Reserva os teus billetes ás Illas Cíes

Reserva os teus billetes ás Illas Cíes

Reserva os teus billetes de barco para as Illas Cíes con Mar de Ons.

Consulta os nosos horarios e tarifas para ir ás Illas Cíes e prepara a túa viaxe ás marabillosas illas da ría de Vigo.

Ademais, se está interesado en acampar nas Illas Cíes, podes realizar a reserva de barco e de acampada con antelación e de forma conxunta, pois as prazas son limitadas.

Para pasar a noite nas Illas Cíes, hai que tramitar a reserva do campismo por Internet en www.campingislascies.com e a reserva do barco en www.mardeons.com.

Unha vez reservado o campismo e o billete de barco, os campistas que desexen viaxar dende Vigo deberán trocar o resgardo da súa reserva do cámping online pola tarxeta de acampada na oficina do campismo situada na Estación Marítima en Vigo.

Se viaxas dende Cangas ou Baiona, trocarán a tarxeta de acampada directamente na recepción do Campismo.