Historia das Illas Cíes

Prehistoria

As Illas Cíes foron territorio de paso do home do Paleolítico, Mesolítico e Neolítico pero non chegou a constituírse un asentamento ata a Idade de Bronce. Atopáranse útiles desta época, atribuíbles ao Mesolítico (hai uns 10.000 anos), pero aínda non se atoparon restos das etapas prehistóricas posteriores (Neolítico e Calcolítico). Da Idade de Bronce destaca o poboado castrexo de “As Hortas” situado na ladeira occidental do Monte Faro e outras referencias a estruturas similares no Alto da Campá, aínda sen verificar.

“As Hortas” é un poboado de tipo castrexo-romano así clasificado polas estruturas e restos atopados. Este espazo posúe unha serie de abrigos naturais dos que cabe destacar o coñecido como “Altar Druídico”, que moitos interpretaron como ara de sacrificios en honor a deuses.

Ler máis Ler menos

Idade Antiga

Nas Illas Cíes ou “Illas dos Deuses”, como as denominaron os romanos, existen claras evidencias do paso desta civilización. Os restos romanos similares ao poboado de “As Hortas” atopados na Illas Sur, xunto coas cerámicas e ata un anel de ouro que data do século II d.c., suxiren que, nesas illas, as que Plinio denominou Illas Siccas, existiu tamén un asentamento ou posto de vixilancia para as naves mercantes, aínda sen confirmar.

Neste paraíso natural sitúase tamén a lenda de Xulio Cesar que loitou contra os Herminios refuxiados nestas terras. Porén, o invencible xeral foi incapaz de dobregar polas armas a bravura deste pobo e non lle quedou máis solución que a rendición polo asedio e a fame.

Ler máis Ler menos

Idade Media

Durante la Edad Media se instalaron en las Islas Cíes dos conventos eremitorios: San Estevo, en la Isla del Medio, y San Martiño, en la Isla Sur.

En el año 899, el rey Alfonso III donó las Islas a la Iglesia y los monjes que allí se instalaron ejercieron funciones de control y administración sobre la pequeña población que congregaron. Los conventos son transferidos a la Orden Benedictina, en el año 1152, y a los Franciscanos, en el año 1377. Estas nuevas comunidades religiosas permanecieron en las islas hasta la mitad del siglo XVI.

Entre los siglos XVI y XVII, los conflictos internos de la Iglesia y los continuos ataques de piratas provocaron el abandono de las Islas Cíes por parte del clero.

Ler máis Ler menos

Idade Moderna

Durante esta época, as Illas Cíes foron utilizadas como caladoiro ou refuxio para barcos estranxeiros. Estas novas invasións de turcos, tunesinos e ingleses respectaron en gran medida aos illeiros, salvo no caso do famoso pirata Francis Drake que se asañou coa Ría de Vigo e arrasou as Cíes.

No ano 1702 produciuse nesta Ría a famosa Batalla de Rande entre as escuadras franco-española e anglo-holandesa que, tras a vitoria desta última, deixou lendas sobre tesouros encerrados nos navíos españois afundidos nas augas destas illas.

Ler máis Ler menos

Idade Contemporánea

Actualmente as Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas. Trátase do segundo destino turístico con maior afluencia da Comunidade, tras a catedral de Santiago de Compostela.

Ata mediados do século XX, as Illas Cíes estiveron habitadas por bastantes familias que as foron abandonando paulatinamente, debido aos escasos medios e recursos dos que dispoñían neste entorno.

Nas últimas décadas, as visitas turísticas fóronse incrementando gradualmente e, na actualidade, converteuse no segundo destino turístico de Galicia, despois da Catedral de Santiago de Compostela.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino