Viaxar ás Illas Cíes

Praias nas Cíes – Praia de Rodas

As Illas Cíes contan con nove praias de fina area branca e augas cristalinas que permiten desfrutar da tranquilidade e beleza das súas paisaxes. Trátase de auténticas paraxes naturais en estado puro, onde o viaxeiro poderá illarse do mundo nun marco incomparable. Rodas, Figueiras e San Martiño son as praias máis grandes, pero existen numerosas calas como as de Areíña, Bolos, Cantareira, Margaridas, Muxieiro e Nosa Señora de Carracido, nas que poder perderse entre a natureza.

Ler máis

Rutas de senderismo nas Illas Cíes

A mellor forma de coñecer as Illas Cíes en todo o seu esplendor é percorrendo algunha das catro rutas habilitadas nas illas de Monteagudo e Faro. Só integrándose co entorno é posible apreciar a súa flora e fauna, os sistemas dunares, os observatorios de aves ou as marabillosas vistas dende os acantilados. Son especialmente recomendables a ruta do Faro, con dous espectaculares miradoiros, e a ruta do Alto do Príncipe.

Ler máis

Experiencias nas illas Cíes

Bota a áncora en Illas Cíes, atrapa os ventos favorables, camiña na natureza, visita covas mariñas, descubre os fondos mariños ou baixa ao centro da terra. Vive a aventura e desfruta da riqueza natural que che rodea. En Mar de Ons atopas experiencias orixinais para agasallar, ou ser ti mesmo quen as desfrute. Propómosche unha serie de alternativas para coñecer este paraíso natural da maneira máis aventureira e exclusiva posible.

Ler máis

Natureza nas Illas Cíes

As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002. Trátase dun entorno altamente protexido ao que só se pode acceder en barco, e con visitas diarias limitadas. Ademais das súas incribles praias, outros dos principais atractivos que ofrecen son a súa gran riqueza natural, a súa flora e a súa fauna.

Ler máis

Historia das Illas Cíes

“Insulae Deorum” (Illas dos Deuses), así é como os romanos chamaron as Illas Cíes. ¿O ceo na terra? Se non é, achégaselle bastante. Cando as coñezas, deseguida comprenderás o porqué. Séculos máis tarde seguen sendo un paraíso idílico e o segundo destino turístico con maior afluencia de Galicia, tras a catedral de Santiago de Compostela.

Ler máis

Aloxamento nas Illas Cíes – Camping

Pasar a noite nas Illas Cíes é o modo perfecto de desfrutar dunha experiencia única e inesquecible: os crepúsculos e postas de sol dende os seus espectaculares miradoiros. O único aloxamento que existe é o Cámping Illas Cíes, un cámping de 2ª categoría que ten ademais o distintivo de Cámping Verde por cumprir cos requisitos medioambientais e de xestión e promoción certificados a través da normativa UNE-EN ISO 14001.

Ler máis

Guía do viaxeiro para as Illas Cíes

Descarga a nosa guía especializada nas Illas Cíes, unha ferramenta imprescindible para a túa viaxe, que che proporcionará toda a información necesaria. Sen dúbida é o compañeiro de viaxe ideal para consultar calquera dúbida que se che poida presentar antes e durante a túa viaxe ás Illas Cíes.

Ler máis

Galería de imaxes das Illas Cíes

Descubre a beleza natural das Ilas Cíes a través da nosa galería fotográfica.

Ler máis

Barco ás Cíes – Horarios e Tarifas

Mar de Ons ofréceche a maior frecuencia horaria para visitar as Illas Cíes dende os portos de Vigo, Cangas e Baiona.

Ler máis

Descontos para grupos

A mellor maneira de viaxar xuntos e ao mellor prezo.

Ler máis