronomía de Cangas do Morrazo está intimamente determinada polos recursos que proporciona o seu territorio, destacando os peixes e mariscos que se pescan nas súas costas.

» Gastronomía

» Historia de Vigo e Cangas

A historia de Vigo e de Cangas sempre estivo moi ligada ao mar. En Vigo destacan os restos da cultura castrexa no Monte do Castro e en Cangas destaca o Monte Facho, un poboado fortificado na Idade de Ferro.
Desde o século X a. C. ata o século VI hai constancia da existencia dun poboado fortificado na Idade do Ferro no monte O Facho. Posteriormente, no século VII a. C. en este mesmo lugar xorde o castro fortificado, que se mantivo no lugar ata que no século II constrúese un santuario romano de adoración ao deus galaico Berobreo.
Atrévete a descubrir a calidade dos seus espazos naturais. Atoparás unha gran diversidade de flora, fauna e espectaculares paisaxes, nas que destacan os ecosistemas dunares de Cangas que son os máis importantes das Rías Baixas, dunha riquísima diversidade biolóxica e vexetal.
En Cangas poderás gozar da natureza en todo o seu explendor, desde o Monte San Roque, o Espazo natural Punta Balea, a Lagoa de Congorza, Cabo Home e moitos máis paraxes por explorar.

» Natureza

» Festas

Se buscas unha festa popular en Vigo custarache elixir porque hai para todos os gustos. Festas de tipo popular, mariñeiras, ou centenarias, como a Reconquista.
Cangas do Morrazo conta tamén cun amplo abanico de celebracións e festas, que atraen a miles de persoas chegadas dende toda España para desfrutar de eventos únicos.
Descubre a beleza dos escenarios nos que se desenvolve esta experiencia a través da nosa galería fotográfica.
Achégate á Ría de Vigo coa nosa galería de fotografías e descubre as marabillas de Vigo e Cangas, as súas paisaxes marítimas, as súas praias espectaculares e as súas tradicións.

» Galería fotográfica

» Transporte metropolitano

Desde o pasado 27 de abril de 2015, o Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo permite aos usuarios do servizo de transporte marítimo entre Vigo e Cangas viaxar en barco entre ambas as localidades por tan só 1,52 euros.

O dispositivo de pago que permite obter esta tarifa no prezo do billete é a Tarxeta TMG, unha tarxeta-moedeiro que non ten carácter persoal e poderá utilizarse indistintamente por calquera persoa.
O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).