ILLAS CÍES

Descubre o incrible Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas

O billete para o destino dos teus soños

- +
- -
- +

AVISO IMPORTANTE

SE VAS VIAXAR ÁS ILLAS CÍES OU Á ILLA DE ONS EN SEMANA SANTA E A PARTIR DO 15 DE MAIO (EXCEPTO CAMPISTAS), antes da compra do billete, debes obter a autorización solicitada pola Xunta de Galicia, na que che facilitarán o código pre-reserva (necesario para adquirir o billete do barco).

Un dos lugares máis visitados de Galicia son as Illas Cíes. En calquera guía de viaxes nacional e internacional, unha recomendación de obrigado cumprimento para aqueles que visitan Vigo e as Rías Baixas é mercar billetes para as Illas Cíes, unha auténtica paraxe natural coñecida polas súas praias de auga cristalina e area branca rodeadas de natureza.

Durante os meses de verán, as illas teñen a súa cota completa con visitas moi limitadas. Por iso, é recomendable reservar con polo menos con 30 días de antelación á data en que se teña previsto realizar a visita.

» Queres saber como chegar a Cíes?

 

Pódese acceder ás Illas Cíes desde Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo ou Portonovo previa reserva de billetes, gozando dunha travesía mirando cara ao Atlántico. A aventura comeza desde o barco, pero ao pisar terra atopámonos con numerosas actividades e excursións para gozar do paraíso natural máis recoñecido de Galicia, as Illas Cíes.

Visitar Illas Cíes é visitar a contorna natural máis singular de Galicia, cunha flora e fauna únicas. Ademais, para descubrir a súa peculiar natureza, hai nas Illas Cíes varias rutas que che levarán a observar a fin do mar desde o alto dos seus miradoiros e sentir o aire fresco do océano.

Cando visitas Galicia é obrigatorio visitar as Illas Cíes, xa que estas forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e é unha contorna única cunha espectacular fauna, onde as gaivotas serán as túas compañeiras en cada paso da túa excursión.

É preciso que realices unha reserva para visitar as Illas Cíes. A vista desde Vigo das Cíes debuxa unha illa paradisíaca, pero a esa distancia non é imaxinable o que alí se agocha: unha paisaxe idílica con praias de area branca, auga cristalina e un famoso microclima que permite ao viaxeiro gozar tanto da praia como de camiñadas ata o alto das montañas.

En Cíes podes sentir a sensación de paraíso mentres gozas dunha posta de sol única se tes a posibilidade de facer noite na illa. Para iso, antes de comprar os teus billetes para visitar Illas Cíes debes tamén reservar o cámping de Cíes.

» Incribles Praias

As Illas Cíes contan con nove praias de fina area branca e augas cristalinas que permiten desfrutar da tranquilidade e beleza das súas paisaxes.

Trátase de auténticas paraxes naturais en estado puro, onde o viaxeiro poderá illarse do mundo nun marco incomparable. Rodas, Figueiras e San Martiño son as praias máis grandes, pero existen numerosas calas como as de Areíña, Bolos, Cantareira, Margaridas, Muxieiro e Nosa Señora de Carracido, nas que poder perderse entre a natureza.

A mellor forma de coñecer as Illas Cíes en todo o seu esplendor é percorrendo algunha das catro rutas habilitadas nas illas de Monteagudo e Faro.

Só integrándose co entorno é posible apreciar a súa flora e fauna, os sistemas dunares, os observatorios de aves ou as marabillosas vistas dende os acantilados. Son especialmente recomendables a ruta do Faro, con dous espectaculares miradoiros, e a ruta do Alto do Príncipe.

» Rutas de sendeirismo

» Excursións

Bota a áncora en Illas Cíes, atrapa os ventos favorables, camiña na natureza, visita covas mariñas, descubre os fondos mariños ou baixa ao centro da terra. Vive a aventura e desfruta da riqueza natural que te rodea.

En Mar de Ons atopas experiencias orixinais para agasallar, ou ser ti mesmo quen as desfrute. Propómosche unha serie de alternativas para coñecer este paraíso natural da maneira máis aventureira e exclusiva posible.

As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002.

Trátase dun entorno altamente protexido ao que só se pode acceder en barco, e con visitas diarias limitadas. Ademais das súas incribles praias, outros dos principais atractivos que ofrecen son a súa gran riqueza natural, a súa flora e a súa fauna.

» Natureza

» Historia das Cíes

“Insulae Deorum” (Illas dos Deuses), así é como os romanos chamaron as Illas Cíes. O ceo na terra? Se non o é, achégaselle bastante.

Cando as coñezas, deseguida comprenderás o porqué. Séculos máis tarde seguen sendo un paraíso idílico e o segundo destino turístico con maior afluencia de Galicia, tras a catedral de Santiago de Compostela.

Pasar a noite nas Illas Cíes é o modo perfecto de desfrutar dunha experiencia única e inesquecible: os crepúsculos e postas de sol dende os seus espectaculares miradoiros.

O único aloxamento que existe é o Cámping Illas Cíes, un cámping de 2ª categoría que ten ademais o distintivo de Cámping Verde por cumprir cos requisitos medioambientais e de xestión e promoción certificados a través da normativa UNE-EN ISO 14001.

» Aloxamento na illa

» Guía do viaxeiro

Descarga a nosa guía especializada das Illas Cíes, unha ferramenta imprescindible para a túa viaxe, que che proporcionará toda a información necesaria.

Sen dúbida é o compañeiro de viaxe ideal para consultar calquera dúbida que se che poida presentar antes e durante a túa viaxe ás Illas Cíes. Descubre todo o que debes saber para preparar a túa viaxe e gozala ó máximo.

Descubre a beleza natural das Illas Cíes a través da nosa galería fotográfica.

Descubre a nosa galería de fotografías das Illas Cíes e coñece a través das nosas imaxes a natureza, a fauna, as praias e as paisaxes destas illas únicas no mundo.

» Galería fotográfica

NON ESPERES MÁIS...

RESERVA XA O TEU BILLETE