Xira pola ría de Pontevedra:
“A ruta dos mexillóns”

Mar de Ons ofréceche a posibilidade de navegar durante unha hora e media pola ría de Pontevedra e gozar dunha incrible vista panorámica de toda a ría e da Illa de Ons.
Nesta travesía navegaremos preto da praia de Aguete, a Escola Naval Militar de Marín, a Illa de Tambo, Combarro e Raxó. Ademais, poderás degustar a bordo un dos produtos estrela da nosa terra: o mexillón. Grazas a este manxar descubrirás o auténtico sabor do mar!

Experiencia única pola ría de Pontevedra

Dende Mar de Ons invitámoste a presenciar este fantástico paseo marítimo pola ría de Pontevedra no que nos aproximaremos ás bateas, tan coñecidas en Galicia e pouco comúns noutras zonas. Tamén poderás coñecer o proceso do cultivo do mexillón, pois a ruta será guiada por unha persoa especializada que coñece de preto estes bivalvos.

Degusta este exquisito molusco acompañado de viño da terra, auga ou refrescos e goza connosco dunha das rutas marítimas máis típicas das Rías Baixas. Déixate sorprender polas impresionantes vistas da ruta mentres catas produtos tradicionais da mellor calidade.

Ademais, terás a posibilidade de observar os fondos mariños e un grupo tradicional de gaitas amenizará o percorrido. Sen dúbida, é a mellor opción se queres coñecer un pouco máis da nosa terra e das súas tradicións. Esta xira pola ría sorprende tanto aos turistas coma aos paisanos, xa que é unha experiencia única e diferente, sempre hai algo novo por descubrir!

Algunhas zonas que se visitan son, na actualidade, de interese nacional. Por exemplo, Combarro, considerado un dos pobos máis bonitos de Galicia, cos seus tradicionais hórreos na beira da ría de Pontevedra. Unha estampa fermosa para contemplar mentres se navega.

En verán, saímos tódolos días dende o porto de Sanxenxo e dende o porto de Portonovo. ¡Consulta os nosos horarios e a dispoñibilidade e reserva xa!

Se buscas outras experiencias especiais, non te perdas unha noite diferente gozando das Lágrimas de San Lourenzo ou dos célebres Fogos de Bouzas a bordo. Ante calquera dúbida, non o penses e contacta connosco.