Rutas de senderismo nas Illas Cíes

Ruta Monte Faro

Trátase da ruta máis emblemática e máis longa de todas as que se ofrecen. Cunha lonxitude de 7,5 quilómetros e dificultade media, parte do peirao de Rodas e transcorre, na maior parte, pola Illa do Faro, subindo ata o Faro de Cíes. Esta ruta permite contemplar as espectaculares vistas panorámicas dende os seus dos miradoiros, ademais dos sistemas dunares, o Lago dos Nenos, o Centro de Interpretación da Natureza ou o Observatorio de Aves. 

Características da ruta

Lonxitude: 7,4 km (ida e volta)

Duración: 2h 30 min (ida e volta)

Dificultade: media

Tipo: ida e volta

Ler máis Ler menos

Ruta Alto do Príncipe

Esta ruta transcorre na súa totalidade pola Illa de Monteagudo, por unha superficie de arboredo que permite que a maior parte do camiño se realice pola sombra. Cunha lonxitude de tan só 3,5 quilómetros, é a ruta máis curta e permite desfrutar das marabillosas vistas e do contraste das dúas vertentes da illa dende o Alto do Príncipe. Ademais, durante o seu percorrido pódense atopar outros puntos de gran interese como o complexo dunar Figueiras Muxieiro, os restos do Antigo Cuncheiro ou a singular formación rochosa da Cadeira da Raíña.

Características da ruta

Lonxitude: 3 km (ida e volta)

Duración: 1h 15 min (ida e volta)

Dificultade: baixa

Tipo: ida e volta

Ler máis Ler menos

Ruta do faro da porta

Ruta de o Monteagudo

A Ruta do Monteagudo destaca por ofrecer unhas espectaculares vistas da ría dende o Faro do Peito. Dende este punto pódense albiscar o arquipélago de Ons, Cabo Home, O Monte Facho e Costa da Vela. Ao longo dos seus 5,6 quilómetros pódense contemplar tamén os restos do Antigo Cuncheiro, a Praia de Figueiras, o Observatorio de Aves, o Faro do Peito ou a Furna de Monteagudo.

Características da ruta

Lonxitude: 5,6 km (ida e volta)

Duración: 1h 45 min (ida e volta)

Dificultade: baixa

Tipo: ida e volta

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino