Experiencias nas illas Cíes

Mar de Ons ofréceche un amplo abanico de experiencias para coñecer este paraíso natural da maneira máis aventureira e exclusiva posible. Desfrútaas ti mesmo ou agasalla con elas a quen queiras.

Rutas guiadas oficiais

Descubre os atractivos deste paraíso natural da man dun guía especializado, a través de catro rutas oficiais deseñadas por Parques Nacionais. Esta experiencia ofréceche a posibilidade de descubrir, admirar e desfrutar as peculiaridades deste impresionante paraíso natural que forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002.

Un guía especializado acompañarate durante todo o transcurso da ruta para darche a coñecer de primeira man a súa historia, súas praias, súas impresionantes vistas,…

Recorrendo o interior das Illas Cíes, comprenderás por que é o segundo destino máis visitado de Galicia e coñecerás a praia más bonita do mundo.

ITINERARIOS

RUTA MONTE FARO

A ruta de Monte Faro ofrece unha das vistas máis espectaculares da Ría de Vigo. Trátase dun dos percorridos máis longos pero é o máis popular.

Esta ruta permite visitar os seguintes lugares:

  • A Pedra da Campá, curiosa formación xeolóxica perforada polos ventos atlánticos cargados de salitre.
  • O Observatorio de aves, dende o que poderás contemplar as miles de gaivotas patiamarillas que aniñan nos acantilados e incluso algún grupo de corvos mariños moñudos que se decantan polas zonas máis próximas ao mar para establecer os seus niños. Tamén desfrutarás dunhas impresionantes vistas do Lago e da praia de Rodas.

RUTA FARO DA PORTA

ruta do Faro da Porta propón un percorrido pola costa máis meridional da illa do Faro. Menos coñecida e transitada que a ruta do Monte Faro, este sendeiro natural permite unha visión das illas máis próxima ao mar.

Durante o percorrido, desfrutarás das vistas panorámicas sobre a illa de San Martiño, a máis meridional do arquipélago e a única que non está comunicada con barcos de liña regular.

 RUTA ALTO DO PRÍNCIPE

ruta do Alto do Príncipe propón un sendeiro natural de ascenso ao alto de Monte Agudo. É a ruta máis curta e fácil de acometer sen perder nada da beleza do arquipélago.

A través desta ruta poderás visitar os seguintes lugares:

  • A cadeira da Raíña, una famosa formación rochosa caprichosamente esculpida polos elementos naturais. Dende alí desfrutarás dunhas impresionantes vistas dos acantilados da costa oeste do arquipélago.
  • O Alto do Príncipe é o punto máis importante da ruta e nel destaca o contraste de xeografía e vexetación das dúas vertentes das illas. Ademais, trátase do lugar ideal para observar a numerosa colonia de gaivotas patiamarillas que aniñan nos acantilados.

RUTA DE MONTEAGUDO

ruta de Monteagudo é un paseo natural entre os bosques das Illas Cíes. Trátase dun recorrido curto que se realiza en gran parte por zona de arboredo, polo que a andaina resulta agradable, a pesar da súa pendente e do irregular do terreo nalgúns puntos.

Esta ruta permite visitar o Observatorio de Aves, dende onde tamén se obtén unha boa panorámica das Illas Cíes e a veciña costa do Morrazo; e o Faro do Peito é o punto das Cíes máis preto do continente, a apenas 2 km e medio de cabo Home. Dende alí se aprecia a illa de Ons, na entrada da ría de Pontevedra

RECOMENDACIÓNS

Para realizar estas rutas é aconsellable levar roupa e calzado cómodo, así como auga e crema de protección solar, xa que nas Illas Cíes a calor e os raios de sol son moi intensos durante a temporada estival.

Recomendámosche descargar a nosa guía do viaxeiro para acceder a toda a información necesaria e non deixar nada atrás.

Ler máis Ler menos

Starlight

Mar de Ons achégate ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas para que poidas vivir unha experiencia diferente e única nun marabilloso espazo natural certificado dende o pasado mes de xaneiro, un dos catorce enclaves do mundo con certificado de ‘Destino Turístico Starlight’.

O Parque Nacional recibiu este recoñecemento polas súas excelentes calidades para a observación de estrelas ao ofrecer aos visitantes a posibilidade de observar as estrelas e fenómenos astrolóxicos nun ceo libre de contaminación luminosa.

Viaxa connosco e poderás desfrutar da gran variedade de actividades que o parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas acollerá este ano como:

  • Navegación e rutas nocturnas teatrais vinculadas aos sons da noite e aos animais e ávida nocturna do parque.
  • Percorridos e obradoiros fotográficos polos distintos arquipélagos do parque.
  • Actividades educativas de observación astronómica, en colaboración coas universidades de Santiago e Vigo.
  • Contacontos e outras actividades lúdicas para os cativos nos centros de interpretación das illas tanto de Vigo, como de Vilagarcía, Ribeira e Bueu.
  • Rutas guiadas para todos os públicos nas que un guía dará explicacións sobre astronomía e outros fenómenos, e será posible a opción de pasar a noite nas illas ou ben nun barco fondeado.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino