Natureza nas Illas Cíes

Espazo Natural Protexido

O arquipélago das Illas Cíes é un espazo natural que conta con numerosos sistemas de protección, entre os que destaca a súa inclusión dentro da Rede de Parques Nacionais. Unha das principais medidas que se adoptan para garantir a súa conservación é a restrición do número de visitantes diarios.

No ano 1980, as Illas Cíes foron declaradas Parque Natural co obxectivo de preservar, conservar e rexenerar este espazo natural, promovendo o seu coñecemento e posibilitando un uso público compatible coa conservación da natureza.

Posteriormente, no ano 2002, créase o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes que son Cíes, OnsSálvora e Cortegada.

Ler máis Ler menos

Clima Mediterráneo

clima das Illas Cíes é especialmente particular. Apréciase, ao igual que no resto de illas que forman parte do Parque Nacional, un clima mediterráneo subhúmido de transición atlántica, o que implica unha redución considerable das precipitacións con relación á costa e temperaturas lixeiramente superiores.

Flora Terrestre Endémica

A flora das illas presenta un aspecto moi arborado, no que predominan entroutas especies, o pino e o eucalipto, pero conta tamén con especies endémicas que só se atopan neste medio como a Herba de Namorar ou a Camariña.

Entre os arbustos predomina o toxo, a xara, o torrisco e a silveira. Nos terreos máis protexidos, o toxo adquire un gran tamaño ao servir de barreira para as colonias de aves mariñas.

Pero como se adiantaba, de todas as plantas das illas, as máis importantes e de maior valor ecolóxico son as que aparecen en dunas e acantilados, xa que son as plantas que só se dan neste medio, escasas e endémicas. Entre todas elas, destacan a armeria ou herba de namorar, empregada antigamente para realizar beberaxes máxicas relacionadas co amor e a fertilidade, e a camariña, un arbusto que dá uns pequenos froitos comestibles.

 

Ler máis Ler menos

Fauna Terrestre Singular

As Illas Cíes posúen unha fauna terrestre moi particular. Neste arquipélago ten o seu hábitat o corvo mariño moñudo, sen dúbida, unha das especies máis singulares das que se poden atopar no entorno e un dos exemplos máis espectaculares de adaptación ao medio mariño que existe na natureza. Esta ave convive no arquipélago coa colonia máis grande do mundo de gaivotas patiamarillas e con outras especies como as gaivotas sombrías, os araos ibéricos ou os paíños comúns.

Ademais das aves que se reproducen no parque, ao longo do ano é frecuente a presenza doutras aves mariñas e acuáticas que fan uso do parque durante os seus períodos migratorios e hibernantes como o falcón peregrino ou o azor.

 

Ler máis Ler menos

O Medio Mariño

O medio mariño representa aproximadamente o 85% do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A zona submarina que rodea as Illas Cíes forma un dos ecosistemas máis ricos da costa galega e conta cun importante bosque de algas pardas e corais.

Nos acantilados, expostos ás fortes ondas, críanse percebes e mexillóns. Na súa parte submarina, moi pedregosa, pódense atopar nécoras, centolas, lumbrigantes e polbos. Nas praias das zonas máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como rodaballos, sollas e linguados. As zonas rochosas pero protexidas do interior das illas están poboadas por verdadeiros bosques de anémonas e numerosos ourizos de mar.

Tamén podemos atopar outras especies que habitan baixo as augas do Parque Nacional como por exemplo sargos, londras ou estrelas de mar.

Habitualmente as augas que rodean as Cíes son visitadas por delfíns, baleas e tartarugas mariñas.

 

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino