Aloxamento nas Illas Cíes – Camping

Zona de Acampada

O Cámping Illas Cíes ofrece aos visitantes unha ampla variedade de servizos que farán da súa estancia unha experiencia inesquecible. Os campistas poden elixir entre levar a súa propia tenda de campaña ou alugala no mesmo cámping. O campista debe levar o seu propio saco de durmir ou manta, así como lanterna, xa que as parcelas non dispoñen de luz nin tomas de corrente.

Antes de reservar o aluguer das tendas, cómpre consultar a súa dispoñibilidade a través do formulario de reservas dispoñible en www.campingillascies.com. Durante os meses de xullo e agosto, o aluguer da tenda e as camas é de dúas noites como mínimo. En xuño e setembro, poderase alugar unha soa noite.

Ler máis Ler menos

Restaurante, Cafetaría e Supermercado

O Cámping Cíes ten un restaurante que dispón dun amplo comedor e terrazas con vistas ao Lago e a praia de Rodas. Neste espazo hai servizos de restaurante á carta, autoservicio e almorzos.

Así mesmo, o cámping dispón dun pequeno supermercado onde adquirir alimentos básicos e bebidas (pan, bolos, leite, froita fresca, iogures, embutido, conservas, refrescos e auga). O seu horario de apertura é dende as 10:00 ata as 21:00 horas.

Ler máis Ler menos

Punto de recarga de baterías wifi

A estancia no Cámping Cíes permitirá aos campistas desfrutar da natureza en estado puro, con todas as comodidades. As súas instalacións dispoñen de conexión WIFI e contan cun punto de recarga de baterías de dispositivos móbiles por enerxía solar.

O cámping dispón dunha rede WIFI con acceso ilimitado, por un coste de 2 euros. Este servizo contrátase na recepción do cámping durante o seu horario de apertura dende as 9:30 ata as 21:30 horas. O punto de recarga de baterías por enerxía solar está xusto en fronte da recepción.

Ler máis Ler menos

Outros servizos

O cámping conta con servizos hixiénicos que dispoñen de duchas de auga quente, enchufes, cambiadores adaptados para bebés e para persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, existe un servizo de vixilancia por si se presentara algunha situación especial ou de emerxencia.

Outros servizos a disposición de quen se aloxe no cámping son lavadora e lavadoiros para a roupa e vertedoiros para a louza, así como os puntos limpos onde depositar o lixo. Ademais, o cámping ten dous vixilantes que se encargan de atender algunha continxencia e prestar especial atención a que se respecte o horario de silencio (00:00 a 08:00 horas).

 

Ler máis Ler menos

Reservas

É moi importante que as persoas interesadas en acampar na illa realicen de forma conxunta a reserva de barco e de acampada con antelación, xa que as prazas son limitadas. Para pasar a noite nas Illas Cíes, hai que tramitar a reserva do cámping por Internet en  www.campingillascies.com e a reserva de barco en www.mardeons.com

Unha vez reservado o cámping e o billete de barco, os campistas que desexen viaxar dende Vigo deberán trocar o resgardo da súa reserva de cámping online pola tarxeta de acampada na oficina que ten o cámping na Estación Marítima en Vigo. Se desexan viaxar dende Cangas ou Baiona, trocarán a tarxeta de acampada directamente na recepción do Cámping.

Ler máis Ler menos

Elixe o teu destino