ILLAS CÍES
Descubre o incrible Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas
O billete para o destino dos teus soños
AVISO IMPORTANTE
SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).
Un dos lugares máis visitados de Galicia son as Illas Cíes. En calquera guía de viaxes nacional e internacional, unha recomendación de obrigado cumprimento para aqueles que visitan Vigo e as Rías Baixas é mercar billetes para as Illas Cíes, unha auténtica paraxe natural coñecida polas súas praias de auga cristalina e area branca rodeadas de natureza.
Durante os meses de verán, as illas teñen a súa cota completa con visitas moi limitadas. Por iso, é recomendable reservar con polo menos con 30 días de antelación á data en que se teña previsto realizar a visita.
» Queres saber como chegar a Cíes?
Pódese acceder ás Illas Cíes desde Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo ou Portonovo previa reserva de billetes, gozando dunha travesía mirando cara ao Atlántico. A aventura comeza desde o barco, pero ao pisar terra atopámonos con numerosas actividades e excursións para gozar do paraíso natural máis recoñecido de Galicia, as Illas Cíes.
Visitar Illas Cíes é visitar a contorna natural máis singular de Galicia, cunha flora e fauna únicas. Ademais, para descubrir a súa peculiar natureza, hai nas Illas Cíes varias rutas que che levarán a observar a fin do mar desde o alto dos seus miradoiros e sentir o aire fresco do océano.
Cando visitas Galicia é obrigatorio visitar as Illas Cíes, xa que estas forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e é unha contorna única cunha espectacular fauna, onde as gaivotas serán as túas compañeiras en cada paso da túa excursión.
É preciso que realices unha reserva para visitar as Illas Cíes. A vista desde Vigo das Cíes debuxa unha illa paradisíaca, pero a esa distancia non é imaxinable o que alí se agocha: unha paisaxe idílica con praias de area branca, auga cristalina e un famoso microclima que permite ao viaxeiro gozar tanto da praia como de camiñadas ata o alto das montañas.
En Cíes podes sentir a sensación de paraíso mentres gozas dunha posta de sol única se tes a posibilidade de facer noite na illa. Para iso, antes de comprar os teus billetes para visitar Illas Cíes debes tamén reservar o cámping de Cíes.
» Incribles Praias
As Illas Cíes contan con nove praias de fina area branca e augas cristalinas que permiten desfrutar da tranquilidade e beleza das súas paisaxes.
A mellor forma de coñecer as Illas Cíes en todo o seu esplendor é percorrendo algunha das catro rutas habilitadas nas illas de Monteagudo e Faro.
» Rutas de sendeirismo
» Excursións
Bota a áncora en Illas Cíes, atrapa os ventos favorables, camiña na natureza, visita covas mariñas, descubre os fondos mariños ou baixa ao centro da terra. Vive a aventura e desfruta da riqueza natural que te rodea.
As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002.
» Natureza
» Historia das Cíes
“Insulae Deorum” (Illas dos Deuses), así é como os romanos chamaron as Illas Cíes. O ceo na terra? Se non o é, achégaselle bastante.
Pasar a noite nas Illas Cíes é o modo perfecto de desfrutar dunha experiencia única e inesquecible: os crepúsculos e postas de sol dende os seus espectaculares miradoiros.
O único aloxamento que existe é o Cámping Illas Cíes, un cámping de 2ª categoría que ten ademais o distintivo de Cámping Verde por cumprir cos requisitos medioambientais e de xestión e promoción certificados a través da normativa UNE-EN ISO 14001.
» Aloxamento na illa
» Guía do viaxeiro
Descarga a nosa guía especializada das Illas Cíes, unha ferramenta imprescindible para a túa viaxe, que che proporcionará toda a información necesaria.
Sen dúbida é o compañeiro de viaxe ideal para consultar calquera dúbida que se che poida presentar antes e durante a túa viaxe ás Illas Cíes. Descubre todo o que debes saber para preparar a túa viaxe e gozala ó máximo.
Descubre a beleza natural das Illas Cíes a través da nosa galería fotográfica.
Descubre a nosa galería de fotografías das Illas Cíes e coñece a través das nosas imaxes a natureza, a fauna, as praias e as paisaxes destas illas únicas no mundo.
» Galería fotográfica
NON ESPERES MÁIS...